Hans Hollein
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2014.) |
Hans Hollein | |
---|---|
![]() Hans Hollein, 1976 | |
Nacemento | 30 de marzo de 1934 |
Viena | |
Falecemento | 24 de abril de 2014 (80 anos) |
Viena | |
Causa | pneumonía |
Nacionalidade | Austria |
Alma máter | Universidade de California en Berkeley, Instituto de Tecnologia de Illinois e Academia de Belas-Artes de Viena |
Ocupación | arquitecto, deseñador e catedrático de universidade |
Fillos | Lilli Hollein e Max Hollein |
Coñecido por | Museum für Moderne Kunst, Abteiberg Museum, Museum Niederösterreich e Haas House |
Premios | Deutscher Architekturpreis, Premio Pritzker, Gran Cruz da Orde do Mérito da República Federal de Alemaña, Great Golden Medal of Honour for Services to the Republic of Austria, Gold Decoration for Services to the City of Vienna, Condecoração Austríaca de Ciência e Arte, Grand Austrian State Prize, oficial da Lexión de Honor e Premio cidade de Viena de arquitectura |
[ editar datos en Wikidata ] | |


Hans Hollein, nado en Viena o 30 de marzo de 1934 e finado o 24 de abril de 2014, foi un arquitecto e deseñador austríaco.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Hollein foi alumno de Clemens Holzmeister na Academia de Belas Artes de Viena. Máis tarde ampliou os seus estudos no IIT de Chicago e na Universidade de California, Berkeley. Entre os anos 1963 e 1966 foi mestre nos Estados Unidos. Logo, entre 1967 e 1976, ensinou na Academia de Belas Artes de Düsseldorf. Dende 1976 foi mestre na Universidade de Artes Aplicadas de Viena, ocupando o cargo de mestre emérito dende o ano 2002.
O seu proxecto para o Museo Abteiberg en Mönchengladbach consagrouno coma unha das figuras da Arquitectura posmoderna. No ano 1985 recibiu o máximo galardón no eido da arquitectura, o Premio Pritzker.
Principais proxectos[editar | editar a fonte]
- Remodelación do Museo Albertina - Viena
- Hotel Hilton- Viena
- Niederösterreichisches Landesmuseum, Sankt Pölten
- Centro Europeo de vulcanoloxía, Auvernia
- Sede central do Interbank, Lima.
- Oficinas no Donaukanal, Viena.
- Embaixada austríaca, Berlín.
- Proxecto para un Museo Guggenheim, Salzburgo.
- Shedhalle, Sankt Pölten.
- Ganztagsschule Köhlergasse, Viena
- Edificio Haas, Viena
- Museo do cristal e a cerámica, Teherán.
- Museo de Arte Moderna de Frankfurt, Frankfurt
- Museo Abteiberg, Mönchengladbach
- Galería Feigen en Nova York
- Comercio Retti, Viena
- Escola Donaucity, Viena.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hans Hollein ![]() |