Zaha Hadid
Zaha Hadid | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 31 de outubro de 1950 |
Lugar de nacemento | Bagdad |
Falecemento | 31 de marzo de 2016 |
Lugar de falecemento | Miami |
Causa | infarto agudo de miocardio |
Soterrada | Cemitério de Brookwood |
Nacionalidade | Reino Unido e Iraq |
Relixión | Islam |
Alma máter | Architectural Association School of Architecture, Universidade Americana de Beirute e Berkhamsted School |
Ocupación | arquitecta, deseñadora, profesora universitaria, jewelry designer, artista, escultora e pintora |
Pai | Mohammed Ali Haded |
Irmáns | Foulath Hadid |
Coñecida por | Sheikh Zayed Bridge, Centro Aquático de Londres, Heydar Aliyev Cultural Center, Guangzhou Opera House, Contemporary Arts Center, Dubai Opera House, BMW Central Building, Bridge Pavilion, Lilium Tower, Bergiselschanze, Phaeno Science Center, CMA CGM Tower, Riverside Museum, MAXXI – National Museum of the 21st Century Arts, one-north, CityLife, Havenhuis, Capital Hill Residence e Vitra Fire Station |
Premios | Prémio Stirling, Dama comandante da Orde do Imperio británico, Premio Pritzker, Praemium Imperiale, Medalla de Ouro do RIBA, Prémio Stirling, Great Golden Medal of Honour for Services to the Republic of Austria, Jane Drew Prize, Premio de Arquitectura Contemporánea da Unión Europea - Premio Mies van der Rohe, Lista das mulheres mais poderosas segundo a revista Forbes, Fellow of the American Institute of Architects, Condecoração Austríaca de Ciência e Arte e Hóspede ilustre da Cidade do México |
Na rede | |
http://www.zaha-hadid.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Zaha Hadid (en árabe: زها حديد), nada en Bagdad, Iraq, o 31 de outubro do 1950 e finada en Miami (Florida) o 31 de marzo de 2016,[1][2]foi unha arquitecta británica de orixe árabe identificada coa corrente desconstrutivista da arquitectura.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou matemáticas na Universidade Americana de Beirut.[3] Logo de se formar, pasou a estudar na Architectural Association de Londres. Despois de se licenciar como arquitecta tornouse membro do Office for Metropolitan Architecture, traballando co seu antigo profesor, o arquitecto Rem Koolhaas. En 1979, pasou a estabelecer un despacho profesional propio en Londres. De alí en diante, a súa obra pasa a posuír certo renome. Na década de 80, tamén deu clases na Architectural Association.
Proxectos[editar | editar a fonte]
Grande parte da obra de Zaha Hadid é conceptual. Entre os seus proxectos executados inclúense:
- Parque de Bombeiros de Vitra (1993), Weil am Rhein, Alemaña
- Centro Rosenthal de Arte Contemporánea (1998), Cincinnati, Ohio, EUA
- Terminal Hoenheim-North & estacionamento (2001), Estrasburgo, Francia
- Bergisel Ski Jump (2002), Innsbruck, Austria
- Phaeno, museo científico. Co lema Da staunst du (“Asombrate”) (2005), Wolfsburg, Alemaña
Zaha Hadid tamén realizou traballos de interiores de alto nivel, incluíndo a Zona da mente no Domo do Milenio en Londres. Vencedora de diversas competicións internacionais, algúns dos seus proxectos premiados nunca foron construídos: notabelmente The Peak Club en Hong Kong (1983) e a Ópera da Baía de Cardiff en Gales, 1994.
En 2004, Hadid converteuse na primeira arquitecta en recibir o Premio Pritzker de Arquitectura polo conxunto da súa obra.[4]Anteriormente tamén fora condecorada coa Orde do Imperio Británico polos servizos realizados á arquitectura.
Galería[editar | editar a fonte]
Primeiras obras (1991–2005)[editar | editar a fonte]
Estación de bombeiros en Weil am Rhein, Alemaña (1991–93)
Centro de Arte Contemporánea, Cincinnati, Ohio (1997–2003)
Centro Científico Phaeno, Wolfsburgo, Alemaña (2005)
Extension do Museo de Ordrupgaard, Copenhague, Dinamarca (2001–2005)
Proxectos maiores (2006–2010)[editar | editar a fonte]
MAXXI Interior, Roma (1998–2010)
Casa da Ópera de Guangzhou, Guangzhou, China (2003–2010)
Proxectos maiores (2011–2012)[editar | editar a fonte]
Riverside Museum, Glasgow, Escocia (2004–2011)
London Aquatics Centre, construído para os Xogos Olímpicos de 2012, Londres (2005–2012)
Broad Art Museum en East Lansing, Michigan, EEUU (2007–2012)
Galaxy SOHO en Beijing, China (2008–2012)
Derradeiros proxectos maiores completados (2013–2016)[editar | editar a fonte]
Auditorio do Heydar Aliyev Center
Biblioteca e Centro de Estudos da Universidade de Economía e Empresa de Viena, Austria (2013)
Interior da Biblioteca da Universidade de Economía e Empresa de Viena (2013)
Complexo Wangjing SOHO en Beijing, China (2009–2014)
Praza Dongdaemun Design, Seúl, Corea (2007–2013)
Torre de Innovación do Jockey Club na Hong Kong Polytechnic University (2007–2014)
Centro Internacional Cultural da Xuventude de Nanjing , 2015
Edificio da Autoridade Portuaria (Havenhuis) en Antuerpe, Bélxica (2016)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Architect Dame Zaha Hadid dies at 65"
- ↑ Zabalbeascoa, Anatxu (2016-04-01). "Muere Zaha Hadid, estrella de la arquitectura mundial". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-05-11.
- ↑ "Las mejores obras (construidas) de Zaha Hadid". Arquitectura y Diseño (en castelán). 2018-10-30. Consultado o 2021-05-11.
- ↑ "Zaha Hadid dejará su huella en Barcelona". El País (en castelán). 2009-07-14. ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-05-11.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Zaha Hadid ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Cuentos de buenas noches para nuestras niñas rebeldes. Editorial Destino, 2021. ISBN: 9788408241676
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficial
- Zaha Hadid no blog Un día una arquitecta.