Wang Shu
Wang Shu | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 4 de novembro de 1963 |
Lugar de nacemento | Ürümqi |
Nacionalidade | República Popular da China |
Alma máter | Southeast University, Southeast University, Tongji University e China Academy of Art |
Ocupación | arquitecto, pedagogo e profesor universitario |
Cónxuxe | Lu Wenyu |
Coñecido por | Ningbo Museum |
Premios | Premio Pritzker, honorary doctor of the Chinese University of Hong Kong e Global Award for Sustainable Architecture |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Wang Shu (en chinés: 王澍), nado en Ürümqi o 4 de novembro de 1963, é un arquitecto chinés . Gañou o Premio Pritzker de arquitectura no ano 2012[1], sendo o primeiro chinés en acadar esta distinción. O premio non estivo exento de polémica[2] xa que non incluíu a súa socia e esposa Lu Wenyu coa que leva traballando toda a súa carreira, a pesar de que o propio Wang Shu a considera igualmente merecedora do galardón[3].
Traxectoria[editar | editar a fonte]
O estudio Amateur Architecture Studio no que traballa xunto a Lu Wenyu, é un estudio que fai edificios modernos empregando técnicas tradicionais. É habitual nos seus edificios atoparse con materiais reciclados como ocorre no Museo de Ningbo ou como quedou patente na intervención que realizaron para a Bienal de Arquitectura de Venecia de 2006[4],
Wang Shu é decano de arquitectura na Acadenia Chinesa das Artes onde tamén imparte docencia. Ós seus alumnos obrigaos a traballar durante un ano albanelería en carpintería para familiarizarse con materiais e as técnicas.
Obras destacadas[editar | editar a fonte]
- 2003-2008: "Museo de Ningbo", China.
- 2002-2007: "Novo Campus da Academia Chinesa das Artes", Hangzhou, China (primeira e segunda fase do proxecto).
- 2001-2005: "Museo de Arte", Ningbo, China.
- 2006: "Xardín de azulexos", Bienal de Arte en Venecia, Italia.
- 2003-2006: "Cinco Casas Dispersas", Ningbo, China.
- 2003-2006: "Casa de Cerámica", Jinhua, China.
- 2002-2007: "Vivenda Vertical", Hangzhou, China.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Internet, Unidad Editorial. "Wang Shu, premio Pritzker". www.elmundo.es. Consultado o 2017-05-11.
- ↑ "Working in the Shadows - Archpaper.com". archpaper.com (en inglés). Consultado o 2017-05-11.
- ↑ "Pritzker Prize goes to Wang Shu, 48-year-old Chinese architect". LA Times Blogs - Culture Monster (en inglés). 2012-02-27. Consultado o 2017-05-11.
- ↑ "venice architecture biennale: wang shu fuyang museum". designboom | architecture & design magazine (en inglés). 2016-05-30. Consultado o 2017-05-12.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Obras de Wang Shu na Urbipedia http://www.urbipedia.org/index.php?title=Plantilla:Obras_de_Wang_Shu