Bravos, Ourol
| Bravos | |
|---|---|
Vista do Rego. | |
| Concello | Ourol[1] |
| Provincia | Lugo |
| Coordenadas | 43°36′03″N 7°39′13″O / 43.600833333333, -7.6536111111111 |
| Poboación | 201 hab. (2020) |
| Entidades de poboación | 51[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Santiago de Bravos é unha parroquia do concello lugués de Ourol. Tiña 208 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística,[2] 104 homes e 104 mulleres. O que supón unha diminución de 33 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 241 habitantes (123 homes e 118 mulleres), tamén 33 menos que en 2006.
Xeografía
[editar | editar a fonte]
Situada a 4 km da capital do concello e a 10 da vila de Viveiro, é coñecida por ser un importante centro de peregrinación da comarca da zona norte de Lugo, dada a importancia da súa festa dedicada á Virxe de Fátima.
Crúzaa o río Souto, e limita coa parroquia de Galdo (Viveiro). É unha zona totalmente rural que conserva unha das poucas escolas unitarias en funcionamento da zona.

Ten servizo de taxis, correos, teléfono público e distintos bares.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Bravos
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Bravos no concello de Ourol (Lugo) | |
|---|---|
|
O Balcón | Barbeito | A Barcia | Os Bordos | O Campodaira | A Casa de Solloso | A Castiñeira | Chao de Bravos | O Coto | O Coutado | O Coxuxo | O Cristo de Lecín | Curros | Domecelle | Dornas | Ferreira | Folgoso | Fondo do Vilar | Fornos | A Furada | A Garita | A Igrexa | Labrada | O Lagar | A Lagoa | Lecín de Abaixo | Lecín de Arriba | O Lugar Novo | Montouto | O Muíl | O Outeiro | A Pena | Penagateira | Penaseixo | Piñeiro | A Ponte de Betanzos | O Pontón | O Pozo | As Quintás | O Rego | A Ribeira | Sanche | Teixeiro | Os Teixós | Os Teixós de Abaixo | Tiñade | O Trobo de Abaixo | O Trobo de Arriba | O Trobo do Medio | Tuílle | A Viga |
Parroquias de Ourol
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
- ↑ "IGE. Nomenclátor de Galicia. Ourol". Instituto Galego de Estatística. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 6 de marzo de 2017.