Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Problemas varios/Arquivo 7

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un arquivo do Taboleiro dos administradores/Problemas varios

Nesta páxina atópanse os fíos de conversa tratados no Taboleiro dos administradores/Problemas varios que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema no Taboleiro.

< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9


Ola! Creei o artigo sosa como redirección a Hidróxido de sodio, pero acabo de decatarme de que está mal feito. O hidróxido de sodio é a sosa cáustica, a sosa, así simplemente, é o carbonato de sodio. Se podedes algún borrar o artigo, agradécese... sinto o erro. Saúdiños.--Paradanta (Cóntame) 24 de xaneiro de 2018 ás 19:55 (UTC)[responder]

Marcadores de atención e demais[editar a fonte]

Ola a todos. De cando en cando gústame revisar algúns dos artigos que aparecen nalgunha das categorías da táboa de mantemento e penso que hai unha certa tendencia a colocar marcadores de atención en artigos nos que probablemente se tarde menos en realizar a tarefa que falta que en colocar o marcador. Sei que é unha forma de avisar ao autor do artigo do erro atopado, pero creo que tampouco hai que ser tan ríxidos nisto, e que non pasa nada por perder uns minutos arranxando o problema que deixar un marcador que pode quedar aí durante anos. --AMPERIO (conversa) 30 de xaneiro de 2018 ás 19:24 (UTC)[responder]

AMPERIO, dende ese punto de vista tes razón, pero pensando na xente que revisa tódolos cambios recentes a diario, iso pode que xa non cadre tanto. Hai que pensar que se se poñen a amañar todos eses erros a tarefa de revisión aumentaría e complicaríase máis pouco a pouco, ocupándolles cada vez máis tempo e esforzo. Penso que o traballo que se fai ó revisar todas esas edicións é moi importante e sacrificado, eu intentei varias veces revisar só as edicións diarias das IPs e non dou collido a constancia necesaria. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 31 de xaneiro de 2018 ás 09:07 (UTC)[responder]
Neste sentido, haberá un ano que os distintos marcadores específicos para os artigos enprogreso pasámolos (da parte técnica ocupárase Banjo) da parte superior da páxina á parte inferior, cun tamaño menor e moito menos distorsionadores. Dese modo, poden quedar e contribuír ao traballo de quen aos poucos van amañando e ao tempo non molestan a lectura e non dan ese aire de desleixo. --Atobar (conversa comigo) 31 de xaneiro de 2018 ás 09:45 (UTC)[responder]

Elisardojm tes razón en que para alguén que se ocupe a diario desas tarefas pode levar moito tempo. Pero ía máis pola liña do que comenta Atobar, que poden dar un aire de desleixo, habería que tratar de reducilos. Vale que estean no corpo do artigo en lugar da conversa para que calquera usuario os poda atopar con facilidade, sobre todo se se trata de información non verificada, pero outros que son estritamente de mantemento para nos (wikificar, categoría, ligazóns internas, orfo...) penso que ben poderían ir na conversa, quizais dentro do Modelo:Por facer. --AMPERIO (conversa) 31 de xaneiro de 2018 ás 11:31 (UTC)[responder]

Velaí un exemplo, Guión (informática) dos modelos específicos en progreso. Eu sería partidario de que todo fosen colocados así (ao final e en pequeno). A día de hoxe, só decidimos facelo cos incluídos na categoría Marcadores de mantemento en progreso. --Atobar (conversa comigo) 31 de xaneiro de 2018 ás 12:22 (UTC)[responder]
Entón, AMPERIO e Atobar, creo que este tema debería ser tratado na taberna, non neste taboleiro. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 31 de xaneiro de 2018 ás 13:03 (UTC)[responder]

Solicitando ocultación de resumo de edición[editar a fonte]

Solicito a ocultación do resumo de edición [1] onde consta o nome dunha empresa e continúa coa fórmula "= Escravitude + Plaxio". Xa lle fixen ver á usuaria que é improcedente e xa se desculpou. --. HombreDHojalata.conversa 5 de febreiro de 2018 ás 21:09 (UTC)[responder]

Feito! Feito! --Estevo(aei)pa o que queiras... 5 de febreiro de 2018 ás 21:25 (UTC)[responder]

Mover a Queipo de Llano[editar a fonte]

Por favor: Conversa:José María Queipo de Llano Ruiz de Saravia#Mover a título máis simple. Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 12 de febreiro de 2018 ás 15:31 (UTC)[responder]

Feito! Feito! --Chairego apc (conversa) 12 de febreiro de 2018 ás 15:34 (UTC)[responder]

María Antonina Sanjurjo Aranaz[editar a fonte]

Hai uns días, o 31 de xaneiro, creouse o artigo María Antonina Sanjurjo Aranaz pola usuaria Nerea Fernandez. Na súa primeira versión Banjo colocoulle o aviso {{copyvio|http://www.culturagalega.org/album/detalle.php?id=275}} tralo cal eu procedín ao borrado do artigo. Máis adiante, o 6 de febreiro a mesma usuaria volveu a crear o artigo co mesmo contido, polo que lle volvín a colocar o aviso. Esta vez ela foi quen o quitou, máis non realizou grandes cambios nel. Tras deixarlle unhas mensaxes na súa páxina de conversa convidándoa a que lle botase unha ollada a WP:LEWP:GUÍA, así como unha ligazón ao folleto que se fixo para Wikipedia:Proxectos pedagóxicos/Alumnos, a usuaria non contestou, e o artigo quedou como está desde o día 7, polo que o 12 volvín a colocar o aviso de antes. Non sei que propoñedes facer... --AMPERIO (conversa) 14 de febreiro de 2018 ás 19:09 (UTC)[responder]

Interese ten. Como a usuaria é unha alumna, creo que sería unha boa opción refacer o artigo e aprenderlle o formato para edicións futuras. Se ninguén propón outra cousa e tampouco se anima a meterlle man, podo ocuparme eu dentro dunha semana. --Atobar (conversa comigo) 14 de febreiro de 2018 ás 19:40 (UTC)[responder]
Bórrese. Coas violacións de copyright non hai ningunha outra solución. Non deben quedar nin no historial consultable. --. HombreDHojalata.conversa 14 de febreiro de 2018 ás 19:43 (UTC)[responder]
Ten razón HombreDHojalata, as violacións de licenza non deben quedar nin no historial para que non se poidan recuperar. O mellor é borralo e que sexa creado nun futuro de novo e correctamente. AMPERIO, cando poidas bórrao ti que o tes en uso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de febreiro de 2018 ás 10:29 (UTC)[responder]
Pois tamén é verdade. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 15 de febreiro de 2018 ás 10:31 (UTC)[responder]
Feito! Feito!. Borrado e agochadas as revisións para que non queden rastros. Hai que quitalo tamén do rexistro de borrados?--AMPERIO (conversa) 15 de febreiro de 2018 ás 10:38 (UTC)[responder]

────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────Con agochar o contido copiado é suficiente, cousa que xa queda feita ao borrar a páxina. Non hai motivo para, a maiores, ocultar outras cousas como o resumo de edición ou o nome de usuario. --. HombreDHojalata.conversa 15 de febreiro de 2018 ás 12:18 (UTC)[responder]

Bueno, xa queda así. Deches a entender con Non deben quedar nin no historial, que non podía quedar nin sequera iso. --AMPERIO (conversa) 16 de febreiro de 2018 ás 12:00 (UTC)[responder]

Pois igual me expresei mal. Desculpas. Referíame a que se alguén inicia unha páxina facendo un plaxio a solución non é que un terceiro arranxe a páxina, porque no historial queda o plaxio e é consultable e mesmo ligable dende calquera outra páxina da Internet. A solución pasa, xa que logo, por borrar/ocultar eses contidos de forma que non se poda acceder a eles. --. HombreDHojalata.conversa 16 de febreiro de 2018 ás 12:29 (UTC)[responder]

Fusión de Manila e Historia de Manila[editar a fonte]

Os contidos de Manila e Historia de Manila xa son coincidentes. Só queda fusionar os historiais. --. HombreDHojalata.conversa 18 de febreiro de 2018 ás 12:31 (UTC)[responder]

Grazas polo aviso. Xa o fago eu. --Chairego apc (conversa) 18 de febreiro de 2018 ás 12:44 (UTC)[responder]
Feito! Feito! --Chairego apc (conversa) 18 de febreiro de 2018 ás 12:55 (UTC)[responder]

Wikipedia:Votacións para borrar[editar a fonte]

Hai abertas das votacións para borrar desde o día 5 nas que só hai un voto, o meu. Imaxino que ninguén as viu e de aí a falta de participación, por iso deixo aquí a ligazón Wikipedia:Votacións para borrar. Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 21 de febreiro de 2018 ás 11:53 (UTC)[responder]

Violacións dos dereitos de autor e violacións da lei[editar a fonte]

Vou dicir aquí, algo que non debería ter que dicir, por ser algo que xa deberíamos ter claro e superado.

A inclusión nun proxecto escolar ou a inclusión do aviso "en uso" non exime do cumprimento das nosas políticas (e o cumprimento da lexislación en vigor) relativas ao respecto polos dereitos de autor.

As violacións de copyright deben ser eliminadas inmediatamente. --. HombreDHojalata.conversa 28 de marzo de 2018 ás 13:42 (UTC)[responder]

Se un artigo está en uso nun proxecto escolar, non vexo maior problema en que durante o período de aplicación do modelo (30 días), o artigo poida ter certo tipo de problemas. Entendo que cos artigos que están dentro dos proxectos pedagóxicos debemos ter máis paciencia e dar máis liberdade de edición que no resto para facilitar a incorporación de novos editores e a implantación do uso da Galipedia nas aulas.
É certo que non podemos ir en contra da lei, pero o Modelo:Proxecto escolar é un aviso de que é un traballo en curso, feito por un estudante, que está a formarse e que indica que pode ter diferentes tipos de problemas. Pero isto non quere dicir que vaian a quedar así, irá evolucionando e mellorando, posiblemente de forma máis lenta que nos outros artigos, pero rematará por ser un artigo válido para a enciclopedia.
Eu penso que neste tipo de artigos debemos ter máis coidado no seu tratamento que no resto xa que están sendo editados por alumnos que están comezando a realizar achegas ó proxecto, os profesores que levan adiante estes proxectos tamén están comezando a organizar este tipo de actividades, e todos eles precisan aínda de moita formación, pero o que non podemos facer é entorpecer o seu avance e aprendizaxe, nin tratalos coma simples vándalos.
No canto de alterar eses artigos, dificultarlles o traballo e reducir a súa confianza na edición, o que penso que debería facerse é contactar con eses usuarios na súa páxina de conversa e explicarlles os problemas e como solucionalos. A maiores, coa última modificación do modelo xa se pode indicar como parámetro a páxina do proxecto pedagóxico no que está integrado ese artigo, nesa páxina atópase a lista de usuarios que traballan nel, así como o profesor e o usuario da Galipedia que colabora no proxecto. Deste xeito é moi doado atopar ós responsables e contactar con eles para comentar calquera tipo de problema ou suxestión.
Penso que se queremos avanzar na introdución da Galipedia nas aulas, debemos ter unha actitude diferente, máis comprensiva e aberta para que o achegamento desa comunidade sexa o máis produtivo posible para tódalas partes. Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de marzo de 2018 ás 15:56 (UTC)[responder]

Insisto. Os proxectos escolares non poden estar por riba das políticas (e das leis) e os copyvios non poden permanecer nesta Wikipedia (incluso non deben permanecer no historial dos artigos). Deben ser eliminados inmediatamente. Isto non é negociable e sobre isto non cabe discusión ningunha.

Todo o que se comenta sobre os proxectos escolares está moi ben, e e moi loable o traballo a prol de integrar a Wikipedia nas aulas, mais todo na vida ten matices. Colocar un cartel dese tipo non pode equivaler a dicir de aquí para abaixo todo vale e xa non contan nin obxectivos do proxecto, nin piares, nin políticas, nin nada.

Quizais o primeiro que habería que facer, cando se invita a eses usuarios a participar, e dicirlle que non copien. Teño entendido que, polo menos algúns deles, non son nenos. Que son alumnos universitarios con máis de vinte anos de idade cumpridos, así que o van entender perfectamente.

Quizais non deixe de resultar "educativo" que, se alguén se limita a copiar, un terceiro lle diga: iso non é o que se espera de ti, imos borrar isto e terás que comezar de novo.

facer redactar ós alumnos na Galipedia permite confrontalos a unha comunidade laboral real.pp

Penso, amais, que o aviso de "proxecto escolar" estaría mellor nas páxinas de conversa. Hai poucas Wikis que o utilicen (d:Q13467396). Nas Wikipedias en inglés e portugués vai sempre na páxina de conversa, nunca no propio artigo. Na Wikipedia en castelán si que o poñen no propio artigo, e normalmente aí se queda durante anos, tal e como se pode comprobar en varios dos historiais correspondentes. --. HombreDHojalata.conversa 28 de marzo de 2018 ás 20:39 (UTC)[responder]

Gústame moito a cita que usas HombreDHojalata, e concordo plenamente con ela, o que pasa é que hai moitas formas de resultar educativo, antigamente a idea de ser educativo era: "a letra, con sangue entra", agora no século XXI iso está completamente desfasado. Podes educar, contactar, axudar e animar todo o que queiras a estes novos editores sen necesidade de poñer cartelóns intrusivos, ameazantes e desmotivantes no seu traballo, simplemente hai que contactar con eles na súa páxina de conversa, ou cos responsables do proxecto que seguramente poidan explicarlles de forma máis directa como solucionar o problema.
Tes razón que algúns editores que están comezando agora cun proxecto educativo son alumnos universitarios, pero hai outros que son moito máis pequenos e que poden verse afectados por certas actuacións. Sigo pensando que debemos ter este período especial de formación para que teñan a oportunidade de traballar os artigos de forma "tranquila", pero ó mesmo tempo dirixíndoos e axudándolles nos problemas e erros que van cometendo, pero facéndoo dunha forma máis achegada a eles e moito máis amigable.
E si, sigo pensando que nos artigos que participan en estes proxectos debemos dar máis liberdade para que os alumnos os vaian mellorando, pero ollo, isto non quere dicir que deixemos de vixialos, todo o contrario, o que debemos facer é vixialos un pouco máis para atopar o antes posible os problemas que poidan ter para avisalos de forma amigable, a eles directamente ou ós profesores e usuarios responsables do proxecto.
Que haxa 20 ou 100 artigos con problemas durante un período de tempo determinado non me parece un problema, porque é un problema que ó final vai resolvese e está perfectamente acoutado grazas ó modelo e á categoría, cousa que non pasa con outros centos de artigos que hai na wiki que a saber o que conteñen e de onde sae a súa información. Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de marzo de 2018 ás 22:45 (UTC)[responder]

 :-) As veces parece que falamos en distintas linguas, porque un fala dunha cousa e o outro fala doutra. Estou de acordo con moitas das cousas que dis. De feito eu son un usuario que deixo moitas explicacións nas páxinas de conversa doutros (máis de catro mil mensaxes segundo os contadores), pero esa non é a cuestión da que falo. Nin tan sequera falo dos carteis. De feito os carteis non deberían estar, porque esas páxinas deberían ter sido inmediatamente eliminadas. Nin falo de problemiñas, nin falo de faltiñas de ortografía, nin de cuestións de mantemento, nin de minucia ningunha. Non me quero poñer melodramático, pero falo de violacións de copyright. Un tema moi grave, que en calquera momento pode transcender do ámbito da comunidade do proxecto gl.wiki e quen teña coñecemento del e capacidade de atallalo e omita esa acción pode mesmo incorrer en certas responsabilidades, ollo. Despois pasan cousas e hai quen bota as mans á cabeza. Remítome ao que subliñei antes en amarelo. --. HombreDHojalata.conversa 28 de marzo de 2018 ás 23:02 (UTC)[responder]

Fusión de Sotelo Blanco Edicións e Editorial Sotelo Blanco[editar a fonte]

Fusiónense, por favor, os historiais de Sotelo Blanco Edicións e Editorial Sotelo Blanco. Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 16 de abril de 2018 ás 20:10 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de abril de 2018 ás 20:39 (UTC)[responder]

Votación[editar a fonte]

Hai dúas novas votacións para artigos de calidades, se alguén o considera oportuno pode poñer o anuncio. Un saúdo, Piquito (conversa) 24 de abril de 2018 ás 09:04 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de abril de 2018 ás 10:43 (UTC)[responder]

Elisa Díaz e IES Otero Pedrayo de Ourense[editar a fonte]

Habería que ver se que fai co artigo Elisa Díaz. Semella que é un copyvio e o artigo leva case 2 meses sen cambios.--AMPERIO (conversa) 19 de maio de 2018 ás 18:00 (UTC)[responder]

O mesmo con IES Otero Pedrayo de Ourense. --AMPERIO (conversa) 19 de maio de 2018 ás 18:00 (UTC)[responder]
Propoño borralos. --Chairego apc (conversa) 20 de maio de 2018 ás 09:16 (UTC)[responder]
Chairego apc por mi ben, esa era a idea que tiña, pero quería ver se hai un consenso xeral entre todos. Se efectivamente é un copyvio definitivamente habería que borralos. Elisardojm, Estevoaei, Banjo, Atobar, Xabier Cid, Xas, Beninho, Agremon vos que pensades? --AMPERIO (conversa) 20 de maio de 2018 ás 15:40 (UTC)[responder]
O artigo IES Otero Pedrayo ten o marcador de "en uso", a usuaria vai completalo. De feito achegou as referencias pertinentes desde que se meteu o aviso de copyvio.
Respecto ao artigo Elisa Díaz, antes de borralo habería que avisar á usuaria que o creou, e pedirlle que modifique a redacción ou procure outras fontes. Un saúdo --Estevo(aei)pa o que queiras... 20 de maio de 2018 ás 15:59 (UTC)[responder]
Pero entón volvemos ao que dicía Usuario:HombreDHojalata, os copyvios non poden permanecer nesta Wikipedia (incluso non deben permanecer no historial dos artigos). Deben ser eliminados inmediatamente. Isto non é negociable e sobre isto non cabe discusión ningunha.. Se é un copyvio habería que borralos e que se refagan de novo.--AMPERIO (conversa) 20 de maio de 2018 ás 16:39 (UTC)[responder]
Si, é certo que poden ser copyvios pero tamén hai que ter en conta que son usuarios novos e que están aprendendo a editar, creo que debemos ter paciencia con eles, explicarlles as cousas tranquilamente e axudalos a que vaian mellorando pouco a pouco, e que avancen por eles mesmos, tratándoos da mellor forma posible. Tamén hai que ter en conta que están traballando, polo menos un dos editores, nun proxecto educativo, hai que poñerse en contacto co usuario editor e tamén cos usuarios responsables do proxecto. Falando enténdese a xente...
En canto rematen o seu traballo e os problemas estean resoltos, poderemos borrar as versións con problemas do historial e non haberá máis historia. Saúdos, Elisardojm (conversa) 20 de maio de 2018 ás 21:19 (UTC)[responder]

Non Elisardo, estás errado. Non é así. Os copiapega hai que borralos inmediatamente. --. HombreDHojalata.conversa 20 de maio de 2018 ás 21:25 (UTC)[responder]

Pero eu penso que o mellor é explicarllo ós usuarios e que o fagan eles mesmos para que se dean conta do problema e o entendan mellor... Saúdos, Elisardojm (conversa) 20 de maio de 2018 ás 22:53 (UTC)[responder]
Por certo, o problema do artigo Elisa Díaz non é o mesmo que o do IES, un está creado por un usuario que non fixo máis edicións, o fixo nun wikimaratón e non está nun proxecto pedagóxico. O artigo do IES está sendo modificado e mellorado, de feito, dende que se engadiu o modelo de copyvio foi modificado varias veces, non comprobei se todos os problemas se amañaron. Saúdos, Elisardojm (conversa) 20 de maio de 2018 ás 22:57 (UTC)[responder]

A máis das outras consideracións expostas e o que nestes momentos aparece na páxina de conversa (Conversa:IES Otero Pedrayo de Ourense), o aviso de copia o Otero Pedrayo non inclúe fonte, algo que coido que o descualificaría para o borrado inmediato, sen falar antes co autor.Agremon(contacto) 23 de maio de 2018 ás 17:52 (UTC)[responder]

Sobre Elisa Díaz: suscribo a prudencia que indica @Elisardojm:, pero neste caso non a comparto e penso que houbo prazo abondo e entendo que tentativas de falar coa editora dende que notifiquei este tema a @Estevoaei: hai varios meses. E interesante destacar que ese wikimaratón e todas as entradas derivadas do mesmo, por máis que poidan estar aliñadas cos obxectivos de Galipedia, tamén conseguiron unha visibilidade notoria da obra dunha determinada persoa, que agora aparece máis facilmente no ranking de Google grazas entre outras cousas a isto. Tanto se falamos de que a propia autora se copiou como se é outra persoa, os corta pega non son aceptables neste caso dende o meu punto de vista. Maria zaos (conversa) 17 de xuño de 2018 ás 12:50 (UTC)[responder]

Portal:Diversidade sexual[editar a fonte]

Habería que ver que se fai con este portal, leva case dous meses sen editar e semella que contén moitos erros no código. --AMPERIO (conversa) 28 de maio de 2018 ás 19:13 (UTC)[responder]

Proposta de cambio de nome da páxina Women's Tennis Association[editar a fonte]

Boas tardes a todos. Quería propor o cambio de nome da páxina Women's Tennis Association cara a "Asociación de Tenis Feminino". Arguméntoo baseándome en que o correspondente masculino, a "Association of Tennis Professionals", ten a súa páxina en galego: Asociación de Tenistas Profesionais. Non sei cal é o motivo polo que o feminino mantén o seu nome no idioma inglés e o masculino ten o seu en galego desde a súa creación no 2010. Agradezo neste sentido aclaración ou o cambio. Grazas por anticipado e un saúdo á comunidade!--Castelao (conversa) 31 de maio de 2018 ás 15:02 (UTC)[responder]

Castelao, este tema non é de administración, debe tratarse na páxina de conversa do artigo ou na taberna, en Wikipedia:A Taberna (axuda) por exemplo... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 31 de maio de 2018 ás 16:55 (UTC)[responder]

Vaia! Perdoa, estiven fuchicando para ver onde correspondía facer a petición e atopei unha referencia na que dicía que para trocar o nome das imaxes era aquí e supuxen que pasaba o mesmo cos das páxinas. Corto e pego na Taberna. Grazas!--Castelao (conversa) 31 de maio de 2018 ás 19:01 (UTC)[responder]

Non pasa nada Castelao :) As imaxes si teñen que renomealas os administradores porque non son páxinas "normais", pero os artigos, e o resto de páxinas, simplemente renoméanse dándolle á pestana "mover", e iso poden facelo tódolos usuarios. O único que hai que ter en conta é se realmente é preciso facer esa operación, ou non, en cada caso. Seguimos falando do tema na páxina de conversa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 31 de maio de 2018 ás 19:28 (UTC)[responder]

Artigo que desapareceu.[editar a fonte]

Comezamos a realizar un artigo na clase sobre a Boa constrictor, era unha tradución da páxina da wikipedia en francés. Ao rematar a sesión publicámolo, pero ao querer seguir editando días despois, démonos de conta de que desaparecera. SheireaSheirea (conversa) 6 de xuño de 2018 ás 07:48 (UTC)[responder]

@Sheirea:, estiven revisando o rexistro de borrados e non hai ningún artigo con ese nome. Tampouco se lle das a crear Boa constrictor aparece que houbera algún texto antes. Gardaches a edición? --AMPERIO (conversa) 6 de xuño de 2018 ás 10:11 (UTC)[responder]
@Sheirea: de feito revisando as contribucións feitas co teu nome de usuario/a, tampouco aparece rexistro. Con que conta crearades o artigo? --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de xuño de 2018 ás 10:40 (UTC)[responder]
A maiores Sheirea, se consultas a creación de páxinas dos últimos días aquí, podes ver que neste tempo non se creou ningún artigo relacionado coas boas.
Para poder axudarvos precisamos máis información, en que día e hora fixéchedes o artigo? con que nome de usuario? que nome tiña o artigo? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de xuño de 2018 ás 17:53 (UTC)[responder]

Nomes de usuario que implican uso compartido, conta Facercultural[editar a fonte]

Segundo Wikipedia:Nomes_de_usuario#Nomes_de_usuario_que_impliquen_o_uso_compartido entendo que a conta Usuario:Facercultural non está permitida, certo? Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de xullo de 2018 ás 21:36 (UTC)[responder]

Creouse esa usuaria pensando en amosar o apoio da Asociación ACDC á comunidade da Galipedia. Non coñeciamos esa norma.
Independentemente da intención o nome incumple as normas xa declaradas. Pido disculpas e arranxo. Manolofreiria (conversa) 16 de xullo de 2018 ás 21:57 (UTC)[responder]
Olá, Que algunha administradora elimine a usuaria Usuario:Facercultural. Non atopo botón de eliminar conta. Desculpade a metedura de zoca. (A ignorancia non exime da culpa) Facercultural (conversa) 16 de xullo de 2018 ás 22:04 (UTC)[responder]
As contas de usuario non se poden eliminar. O dono ou dona individual da conta pode solicitar o cambio de nome de usuario nesta páxina. Banjo tell me 16 de xullo de 2018 ás 22:06 (UTC)[responder]

Fusións[editar a fonte]

Gustaríame fusionar os artigos sobre os ministerios actuais, para telos actualizados. Soamente está preparado o Ministerio de Agricultura. Moitas grazas pola colaboración. --Regato das Tres Regueiras (conversa) 31 de xullo de 2018 ás 14:47 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 31 de xullo de 2018 ás 21:52 (UTC)[responder]

Acabo de crear o artigo Grace Hopper, mais ao ligalo coas interwikis descubrín que existía o artigo Grace Murray Hooper (cun erro no nome, realmente sería Grace Murray Hopper e por iso non o atopei). Os dous son tradución da wikipedia en castelán, polo que os contidos son iguais, co que coido que xa deberían estar listos para a fusión. Penso que o artigo debería chamarse Grace Hopper, como fan en inglés e na maioría das linguas.--Jglamela (conversa) 4 de agosto de 2018 ás 11:27 (UTC)[responder]

Feito! Feito! --Chairego apc (conversa) 4 de agosto de 2018 ás 13:55 (UTC)[responder]

Prexudicar a imaxe dun autor a través da manipulación de mala fe do seu nome artístico[editar a fonte]

Á atención do Sr. Lisardo. Precisamente porque cambiei a orde dos apelidos deberían respectar o meu nome oficial (XESÚS MANUEL VALCÁRCEL LÓPEZ). Solicito a eliminación de “Xesús Manuel López Valcárcel” despois da palabra “nado”. Considero de mala fe a inclusión da expresión “nado Xesús Manuel López Valcárcel” e considero que forma parte dunha campaña organizada para deteriorar a miña imaxe pública e o meu nome como autor. A adulteración reiterada do meu nome artístico (correctamente XESÚS MANUEL VALCÁRCEL ou JESÚS MANUEL VALCÁRCEL) é unha constante suficientemente documentada ao longo de moitos anos. Ocasióname un incalculable prexuízo económico e tamén de imaxe como autor. Antes de que este asunto chegue aos medios de comunicación, á sociedade en xeral e por suposto aos xulgados, máis unha vez, trasládolle a miña vontade de termos unha entrevista persoal para procurar solucións pacíficas. Quedo ao seu dispor. Atte., XESÚS MANUEL VALCÁRCEL. Escritor. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 77.27.50.3 (conversacontribucións)

O nome está recollido en múltiples fontes indicadas no propio artigo e polo tanto é válido. As ameazas, legais ou de calquera outra índole, atentan contra o civismo e as normas de conduta da Wikipedia, téñao en conta por favor. Banjo tell me 13 de agosto de 2018 ás 17:27 (UTC)[responder]
O nome está referenciado en varias obras de consulta, a GEG, o Dicionario biográfico de Galicia, a Diciopedia do século 21, etc. a Galipedia só reflicte o que se pode atopar nas fontes. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de agosto de 2018 ás 21:18 (UTC)[responder]

Boas; Deixei preparado para rematar a fusión o artigo Miguel Bastón. --Angeldomcer (conversa) 14 de agosto de 2018 ás 11:14 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Banjo tell me 14 de agosto de 2018 ás 17:53 (UTC)[responder]

Diferenzas no tratamento da información para prexudicar a un autor[editar a fonte]

Á atención do señor Elisardo: As palabras "nado en" aparecen nos seguintes autores (e en moitísimos máis obviamente, supoño que en todos)referida á localidade de nacemento: "Eduardo María González-Pondal Abente, nado en Ponteceso o 8 de febreiro de 1835… Ramón María del Valle-Inclán y de la Peña, nado en Vilanova de Arousa o 28 de outubro de 1866… Manuel Curros Enríquez, nado en Celanova etc. Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886… Luís Benigno Vázquez Fernández-Pimentel, máis coñecido como Luís Pimentel, nado en Lugo o 18 de decembro do 1895 Xosé Antón Avilés Vinagre, coñecido como Avilés de Taramancos, nado en Boa (Noia) o 6 de abril de 1935". Pero NON SE FAI ASÍ no meu caso, por que? No meu caso aparece: "Xesús Manuel Valcárcel López,[1][2] nado Xesús Manuel López Valcárcel,[3][4] en Lugo", por que non poñen como en todos os casos supracitados "nado en Lugo" e suprimen a dupla información? Solicito que poñan: "Xesús Manuel Valcárcel López,[1][2] nado en Lugo, etc.",é dicir, un tratamento semellante ao dos demais autores e autoras. Sen discriminacións. Atte., XESÚS MANUEL VALCÁRCEL. Escritor.—o anterior comentario sen asinar foi feito por 77.27.50.3 (conversacontribucións) 14 de agosto de 2018 ás 19:38‎

Non hai discriminación, cando o nome co que se coñece unha persoa é diferente ao que levaba ao nacer é habitual poñer "nado como" ou algo semellante, sexan escritores ou non p. ex. Hasan Mahboob.--HacheDous=0 (conversa) 14 de agosto de 2018 ás 19:50 (UTC)[responder]
Outro exemplo máis: Kareem Abdul-Jabbar. Non hai discriminación, tan só hai unha presentación un pouco diferente xa que se trata dunha situación diferente á habitual, documentada e referenciada de forma axeitada. Como xa comentei arriba, a Galipedia nin quita nin pon, tan só reflicte o que se atopa nas fontes. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de agosto de 2018 ás 08:11 (UTC)[responder]
En efecto, non hai vontade de discriminar senón de informar. Amais desa fórmula, existen outras coma a inclusión dunha nota explicativa ao pé (ex.: Moisés Barcia Rodríguez). --Atobar (conversa comigo) 22 de agosto de 2018 ás 12:06 (UTC)[responder]

Bos días: Acabo de deixar preparados Partido Republicano Radical e Partido Republicano Radical en Galicia, para fusionar o segundoi no primeiro.

un saúdo, --Angeldomcer (conversa) 22 de agosto de 2018 ás 10:34 (UTC)[responder]

Feito! Feito! --Chairego apc (conversa) 22 de agosto de 2018 ás 15:47 (UTC)[responder]

Reino de Asturias[editar a fonte]

Cambio de nome dunha páxina[editar a fonte]

Ola. Podiades cambiar o nome da páxina papamerda subantártico ao seu nome cientifico Stercorarius antarcticus? Este nome, papamerda subantártico, estaba como nome na antiga Lista de aves de Galicia e segue estando na Lista das aves ibéricas, que estaban referenciados cos nomes de Conde Teria ou de Penas Patiño, o cal eu supuxen estaba correcto, pero parece ser que, en realidade, non figura nesa lista de nomes. Non habendo referencia, habería que deixar o nome científico.--Miguelferig (conversa) 19 de outubro de 2018 ás 10:15 (UTC)[responder]

Feito! Feito! --Atobar (conversa comigo) 19 de outubro de 2018 ás 10:19 (UTC)[responder]
Grazas.--Miguelferig (conversa) 19 de outubro de 2018 ás 16:12 (UTC)[responder]
Miguelferig, atopei a referencia na Guía de aves de Galicia, desfixen os cambios. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de outubro de 2018 ás 21:46 (UTC)[responder]

Unión de categorías[editar a fonte]

Boas. Creo que deberíamos unir as categorías Categoría:Conventos e Categoría:Mosteiros. Segundo as definicións da RAG a única diferenza é o tamaño, algo non doado de demostrar e determinar, subxectivo, etc. Xa que logo, coido que o máis adecuado é xuntalas nunha única, como se fixo para o caso galego. --Norrin (Fálame) 19 de outubro de 2018 ás 18:19 (UTC)[responder]

Poren, varias wikis diferencian unha cousa da outra (Categoría:Conventos: d:Q7861842 e Categoría:Mosteiros: d:Q6624397 en Wikidata). Amais, o DiRAG fai outra puntualización: O mosteiro [está] "xeralmente apartado das poboacións". --. HombreDHojalata.conversa 19 de outubro de 2018 ás 19:49 (UTC)[responder]
Eis o problema, o xeralmente. Por outra banda, se vemos o de "conventos" (Categoría:Conventos: d:Q7861842) temos só 19 entradas, e non nas principais linguas (por exemplo, en alemán e polaco non existe, e adoitan ter bastantes artigos destes). En azarí chámase "Qadın monastırları" (mosteiros femininos), en belaruso "Жаночыя манастыры" (mosteiros femininos), en búlgaro "Женски християнски манастири" (mosteiros cristiáns femininos), en ruso "Женские монастыри" (mosteiros de mulleres), en ucraíno "Жіночі монастирі" (mosteiros de mulleres)... Coido que non se achega para nada á diferenciación do DRAG. Acho que a explicación da wiki inglesa é moi axeitada, pero xa está lonxe da fala actual (como amosa o RAG). Entendo por iso que segue a ser mellor unir as categorías. --Norrin (Fálame) 20 de outubro de 2018 ás 11:49 (UTC)[responder]

Artigos de Judcosta[editar a fonte]

Veño observando desde hai unhas semanas que Judcosta está marcando como lixo algúns dos artigos que creou e que teñen o marcador de aviso. Se ben é certo que eu borrei algúns deles que incluían unhas poucas liñas, penso que non é a forma axeitada de afrontar o problema. Tanto Atobar coma eu deixámoslle unha mensaxe na súa conversa para que deixe de poñer este marcador de lixo nos seus artigos, xa que consideramos que non é a forma axeitada de facelo. Por isto, penso que habería que chegar a un consenso sobre os pasos a seguir, se borrar os artigos sen máis, ou ben perdirlle de novo que deixe de marcalos para borrar e abrir votacións para borrar aqueles que non teñan moito que salvar. --AMPERIO (conversa) 6 de novembro de 2018 ás 18:16 (UTC)[responder]

Os artigos creado por Judcosta na gran maioría están cheos de erros ortográficos e redacción polo que non paga a pena reutilizalos, se non foron revisados a fondo, non só ortográficamente se non tamén na súa redacción e nas súas achegas de referencias. O meu criterio é borralos porque xa pasou tempo abondo para que fosen amañados e se non se fixo é porque a comunidade non da para máis ou outras razóns. Polo tanto eu o que fago é, se o artigo tivo varias revisións ortográficas déixoo, se non foi modificado bórroo. Se tivo algunha revisión ortográfica non se lle pode quitar o aviso porque, como xa comentei antes, a redacción destes artigos é bastante rara, usando xiros e construcións portuguesas ou brasileiras que en moitos casos non se entenden en galego, e, a maiores, hai certos temas e artigos que conteñen afirmacións dubidosas sen referencias. Por iso, AMPERIO, restaurei o aviso nalgúns dos artigos nos que ti llo quitaches porque seguían estando mal, a pesar de xa non ter erros ortográficos.
En resumo, dende o meu punto de vista, se o artigo foi revisado a fondo pode quitarse o aviso, noutro caso eu penso que pode borrarse. Saúdos, Elisardojm (conversa) 8 de novembro de 2018 ás 11:05 (UTC)[responder]

grandes áreas metropolitanas do mundo[editar a fonte]

por favor gustaríame recuperar o artigo (borrado no 2014) do que fun autor e para o meu uso particular pois quero confeccionar a súa actualización de 2020 preciso os datos e perdín a copia ¿qué teño que facer si hai algunha posibilidade? graciñas --37.13.159.195 29 de novembro de 2018 ás 03:14 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Está copiado na páxina de conversa da IP. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de novembro de 2018 ás 08:46 (UTC)[responder]

moitas gracias Elisardojm ! saúdos --176.82.216.124 1 de decembro de 2018 ás 03:33 (UTC)[responder]

Revisión en Ábrete de orellas[editar a fonte]

Ola, preciso axuda para a revisión do artigo Ábrete de orellas, creado hoxe por un anónimo. Coñezo persoalmente ó responsable deste espazo e prefiro non involucrarme no artigo. Grazas Banjo tell me 3 de decembro de 2018 ás 14:53 (UTC)[responder]

Feito! Feito! --Estevo(aei)pa o que queiras... 3 de decembro de 2018 ás 17:34 (UTC)[responder]

Alfonso Otero Regal[editar a fonte]

Hai un problema co artigo Alfonso Otero Regal por copyvio. A usuaria que o creou dixo na conversa que os textos que saltan con copyright foron escritos polo propio autor (véxase Conversa:Alfonso Otero Regal). Agradécese a axuda de alguén que entenda algo máis disto e poida intervir. --AMPERIO (conversa) 3 de decembro de 2018 ás 18:05 (UTC)[responder]

Reducir o listado a un número mínimo de obras e deixar a fonte orixinal como cita solucionaría ese problema, xa que os dereitos de autoría dos listados cronolóxicos é debatible (obviamente non ten xeito copialo sen máis (WP:NON#DIRECTORIO). Porén, o artigo ten bastantes máis problemas (conflito de intereses, falta de neutralidade, formato, falta de notas... [2]) Banjo tell me 3 de decembro de 2018 ás 19:21 (UTC)[responder]

Leite O Alle[editar a fonte]

Procedín ao borrado da páxina Leite O Alle posto que era un copia-pega (traducido ao galego) desta páxina. --AMPERIO (conversa) 4 de decembro de 2018 ás 18:27 (UTC)[responder]

Moi ben, pero non fai falta que avises destas cousas, tan só se hai algunha situación especial habería que avisar. Deixei unha nota na conversa da usuaria avisándolle do borrado. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de decembro de 2018 ás 19:08 (UTC)[responder]
Era por se alguén non estaba de acordo co borrado... pero ok, tereino en conta para a próxima. --AMPERIO (conversa) 4 de decembro de 2018 ás 19:23 (UTC)[responder]