Premio de Arquitectura Contemporánea da Unión Europea - Premio Mies van der Rohe
Aparencia
O Premio de Arquitectura Contemporánea da Unión Europea - Premio Mies van der Rohe é un premio outorgado bianualmente pola Unión Europea e a Fundació Mies van der Rohe de Barcelona á unha obra arquitectónica rematada no continente europeo.
O obxectivo do premio é "recoñecer e recompensar a calidade da produción arquitectónica en Europa".[1] Ademais o premio intenta promover o intercambio de profesionais da arquitectura no continente, axudando á mobilidade transnacional, así como dar un impulso aos novos arquitectos na primeira etapa da súa carreira profesional.[2]
Proxectos premiados
[editar | editar a fonte]Ano | Arquitecto(s) | Obra | Lugar |
---|---|---|---|
1988 | Álvaro Siza | Banco Borges e Irmão | Vila do Conde |
1990 | Norman Foster | Terminal do aeroporto de Stanted | Londres |
1992 | Esteve Bonell e Francesc Rius | Palau Municipal d'Esports de Badalona | Badalona |
1994 | Nicholas Grimshaw & Partners | Estación de Waterloo | Londres |
1996 | Dominique Perrault | Biblioteca nacional de Francia | París |
1998 | Peter Zumthor | Museo de Arte de Bregenz | Bregenz |
2001 | Rafael Moneo | Kursaal | Donostia |
2003 | Zaha Hadid | Terminal e aparcadoiro de coches de Hoenheim North | Hoenheim, Estrasburgo |
2005 | Rem Koolhaas | Embaixada de Holanda, Berlin | Berlín |
2007 | Mansilla + Tuñón Arquitectos | Museo de Arte Contemporánea de Castela e León | León |
2009 | Snøhetta | Ópera de Oslo | Oslo |
2011 | David Chipperfield | Neues Museum | Berlín |
2013 | Henning Larsen Architects | Harpa | Reykjavik |
2015 | Barozzi/Veiga | Philharmonic Hall | Szczecin |
2017 | NL Architects e XVW architectuur | DeFlat Kleiburg | Ámsterdam |
2019 | Lacaton & Vassal | Transformación de 530 vivendas sociais en Bordeos | Bordeos |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Propósito do premio Arquivado 13 de abril de 2010 en Wayback Machine. Páxina oficial do Premio Mies van der Rohe, Fundación Mies van der Rohe - Barcelona, Revisada 29 de marzo de 2010
- ↑ Definición do premio Arquivado 13 de abril de 2010 en Wayback Machine. Páxina oficial do Premio Mies van der Rohe, Fundación Mies van der Rohe - Barcelona, Revisada 29 de marzo de 2010