Frei Otto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFrei Otto
Biografía
Nacemento31 de maio de 1925 Editar o valor em Wikidata
Siegmar, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Morte9 de marzo de 2015 Editar o valor em Wikidata (89 anos)
Leonberg, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Técnica de Berlín
Architectural Association School of Architecture (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoArquitectura, teoria da arquitetura (pt) Traducir, membrane structure (en) Traducir, estrutura de concha fina (pt) Traducir, Q63953027 Traducir e Cuberta Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Múnic Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónarquitecto , enxeñeiro civil , profesor universitario , escritor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1952 Editar o valor em Wikidata - 2006 Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Estugarda (pt) Traducir
Universidade Técnica de Berlín
Universidade Washington em St. Louis (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
MovementoArquitetura high-tech (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoSegunda guerra mundial Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Páxina webfreiotto.com Editar o valor em Wikidata

Frei Paul Otto, nado en Siegmar o 31 de maio de 1925 e finado en Leonberg o 9 de marzo de 2015, foi un arquitecto e enxeñeiro de estruturas alemán recoñecido polo seu uso de estruturas lixeiras, particularmente en tensión, incluíndo o estadio dos Xogos Olímpicos de Múnic.

Otto gañou a Medalla de Ouro do RIBA en 2006 e recibiu o premio Pritzker de arquitectura en 2015, pouco antes da súa morte.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Otto naceu en Siegmar (Alemaña), mais criouse en Berlín. Estudou arquitectura nesa cidade antes de alistarse na Luftwaffe como piloto nos últimos anos da segunda guerra mundial. Foi internado como prisioneiro de guerra nun campo próximo a Chartres (Francia) e co seu adestramento como enxeñeiro de aviación, falta de materiais e necesidade urxente de conseguir unha casa, comezou a experimentar con tendas de campaña como acubillo.[1] Trala guerra estudou brevemente nos Estados Unidos e visitou a Erich Mendelsohn, Mies van der Rohe, Richard Neutra e Frank Lloyd Wright.

Carreira[editar | editar a fonte]

Estadio Olímpico de Múnic
Interior do pavillón de Alemaña Occidental, Expo 67, Montreal
Multihalle en Mannheim.

Comezou a práctica privada en Alemaña en 1952. O seu pavillón de música con rede en forma de sela de montar no Bundesgartenschau (Exposición Federal de Xardíns) en Kassel deulle sona por primeira vez. Obtivo o doutoramento en construcións en tensión en 1954.[1]

Otto especializouse en estruturas lixeiras en membrana e tensión, e foi un pioneiro no avance matemáticas das estruturas e enxeñaría civil.[1] Fundou o Instituto de Estruturas Lixeiras na universiade de Stuttgart en 1964 e liderouno ata a súa xubilación como profesor universitario.[1] Deu conferencias en todo o mundo e ensinou na Escola da Asociación de Arquitectura, da que tamén deseñou algúns edificios do campus de Hooke Park.[2]

Ata a súa morte, Otto permaneceu activo como arquitecto e enxeñeiro, e como conselleiro do seu protexido Mahmoud Bodo Rasch nun número de proxectos en Oriente Medio. Dous dos seus últimos proxectos foron o seu traballo con Shigeru Ban no pavillón xaponés da Expo 2000, coa estrutura do tellado construída completamente de papel, e o deseño, xunto con SL Rasch GmbH Special and Lightweight Structures do tellado convertible do pavillón de Venezuela.[2] Como forma de memorial dos atentados do 11 de setembro de 2001 e as súas vítimas, a principios de 2002 concibiu as dúas pegadas do Torres Xemelgas cubertas con auga e arrodeadas de árbores; este proxecto incluía un mapa do mundo incrustado no parque cos países en guerra marcados con luces e un panel actualizándose continuamente anunciando o número de vítimas das guerra dende o 11 de setembro de 2001.[3]

Otto faleceu o 9 de marzo de 2015; ía ser anunciado como gañador do premio Pritzker 2015 o 23 de marzo, mais o seu pasamento supuxo que se anunciase o premio o día 10 dese mes.[4][5] O propio Otto xa fora informado de que gañara pola directora executiva do premio Pritzker, Martha Thorne. Indicouse que dixo, "nunca fixen nada para gañar este premio. Gañar premios non é o obxectivo da miña vida. Intento axudar a xente pobre, pero que podo dicir aquí... estou moi feliz".[5]

Edificios[editar | editar a fonte]

Esta é unha listaxe parcial de edificios deseñados por Otto:[5]

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Biography: Frei Otto". The Hyatt Foundation. Consultado o 11 de marzo de 2015. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Frei Otto". Praemium Imperiale. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 11 de marzo de 2015. 
  3. Fong, Mei (11 de xaneiro de 2002). "From Parks to Twisted Towers, Designs for a Memorial Multiply". Wall Street Journal. 
  4. 4,0 4,1 "Frei Otto, 2015 Laureate". Pritzker Architecture Prize. 10 de marzo de 2015. Consultado o 11 de marzo de 2015. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Pritzker Prize for Frei Otto, German Architect, Announced After His Death, Robin Pogrebin, The New York Times, 10 de marzo de 2015
  6. Cramer, James P.; Yankopolus, Jennifer Evans (2005). Almanac of Architecture & Design 2006. Greenway Communications,. p. 720. ISBN 9780975565421. 
  7. 7,0 7,1 Barnes, Michael; DIckson, Michael (1 de novembro de 2000). Widespan Roof Structures. ICE Publishing. p. 19. ISBN 978-0727728777. 
  8. The man with the golden pen, Building.co.uk, 2005 issue 08

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Conrad Roland: Frei Otto – Spannweiten. Ideen und Versuche zum Leichtbau. Ein Werkstattbericht von Conrad Roland. Ullstein, Berlín, Frankfurt/Main e Viena 1965.
  • Winfried Nerdinger (Hrsg.): Frei Otto. Complete Works. Lightweight Construction – Natural Design. Birkhäuser Verlag für Architektur, Basel, Boston, Berlín, Architekturmuseum der Technischen Universität München 2005, ISBN 978-3-7643-7231-6
  • Frei Otto, Bodo Rasch: Finding Form: Towards an Architecture of the Minimal, 1996, ISBN 3930698668
  • Philip Drew, "Frei Otto; Form and Structure", 1976, ISBN 0258970537, ISBN 978-0258970539
  • Philip Drew, "Tensile Architecture", 1979, ISBN 025897012X, ISBN 978-0258970126

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]