Shelley McNamara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Shelley McNamara
Shelly mcnamara 2013.jpg
Nacemento1952
Lugar de nacementoLisdoonvarna
NacionalidadeIrlanda
Alma máterUniversity College Dublin
Ocupaciónarquitecta
Coñecida porUTEC campus e Roentgen Building
PremiosJane Drew Prize, Medalla de Ouro do RIBA e Premio Pritzker
editar datos en Wikidata ]
Campus da UTEC en construción, Lima
Escola de Medicina da Universidade de Limerick
Loreto Community School

Shelley McNamara, nada en Lisdoonvarna, Condado de Clare en 1952, é unha arquitecta e académica irlandesa. É co-fundadora de Grafton Architects con Yvonne Farrell en 1978.[1] Grafton colleu relevancia a inicios da década de 2010, especializándose na construción de edificios voluminosos, austeros mais espazosos para o ensino superior.[1] McNamara ensina arquitectura na University College Dublin desde 1976 e, tamén, noutras universidades.

Grafton recibiu en 2020 a Medalla de Ouro do RIBA[2] e o seu edificio para a Universidade de Enxeñaría e Tecnoloxía de Lima obtivo o Premio Internacional RIBA en 2016 como o mellor edificio do mundo construído nese ano.[3] Comparte con Farrell o Premio Pritzker 2020, o premio máis prestixioso en arquitectura.[4][5]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Grafton Architects[editar | editar a fonte]

Xunto con Yvonne Farrell, McNamara estabeleceu Grafton Architects en Dublín, Irlanda en 1978.[6] A súa arquitectura abarca todas as escalas e programas aínda que sobresaíron polos seus proxectos de edificios públicos e educativos tanto no ámbito local como internacional. Farrell e McNamara son conscientes de que o exercicio da arquitectura non é o produto dun só xenio; a arquitectura, afirman, é moito máis grande que iso, é un traballo colectivo onde a crítica e a discusión das ideas son estritamente necesarias. O ensino de proxectos cumpre un papel de vital importancia no seu propio desenvolvemento como profesionais, onde aprenden, teorizan e obteñen o contrapunto ao traballo na práctica.

Apostan por unha filosofía do deseño proxectual baseada no encontro das palabras e as ideas, a ética e a función pública da arquitectura. A súa motivación é lograr unha arquitectura que conxugue a súa dimensión artística coa súa misión de satisfacer necesidades humanas, materiais e simbólicas. Consideran a arquitectura como unha profesión que ten que escoitar (o que se di e o que non) para sintonizar cos requirimentos do lugar, tanto físicos como culturais.[7]

Academia[editar | editar a fonte]

McNamara traballou na Escola de Arquitectura en UCD desde 1976. Pouco despois de graduarse empezou ensinar no University College de Dublín, xunto con Yvonne Farrell, onde ensinou entre 1976 e 2002. En 2015, McNamara alcanzou o grao de profesor adxunto na UCD.

Ademais McNamara foi profesora visitante da Accademia d'Archittettura da Oxford Books University, e da Accademia dei Architettura, Mendrisio (2008- 2010), Oslo, EPFL e Lausanne (2010-2011). Foi profesora a tempo completo en Mendrisio en 2013. En 2010, McNamara ocupou a Cátedra Kenzō Tange na Harvard Graduate School of Design e a Cátedra Louis Kahn na Universidade Yale no outono de 2011. Actuou como un xurado externo na Universidade de Cambridge e na London Metropolitan School of Architecture. Ademais de ensinar, McNamara deu moitas conferencias en Escolas europeas e norteamericanas de Arquitectura.[8]

Publicacións[editar | editar a fonte]

McNamara, xunto con Yvonne Farrell, publicou o libro Dialogue and Translation: Grafton Architects en 2014. Este libro comprende o traballo da firma e unha colección de conferencias que ditaron na Escola de Arquitectura, Planificación e Preservación da Universidade de Columbia. Inclúe un comentario crítico de Kenneth Frampton.[9]

Curaduría[editar | editar a fonte]

Grafton Architects foron as curadoras da edición de 2018 da Bienal de Arquitectura de Venecia.[10][11]

Obras[editar | editar a fonte]

  • 2006: Solstice Arts Centre, Navan, Co.Meath, Irlanda.[12]
  • 2008: Waterloo Lane, Dublín 4, Irlanda.[13]
  • 2012: Universidade de Limerick Escola Médica, Limerick, Irlanda.
  • 2014: Memoria / Grafton Arquitectos, coa colaboración de ELISAVA para os 300 Anos de Espírito Catalán, España.[14]
  • Edificio Paul Marshall, Escola de Londres de Economía e Ciencia Política (LSE), Londres.
  • UTEC- Universidade de Enxeñaría & Tecnoloxía, Lima. Concurso 2011, Proxecto 2015

Premios e Exposicións[editar | editar a fonte]

  • "Bocconi Projects" no Pavillón italiano, Bienal de Venecia, ‘Next', 2002.
  • Dunshaughlin Oficinas cívicas, Co. Meath, Premio de Arquitectura Contemporánea da Unión Europea - Premio Mies van der Rohe, 2003.
  • Premio World Building of the Year, 2008 para a Universidade Luigi Bocconi en Milán, Italia.[15]
  • Universidade Luigi Bocconi nomeada para o Premio Mies van der Rohe en 2009.
  • Universidade Luigi Bocconi, Premio World Building of the Year, 2008 para Grafton Architects, RAIA, 2009.
  • Participación na Irish Group Exhibition, The Lives of Spaces, Bienal de Venecia, 2010.
  • "Architecture as New Geography", León de Prata da Bienal de Venecia, Exposición de Common Ground, 2012.[16]
  • Universidade de Limerick, Escola de Medicina e Refuxio de Autobús, nomeados para o Premio RIBA Stirling, 2013.[17]
  • Universidade de Limerick, Escola de Medicina e Residencias Estudiantís, Piazza e Pérgola, Premio europeo da RIBA, 2013.
  • "Campus da Universidade de Limerick o campus" exhibido na mostra Sensing Spaces na Royal Academy.[18]
  • Nomeadas para o Premio AJ Mulleres en Arquitectura, 2014.[19]
  • Premio Jane Drew, 2015.[20]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Wainwright, Oliver (3 de marzo de 2020). "Irish women win Pritzker prize, architecture's highest honour". The Guardian. Consultado o 4 de marzo de 2020. 
  2. Block, India (2 de outubro de 2019). "Grafton Architects wins 2020 RIBA Royal Gold Medal". de zeen. Consultado o 6 de outubro de 2019. 
  3. Wainwright, Oliver (15 de xaneiro de 2017). "Inside Peru's modern-day Machu Picchu – is this the best new building in the world?". The Guardian. Consultado o 4 de marzo de 2020. 
  4. Pritzker Architecture Prize Goes to Two Women for the First Time The New York Times, Anwar parves, 3 de marzo de 2020
  5. Holland, Oscar. "Pritzker Prize 2020: Irish duo's win marks rare victory for women in the 'Nobel of architecture'". CNN (en inglés). Consultado o 4 de marzo de 2020. 
  6. "About - Grafton Architects". www.graftonarchitects.ie. Consultado o 14 de novembro de 2015. 
  7. Arias Laurino, Daniela (26 de agosto de 2015). "YVONNE FARRELL 1951 | SHELLEY MCNAMARA 1952". Consultado o 17 de xaneiro de 2016. 
  8. "KTH | Shelley McNamara: 'Imagining the Real' (Nov 16)". Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2015. Consultado o 14 de novembro de 2015. 
  9. "Book Details : Dialogue and Translation". Consultado o 14 de novembro de 2015. 
  10. "Yvonne Farrell y Shelley McNamara son anunciadas Directoras Artísticas de la Bienal de Arquitectura de Venecia 2018". 17 de xaneiro de 2017. Consultado o 17 de xaneiro de 2017. 
  11. "Yvonne Farrell & Shelley McNamara. 16ª Bienal de Arquitectura de Venecia, 2018". universes.art (en inglés). Consultado o 2020-04-11. 
  12. "Solstice Arts Centre / Grafton Architects". Consultado o 14 de novembro de 2015. 
  13. "Waterloo Lane / Grafton Architects". Consultado o 14 de novembro de 2015. 
  14. "Barcelona Commemorates 300 Years of Catalan Spirit With 7 Public Installations". Consultado o 14 de novembro de 2015. 
  15. "What does it take to be the best building in the world? - CNN.com". Consultado o 14 de novembro de 2015. 
  16. "Grafton scoops Venice silver lion prize". Consultado o 14 de novembro de 2015. 
  17. "2013 RIBA Stirling Prize shortlist announced". Consultado o 14 de novembro de 2015. 
  18. "Sensing Spaces". Consultado o 14 de novembro de 2015. 
  19. "AJ Releases Shortlist for 2014 Woman Architect of the Year". Consultado o 14 de novembro de 2015. 
  20. "Jane Drew Prize Jointly Awarded to Grafton Co-Founders Yvonne Farrell and Shelley McNamara". Consultado o 14 de novembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]