Richard Rogers

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Richard Rogers
Richard Rogers 1 March 2016.jpg
Nome completoRichard George Rogers
Nacemento23 de xullo de 1933
 Florencia
NacionalidadeReino Unido e Inglaterra
Alma máterArchitectural Association School of Architecture, Yale School of Architecture, St John's School, Leatherhead, Universidade Yale e Kingswood House School
Ocupaciónarquitecto, político e deseñador
PaiNino Rogers
NaiDada Gelringer
CónxuxeRuth Rogers e Su Rogers
FillosRoo Rogers
Coñecido porEstadio Kleanthis Vikelidis, Millennium Dome, Nittele Tower, Centro Georges Pompidou, Edificio Lloyd's, European Court of Human Rights building e Senedd
PremiosPremio Pritzker, Medalla de Ouro do RIBA, Praemium Imperiale, Golden Lion, Auguste Perret Prize, Fellow of the Royal Institute of British Architects, Honorary doctorate from university of Florence, Knight Bachelor, Royal Designer for Industry e Programa Fulbright
editar datos en Wikidata ]

Richard George Rogers, nado en Florencia o 23 de xullo de 1933, é un arquitecto británico coñecido ao redor do mundo polos seus modernos e funcionais deseños. Estudou na Architectural Association School of Architecture de Londres, antes de obter o graduado na Escola de Arquitectura da Universidade Yale no 1962. Entre outros moitos recoñecementos, recibiu o Premio Pritzker de Arquitectura no 2007.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na Universidade de Yale coñeceu a Norman Foster, co cal formaría no seu retorno á Inglaterra o grupo de practicas Team 4 (Equipo de catro) e mais coas súas respectivas mulleres, Sue Rogers e Wendy Cheesman. Non pasou moito tempo para que comezaran a gañar reputación e fama polos seus deseños industriais high-tech.

No 1967, logo de rematar o seu período de prácticas, únese ao arquitecto Renzo Piano. Un dos seus primeiros encargos foi unha casa e estudo para Humphrey Spender preto de Maldon, Essex. Tratábase dun cubo de vidro cunha estrutura feita na súa meirande parte con vigas de aceiro en I. A súa carreira colleu pulo cando gañou o concurso para o deseño do Centro Pompidou de París o 13 de xullo de 1971 xunto con Renzo Piano e Peter Rice. Neste deseño establecíase un dos sinais máis recoñecíbeis do que logo será o seu estilo. Trátase de deixar visíbeis ao exterior a maioría das instalacións do edificio, como a instalación de auga, calefacción e escaleiras, deixando deste xeito os espazos interiores baleiros e cun certo orde.

Aínda que o Centro Pompidou é agora un dos espazos máis visitados e admirados da capital francesa, non se librou dunha certa controversia por parte dos críticos nos primeiros anos logo da súa inauguración, poñendo en dúbida o novidoso estilo "inside-out" (o de dentro para fóra).

Proxectos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Gran obra de las Torres Atrio en el centro de Bogotá" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Modelo:PremiosPritzker