Ponteareas, Ponteareas
Ponteareas | |
---|---|
![]() | |
Concello | Ponteareas[1] |
Provincia | Pontevedra |
Poboación | 12.137 hab. (2014) |
Entidades de poboación | 17[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Miguel de Ponteareas é unha parroquia que se localiza no concello de Ponteareas na comarca do Condado. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 10.079 habitantes (5.115 mulleres e 4.964 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 6.763 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación medrara ata os 12.137 habitantes, sendo 5.897 homes e 6.240 mulleres.
Patrimonio[editar | editar a fonte]
A cidade de Ponteareas é unha poboación moderna que non presenta tanto interese monumental como algunhas das súas parroquias. Con todo son interesantes a ponte medieval dos Remedios, construída no século XIII sobre os alicerces dunha antiga ponte romana, a Fonte da Fama e a capela dos Remedios.
O convento franciscano de San Diego de Canedo é un gran complexo monástico relativamente moderno, construído no século XVIII a raíz da doazón do pazo de Canedo por parte de Diego Sarmiento de Soutomaior aos franciscanos, que viron o seu orixinal convento destruído un século antes na guerra con Portugal.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Igrexa de San Miguel de Ponteareas.
Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Ponteareas[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Ponteareas no concello de Ponteareas (Pontevedra) | |
---|---|
O Areal | O Barral | As Cachadas | Canedo | A Castiñeira | A Curuxeira | Lamazáns | A Moscadeira | O Paseo Matutino | Pedra de Agua | A Perillana | A Ponte dos Remedios | Ponteareas | O Reiro | San Roque | San Vicente | Valoura |