Glenn Murcutt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Glenn Murcutt
27-11-04 Murcutt y yo 022.jpg
Nacemento25 de xullo de 1936
Lugar de nacementoLondres
NacionalidadeAustralia
Alma máterUniversidade de Nova Gales do Sul, Manly Selective Campus e Sydney Technical College
Ocupaciónarquitecto e profesor universitario
PremiosMedalha de Ouro do Instituto de Arquitetos da Austrália, Premio Pritzker, Medalla de Ouro do AIA, Premio Alvar Aalto, Officer of the Order of Australia, honorary Royal Designer for Industry e Praemium Imperiale
editar datos en Wikidata ]

Glenn Murcutt, nado en 1936 en Londres, é un arquitecto británico.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou arquitectura do 1956 ó 1960 na Universidade de Nova Gales do Sur.

Traballa en Australia onde fai construcións ecolóxicas en harmonía co clima e coa paisaxe usando materiais "simples" (metal, madeira, vidro,...). Murcutt refírese á súa técnica coma funcionalismo ecolóxico.

Comeza a súa carreira facendo colaboracións no estudo de Ancher, Mortlock, Murray & Wooley en Sydney. No 1969 abre o seu estudo de arquitectura onde traballa só, sen ningún colaborador. Construíu preto de 500 casas privadas, e moitos museos e centros culturais, todos eles na Australia. No ano 2002 recibiu o Premio Pritzker, sendo o primeiro arquitecto australiano en recibir este recoñecemento.

Principais proxectos[editar | editar a fonte]

  • 1972-74 : Laurie Short House, Sydney (NGS)
  • 1974-75 : Marie Short House, Kempsey (NGS)
  • 1977-80 : Nicholas House, Mount Irvine (NGS)
  • 1977-80 : Carruthers House, Mount Irvine (NGS)
  • 1980-83 : Ball-Eastaway House, Glenory, Sydney (NGS)*1976-79 e 1982-88 : Museum of Local History and Tourist Office, Kempsey (NGS)
  • 1981-82 : Fredericks House, Jamberoo (NGS)
  • 1982-84 : Magney House, Bingie Bingie (NGS)
  • 1986-90 : Magney House, Sydney (NGS)
  • 1988-91 : Done House, Sydney (NGS)
  • 1988-92 : Meagher House, Bowral (NGS)
  • 1989-94 : Simpson-Lee House, Mount Wilson (NGS)
  • 1991-94 : Marika-Alderton House, Yirrkala Community, Eastern Arnhern Land (NT)
  • 1992 : Murcutt Guest Studio, Kempsey (NGS)
  • 1992-94 : Bowali Visitor Information Centre, Kakadu National Park (NT), en colaboración con Troppo Architects
  • 1994-96 : Schnaxl House, Newport, Sydney (NGS)
  • 1996-98 : Fletcher-Page House, Kangaroo Valley (NGS)
  • 1995-96 : Douglas and Ruth Murcutt House, Woodside (SA)
  • 1996-99 : Arthur and Yvonne Boyd Art Centre, Riversdale, West Camberra (NGS), en colaboración con Reg Lark e Wendy Lewin
  • 1997-2001: House in the Southern Highlands (NGS)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • [1] Murcutt en pritzkerprize.com

Modelo:PremiosPritzker