Saltar ao contido

Gottfried Böhm

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGottfried Böhm

(2015) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento23 de xaneiro de 1920 Editar o valor en Wikidata
Offenbach am Main, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte9 de xuño de 2021 Editar o valor en Wikidata (101 anos)
Colonia, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCologne Southern Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Técnica de Múnic Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscultura e arquitectura Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Colonia
Aquisgrán Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónarquitecto, escultor, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1955 Editar o valor en Wikidata - 2006 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Técnica de Aachen (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeElisabeth Böhm (1948–) Editar o valor en Wikidata
FillosStephan Böhm, Markus Böhm, Peter Böhm, Paul Böhm Editar o valor en Wikidata
PaiDominikus Böhm Editar o valor en Wikidata
IrmánsPaul Böhm Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteAllgemeines Künstlerlexikon (pt) Traducir, (p.vol. 12 (1996), p. 137) >>>:Böhm, Gottfried Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm6884445 Editar o valor en Wikidata

Gottfried Böhm nado en Offenbach am Main o 23 de xaneiro de 1920 e finado en Colonia o 9 de xuño de 2021, foi un arquitecto[1] contemporáneo alemán.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Böhm naceu no seo dunha familia de arquitectos en Offenbach am Main, Hessen. O seu pai, Dominikus Böhm, construíu moitas igrexas ao longo da Alemaña. O seu avó tamén foi arquitecto. Logo de obter o título de arquitecto pola Universidade Técnica de Múnic no ano 1946, estudou escultura na Academia de Belas Artes. Despois do 1947, Böhm traballou xunto co seu pai ata o falecemento deste no ano 1955. Böhm saíu pouco despois da firma. Durante este período, tamén traballou coa Sociedade de Reconstrución de Colonia baixo as ordes de Rudolph Schwarz. No 1951, mudouse a Nova York onde traballou seis meses na firma Cajetan Baumann. No transcurso das súas viaxes por América, atopou dúas das súas maiores inspiracións, os arquitectos alemáns Ludwig Mies van der Rohe e Walter Gropius.

Nas vindeiras décadas, Böhm construíu moitos edificios na Alemaña, incluíndo igrexas, museos, centros sociais, edificios de oficinas, casas e apartamentos. Foi considerado un arquitecto expresionista e un pos-Bahaus, el prefire referirse a si mesmo coma un arquitecto que crea "conexións" entre o pasado e o futuro, entre o mundo das ideas e o mundo físico, entre un edificio e o contexto urbano que o rodea. Neste eido, Böhm sempre visiona a cor, a forma e os materiais en relación coas ferramentas. Os seus proxectos máis novos foron feitos a maioría en formigón armado, aínda que máis recentemente comezou a usar máis aceiro e vidro nos seus edificios. En moitos dos seus traballos, a súa idea de planeamento urbanístico é evidente, incluíndo a súa idea da "conexión".

Obras destacadas

[editar | editar a fonte]
Igrexa en Neviges.
Igrexa en Colonia.
  • Grande Medaille d'Or de l'Academie d'Architecture.
  • Frith Schumacher Prize for Architecture.
  • Premio Pritzker de Arquitectura no ano 1986.
  1. Biografía en epdlp.com.
  2. Ficha do edificio en epdlp.com.
  3. Ficha do edificio en epdlp.com.
  4. Ficha do edificio en epdlp.com.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]