Yvonne Farrell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Yvonne Farrell
Yvonne Farrell at arcVision 2015.jpg
Nacemento1951
 Condado de Offaly
NacionalidadeIrlanda
Alma máterUniversity College Dublin
Ocupaciónarquitecta
PremiosJane Drew Prize, Royal Gold Medal e Premio Pritzker
editar datos en Wikidata ]
Campus da UTEC en construción, Lima
Escola de Medicina da Universidade de Limerick
Loreto Community School

Yvonne Farrell, nada en Tullamore en 1951, é unha arquitecta e profesora irlandesa, cofundadora de Grafton Architects, que gañaron o premio World Building of the Year no ano 2008 polo seu edificio da Universidade Bocconi de Milán.[1] En 2020 obtivo o premio Pritzker, xunto á arquitecta Shelley McNamara.[2]

Biografía[editar | editar a fonte]

Farrell estudou arquitectura na Universidade de Dublín, graduándose en 1974. En 1977, xunto a Shelley McNamara, estabeleceu Grafton Architects en Dublín. É membro fundador do Grupo 91, que estivo detrás da restauración do barrio de Temple Bar de Dublín na década de 1990.[3]

Carreira[editar | editar a fonte]

Grafton Architects[editar | editar a fonte]

Xunto con Shelley McNamara estabeleceu Grafton Architects en Dublín, Irlanda en 1978.[4] A súa arquitectura abarca todas as escalas e programas aínda que sobresaíron polos seus proxectos de edificios públicos e educativos tanto no ámbito local como internacional. Farrell e McNamara son conscientes de que o exercicio da arquitectura non é o produto dun só xenio; a arquitectura, afirman, é moito máis grande que iso, é un traballo colectivo onde a crítica e a discusión das ideas son estritamente necesarias. O ensino de proxectos cumpre un papel de vital importancia no seu propio desenvolvemento como profesionais, onde aprenden, teorizan e obteñen o contrapunto ao traballo na práctica.

Apostan por unha filosofía do deseño proxectual baseada no encontro das palabras e as ideas, a ética e a función pública da arquitectura. A súa motivación é lograr unha arquitectura que conxugue a súa dimensión artística coa súa misión de satisfacer necesidades humanas, materiais e simbólicas. Consideran a arquitectura como unha profesión que ten que escoitar (o que se di e o que non) para sintonizar cos requirimentos do lugar, tanto físicos como culturais.[5]

Grafton Architects representou a Irlanda na Bienal de Venecia en 2002 e exhibiu de novo na Bienal en 2008. O seu proxecto da Universidade Bocconi de Milán, que gañou o premio World Building of the Year, foi amplamente aclamado e exhibido.[6] En 2009, o edificio do Departamento de Facenda no centro da cidade de Dublín gañou o Premio de Confianza Cidadá, así como un premio especial da Architectural Association de Irlanda.[3]

Academia[editar | editar a fonte]

Farrell foi profesora na Universidade de Dublín desde 1976 e foi profesora convidada na Academia de Arquitectura de Mendrisio, Suíza, desde 2008. Ocupou a cátedra Kenzo Tange na Graduate School of Design de 2010 de Harvard e actualmente é profesora da EPFL de Lausana. Ditou numerosas conferencias nas escolas europeas e americanas de arquitectura, incluíndo Oslo, Estocolmo, Berlage, Yale, Buffalo, St. Louis, Kansas City e Tampa.[3]

Comisarias da Bienal de Venecia[editar | editar a fonte]

A Bienal de Arquitectura de Venecia anunciou que as integrantes de Grafton Architects serían as comisarias da edición 2018.[7]

Obras[editar | editar a fonte]

  • 2006: Solstice Arts Centre, Navan, Co.Meath, Irlanda.[8]
  • 2008: Waterloo Lane, Dublín 4, Irlanda.[9]
  • 2012: Universidade de Limerick Escola Médica, Limerick, Irlanda.
  • 2014: Memoria / Grafton Arquitectos, coa colaboración de ELISAVA para os 300 Anos de Espírito Catalán, España.[10]
  • Edificio Paul Marshall, Escola de Londres de Economía e Ciencia Política (LSE), Londres.
  • UTEC- Universidade de Enxeñaría & Tecnoloxía, Lima. Concurso 2011, Proxecto 2015

Premios e Exposicións[editar | editar a fonte]

  • "Bocconi Projects" no Pavillón italiano, Bienal de Venecia, ‘Next', 2002.
  • Dunshaughlin Oficinas cívicas, Co. Meath, Premio de Arquitectura Contemporánea da Unión Europea – Premio Mies van der Rohe, 2003.
  • Premio World Building of the Year, 2008 para a Universidade Luigi Bocconi en Milán, Italia.[11]
  • Universidade Luigi Bocconi nomeada para o Premio Mies van der Rohe en 2009.
  • Universidade Luigi Bocconi, Premio World Building of the Year, 2008 para Grafton Architects, RAIA, 2009.
  • Participación na Irish Group Exhibition, The Lives of Spaces, Bienal de Venecia, 2010.
  • "Architecture as New Geography", León de Prata da Bienal de Venecia, Exposición de Common Ground, 2012.[12]
  • Universidade de Limerick, Escola de Medicina e Refuxio de Autobús, nomeados para o Premio RIBA Stirling, 2013.[13]
  • Universidade de Limerick, Escola de Medicina e Residencias Estudiantís, Piazza e Pérgola, Premio europeo da RIBA, 2013.
  • "Campus da Universidad de Limerick o campus" exhibido na mostra Sensing Spaces na Royal Academy.[14]
  • Nomeadas para o Premio AJ Mulleres en Arquitectura, 2014.[15]
  • Premio Jane Drew, 2015.[16]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Yvonne Farrell é membro do Real Instituto de Arquitectos de Irlanda, membro honorario do Real Instituto de Arquitectos Británicos e membro electo de Aosdána, a organización de arte irlandesa.[17]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Yvonne Farrell", Aosdana. Data de acceso: 8 de marzo de 2012.
  2. "Pritzker para las arquitectas irlandesas Yvonne Farrell y Shelley McNamara". El País. 3 de marzo de 2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Yvonne Farrell" Arquivado 28 de decembro de 2011 en Wayback Machine., World Architecture Festival. Data de acceso: 8 de marzo de 2012.
  4. "About - Grafton Architects". Consultado o 14 de novembro de 2015. 
  5. Arias Laurino, Daniela (26 de agosto de 2015). "YVONNE FARRELL 1951 / SHELLEY MCNAMARA 1952". Consultado o 17 de xaneiro de 2016. 
  6. "Università Luigi Bocconi by Grafton Architects", dezeen, 27 de outubro de 2008. Data de acceso: 8 de marzo de 2012.
  7. "Yvonne Farrell y Shelley McNamara son anunciadas Directoras Artísticas de la Bienal de Arquitectura de Venecia 2018". Plataforma Arquitectura. 17 de xaneiro de 2017. Consultado o 17 de xaneiro de 2017. 
  8. "Solstice Arts Centre / Grafton Architects". Consultado o 14 de novembro de 2015. 
  9. "Waterloo Lane / Grafton Architects". Consultado o 14 de novembro de 2015. 
  10. "Barcelona Commemorates 300 Years of Catalan Spirit With 7 Public Installations". Consultado o 14 de novembro de 2015. 
  11. "What does it take to be the best building in the world? - CNN.com". Consultado o 14 de novembro de 2015. 
  12. "Grafton scoops Venice silver lion prize". Consultado o 14 de novembro de 2015. 
  13. "2013 RIBA Stirling Prize shortlist announced". Consultado o 14 de novembro de 2015. 
  14. "Sensing Spaces | Exhibition | Royal Academy of Arts". Consultado o 14 de novembro de 2015. 
  15. "AJ Releases Shortlist for 2014 Woman Architect of the Year". Consultado o 14 de novembro de 2015. 
  16. "Jane Drew Prize Jointly Awarded to Grafton Co-Founders Yvonne Farrell and Shelley McNamara". Consultado o 14 de novembro de 2015. 
  17. "Yvonne Farrell", Irish Architecture Foundation. Data de acceso: 8 de marzo de 2012.

Vésaxe tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]