James Frazer Stirling

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
James Frazer Stirling
Nome completoJames Frazer Stirling
Nacemento22 de abril de 1926
Lugar de nacementoGlasgow
Falecemento25 de xuño de 1992
Lugar de falecementoLondres
NacionalidadeReino Unido e Alemaña
Alma máterUniversidade de Liverpool, Escola de Arte e Design de Liverpool e Calderstones School
Ocupaciónarquitecto
Coñecido porNeue Staatsgalerie
PremiosPremio Pritzker, Premio Alvar Aalto, Medalla de Ouro do RIBA, Praemium Imperiale, Fellow of the Royal Institute of British Architects, Knight Bachelor e Prémio Stirling
editar datos en Wikidata ]
Facultade de Historia da Universidade de Cambridge

James Frazer Stirling, nado en Glasgow o 22 de abril de 1926 e finado o 25 de xuño de 1992, foi un arquitecto escocés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou arquitectura na Universidade de Liverpool. Rematados os seus estudos universitarios traballou durante varios anos nun estudo de arquitectos de Londres e establecendo logo o seu propio despacho, tamén en Londres, cun socio, James Gowan. Influenciados polas obras tardías de Le Corbusier, Stirling e o seu socio deseñaron varios edificios que marcaron un novo estilo, combinando nas fachadas o ladrillo co formigón visto. No 1963 separouse de Gowan, e no 1971 asociouse con Michael Wilford.

Para Stirling un edificio debe reflectir o uso ao que é dedicado, e xa que son persoas as que protagonizan ese uso, o edificio debe amosar unha riqueza e unha variedade de elementos na súa fachada e non debe ser de ningún xeito simple. Así, por exemplo, un edificio dedicado a investigar ou amosar a historia, debe dispoñer de formas e elementos que evoquen os acontecementos históricos no transcurso das diferentes épocas. O xeito no que estas formas e elementos se combinan constitúe para Stirling a arte da arquitectura. Deseñar edificios máis humanos é outra constante na traxectoria de Stirling. As consideracións humanísticas do edificio, dentro da súa contorna, dominan todo o relativo á estrutura, a estética e até a economía.

No 1981 Stirling recibiu o premio Pritzker, o galardón de maior prestixio internacional en arquitectura.

Modelo:PremiosPritzker