Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Problemas varios/Arquivo 5

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un arquivo do Taboleiro dos administradores/Problemas varios

Nesta páxina atópanse os fíos de conversa tratados no Taboleiro dos administradores/Problemas varios que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema no Taboleiro.

< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9


Fusión de artigos[editar a fonte]

Acordouse na Taberna (ver debate) fusionar os artigos Sonna de Bretoña e Susa de Bretoña no primeiro, xa que a historiografía considera que son a mesma persoa e non hai fontes que permitan deducir o contrario. --Norrin_strange (Fala-me) 16 de xaneiro de 2014 ás 15:26 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de xaneiro de 2014 ás 17:38 (UTC)[responder]

Movemento[editar a fonte]

Aquí (Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Proposta_de_movemento) falouse de mover o artigo Igrexa Católica Romana a Igrexa Católica, segundo se explicou, e houbo acordo en xeral. Movín Igrexa Católica a Igrexa Católica (homónimos), mais agora cómpre mover Igrexa Católica Romana a Igrexa Católica e non sei facelo. Podedes facelo vos? Grazas! --Norrin_strange (Fala-me) 3 de febreiro de 2014 ás 16:16 (UTC)[responder]

Feito! Feito! --Toliño Fala aquí comigo 3 de febreiro de 2014 ás 16:31 (UTC)[responder]
Grazas! --Norrin_strange (Fala-me) 3 de febreiro de 2014 ás 16:36 (UTC)[responder]

Movemento[editar a fonte]

O Usuario:Piquito creou un artigo sobre a cidade finlandesa de Pietarsaari e un usuario non habitual moveuna a Jakobstad (nome sueco) aducindo que é o nome en galego, mais sen aportar referencia algunha. Dubido moito que iso sexa así, non creo que haxa nome en galego da cidade. Por iso debería prevalecer a escolla do primeiro editor, e o artigo debería ser movido a Pietarsaari, mais eu non son quen de movelo. Grazas! --Norrin_strange (Fala-me) 12 de marzo de 2014 ás 15:20 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de marzo de 2014 ás 22:29 (UTC)[responder]

Estatísticas de participación de usuarios[editar a fonte]

Boas. Traballo nun centro educativo e nunha asignatura poñemos ás alumnas e alumnos a traballar na wikipedia. O obxectivo é que demostren o seu dominio dun tema científico e que comecen a dominar as ferramentas wiki. Para avaliar preciso saber cales son as súas aportacións. Sabendo o seu nome de usuario podo facelo mirando en "contribucións do usuario", claro, pero precisaría algo un pouco mellor. Sei que hai ferramentas estatísticas para iso, pero non teño claro cal é a maneira más rápida e cómoda. Ademais, preciso que sexa unha ferramenta interwiki, porque preciso coñecer as súas aportacións sexa o idioma que sexa, en Commons, etc. Se me podedes orientar ó respecto estaría moi agradecido.--AArizaga (conversa) 20 de marzo de 2014 ás 12:21 (UTC)[responder]

(respondido na páxina de usuario) --Estevo(aei)pa o que queiras... 20 de marzo de 2014 ás 12:41 (UTC)[responder]
Tamén podes consultar esta páxina que comenta algunhas ideas sobre esas tarefas aínda que non indica ningunha ferramenta, nesta, tamén hai información sobre o tema e no apartado 6 hai algunhas ferramentas, o malo é que varias precisan acceso ó servidor de datos. Se podo axudarche en algo non dubides en comentarmo na miña páxina de usuario. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de marzo de 2014 ás 01:10 (UTC)[responder]
Eli, cando sexa así, podes solucionar o dos corchetes con isto. . HombreDHojalata.conversa 21 de marzo de 2014 ás 12:22 (UTC)[responder]
Grazas HombreDHojalata! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de marzo de 2014 ás 22:43 (UTC)[responder]

Arquivado[editar a fonte]

(Off Toppic) - Habería que mover a arquivo xa, non? Levamos máis de 100 mensaxes! --Norrin (Fálame) 21 de marzo de 2014 ás 12:30 (UTC)[responder]
Feito! Arquivado--. HombreDHojalata.conversa 21 de marzo de 2014 ás 23:11 (UTC)[responder]

Movemento[editar a fonte]

Cómpre arranxar as redireccións cara a Republica Serbia (erro ortográfico), e mover o artigo a República Serbia. --Norrin (Fálame) 3 de abril de 2014 ás 13:57 (UTC)[responder]

Xa o fixen eu. --AMPERIO (conversa) 3 de abril de 2014 ás 13:58 (UTC)[responder]

Contraste de opinións no artigo Felipe Criado Boado[editar a fonte]

Ola. Solicito un punto de vista neutral sobre este artigo: "Felipe Criado Boado". A miña única achega foi incluir un "cómpre referencia", como poden ver aquí. Isto foi revertido desta maneira. Logo produciuse este diálogo: primeiro isto pola miña parte, logo esta resposta e, por último, a miña resposta. Pola miña parte, non quero continuar desa maneira con ese debate, por implicacións persoais como explico en detalle nas páxinas de conversa e porque é un tema moito máis amplo no que non me apetece entrar. Dúas frases son críticas: "os seus estudios e traballos son seguidos pola Xunta de Galicia no plantexamento arqueolóxico e investigacións"; "as súas teorías e achegas son actualmente as que definen a política arqueolóxica da Xunta de Galicia". Aparte de que non están ben xustificadas, non son en absoluto neutrais tendo en conta o contexto da arqueoloxía galega: probablemente a xente que non estea versada neste tema non entenda o que quero dicir, pero podería aclaralo máis se pensades que é necesaria máis información. Creo de veras que é necesario modificar esa redacción ou manter o "cómpre referencia". Polo demais, sinceramente prefiro deixalo en mans de administradores. Moitísimas grazas e desculpas polo esforzo requirido.--AArizaga (conversa) 3 de abril de 2014 ás 18:22 (UTC)[responder]

Ola! Non coñezo o señor ao que se lle adica o artigo, nin o trasfondo, que penso que podo dar unha opinión neutral. Primeiro que o estar implicado ou coñecer a unha persona impide o poder editar un artigo por motivos evidentes, e xamais ode ser unha xustificación para aportar un dato, xa que a Wikipedia non é unha fonte primaria. Entrando no tema en si das edicións, coido que é totalmente preciso que esas frases leven referencia, e aínda máis, tal como están redactadas desde o meu punto de visto é posible que lles falte neutralidade. Agardo ter sido de axuda, e aquí estamos para o que faga falla. Un saúdo!--Adorian (conversa) 3 de abril de 2014 ás 20:43 (UTC)[responder]

Abrín a conversa do artigo para que se debata alí, de forma tranquila e ordenada, o problema e se trate de chegar a un consenso. Os interesados poden achegar alí o seu punto de vista, información e referencias. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de abril de 2014 ás 10:26 (UTC)[responder]

Mais movementos[editar a fonte]

Boas, cómpre facer mais movementos:

Grazas! --Norrin (Fálame) 4 de abril de 2014 ás 08:50 (UTC)[responder]

Ollo! Para Xibutí, por exemplo, tamén hai referencias (ao comezo do artigo), e pode quedar como redirección. Para Úlster (con acento) non hai, así que cómpre eliminalo. --Norrin (Fálame) 4 de abril de 2014 ás 10:25 (UTC)[responder]
@Norrin strange: Si pero o seu sería que todas as categorías redirixan cara Djibuti non? O mesmo os artigos que no título apareza Djibuti en lugar de Xibutí. Se non o deixo xa como esta e creo unha redirección.--AMPERIO (conversa) 4 de abril de 2014 ás 10:27 (UTC)[responder]
@AMPERIO: Non, as categorías elimínanse; referíame á redirección ao artigo só. --Norrin (Fálame) 4 de abril de 2014 ás 10:32 (UTC)[responder]
Hai tamén problemas coa Conversa:Guadalaxara, España --Norrin (Fálame) 4 de abril de 2014 ás 10:50 (UTC) Feito! Feito! --AMPERIO (conversa) 4 de abril de 2014 ás 11:05 (UTC)[responder]

Grazas AMPERIO! --Norrin (Fálame) 4 de abril de 2014 ás 11:20 (UTC)[responder]


Cómpre asemade mover Getafe a Xetafe (ver referencias na conversa). --Norrin (Fálame) 7 de abril de 2014 ás 10:09 (UTC)[responder]
@Norrin strange: xa o tes. --AMPERIO (conversa) 7 de abril de 2014 ás 10:24 (UTC)[responder]

Cando cambiedes os artigos porque un nome de cidade é incorrecto deberíamos cambiar tamén tódalas páxinas que apuntan a el porque se non esas páxinas quedarán co termo incorrecto e posiblemente tardarán moito en amañarse. Estou falando por exemplo, agora mesmo, de tódalas páxinas que ligan con Getafe e as que están na súa mesma situación. Xa sei, é importante que o artigo teña o nome correcto pero tamén é moi importante que o resto dos artigos teñan a ligazón correcta (e incluso hai moitos casos nos que se usa o nome incorrecto sen poñer ligazón ó artigo!, eses hai que buscalos directamente), e como sempre dicimos na Galipedia: sempre é mellor a calidade que a cantidade. É dicir, podemos cambiar tódolos artigos que teñen o nome mal, e tardaremos X, pero se non o facemos correctamente quedarán miles de páxinas cos nomes dos artigos mal, co cal a Galipedia terá incorreccións, diminución de calidade... Se o facemos como digo eu tardaremos moito máis, pero acadaremos unha maior calidade. Pido por tanto que estes cambios se fagan de forma máis ordenada, revisando para cada cidade todos os artigos que usan o nome incorrecto e cambialos antes de seguir co seguinte movemento. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de abril de 2014 ás 09:35 (UTC)[responder]

Uy... eu teño feita unha lista que de cando en vez reviso. Mais sempre haberá ligazóns dende Getafe ou Toulouse, iso é inevitábel! A xente crea as ligazóns, e por iso cómpre botar un ollo de cando en vez. Por iso penso que é importante facer o movemento antes, para que a xente vexa cal e o título correcto e non ligue máis cara ao incorrecto. --Norrin (Fálame) 15 de abril de 2014 ás 09:50 (UTC)[responder]
Xa non hai máis ligazóns a Getafe (quedan, eso si, os textos sen ligazón, pero iso xa será para outra vez), borrei as que quedaban e borrei a redireción. Vou revisar agora Toulouse. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de outubro de 2014 ás 18:50 (UTC)[responder]
Idem con Toulouse, non tiña páxinas que o ligaran. Así cando un usuario poña as ligazóns a esas cidades saberá que non existen en galego, aí está a importancia deste traballo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de outubro de 2014 ás 18:52 (UTC)[responder]
Ó final restaurei Getafe e Toulouse xa que son os nomes oficiais na súa lingua, borrei Burdeos e Grenlandia que non o son nin teñen referencias en galego. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de outubro de 2014 ás 00:49 (UTC)[responder]

Quenia → Kenya[editar a fonte]

Kenya

Segundo o DRAG a forma é Kenya: kenyano. Tamén non sei se é posible cambiar o nome da categoría "Categoría:Estadios de fútbol de Brasil" a "Categoría:Estadios de fútbol do Brasil", xa que segundo o mesmo dicionario Brasil leva artigo diante. Saúdos e grazas! Adorian (conversa) 8 de abril de 2014 ás 21:04 (UTC)[responder]

Para Quenia entón non hai referencias? --AMPERIO (conversa) 9 de abril de 2014 ás 14:12 (UTC)[responder]
Seguramente en UVigo e en UDC tomen Quenia, habería que comprobalo. Se hai referencias, pode quedar como redirección. --Norrin (Fálame) 9 de abril de 2014 ás 14:17 (UTC)[responder]
Pero esas referencias son anteriores ao pronunciamento da RAG, e desde o momento que a DRAG inclúe no seu dicionario que Kenya é a forma correcta, desde o meu punto de vista deixan de ter valor a non ser que houbese referencias expresas que indicasen que polo motivo que fose as indicacións da RAG non se empregan en sitio ningún.--Sernostri (conversa) 9 de abril de 2014 ás 14:20 (UTC)[responder]
Entendo eu que deixar como redirección "Quenia" non fai mal algún. Tamén temos como redirección Toulouse, e segundo a RAG é Tolosa. A política di que topónimos con uso poden quedar como redirección. Entendo que nunha lingua como a nosa, en proceso de normalización e normativización (aínda incompleto!), estas situacións de vacilación son normais, e cómpre facilitar as cousas aos usuarios. Se "Quenia" fose absolutamente inexistente, pois poderíamos eliminalo, mais a nosa fonte tampouco é un estudo sesudo e expreso da RAG, é un dicionario, no que os topónimos aparecen de xeito circunstancial. O día en que a RAG saque un catálogo de exónimos pois as cousas mudarán, mais a día de hoxe non o temos, e por iso andamos con varias fontes, dándolle preferencia á RAG (iso si). --Norrin (Fálame) 9 de abril de 2014 ás 14:36 (UTC)[responder]
E cos Kenia que facemos?--AMPERIO (conversa) 9 de abril de 2014 ás 14:48 (UTC)[responder]
Pois o mesmo. Agora, non deben aparecer. É como o caso de Djibuti. --Norrin (Fálame) 9 de abril de 2014 ás 15:06 (UTC)[responder]

Feito! Feito!, xa están movidos o artigo e as categorías.--AMPERIO (conversa) 9 de abril de 2014 ás 16:09 (UTC)[responder]

Estambul

Ademais de Kenya, é preciso mover "Istambul" a "Estambul", véxase a entrada da RAG para "bizantino". --Norrin (Fálame) 9 de abril de 2014 ás 10:16 (UTC)[responder]

Xacob

Noutro eido, cómpre mover Xacobe a Xacob, que é o termo empregado na versión galega da Biblia. --Norrin (Fálame) 9 de abril de 2014 ás 11:17 (UTC)[responder]

Nova España

Tamén pódese mover Vicerreinado de Nueva España a Vicerreinado de Nova España - ver conversa. --Norrin (Fálame) 9 de abril de 2014 ás 15:07 (UTC)[responder]

Cidade de Panamá[editar a fonte]

Habería que mover o artigo Cidade de Panamá - Ciudad de Panamá segundo a nova política de topónimos. Saúdos!--Adorian (conversa) 9 de abril de 2014 ás 21:26 (UTC)[responder]

Feito! Feito! por AMPERIO. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de abril de 2014 ás 09:02 (UTC)[responder]

Máis movementos[editar a fonte]

Cómpre facer os seguintes movementos:

Formas RAG
Hai algunha referencia para Istambul? --AMPERIO (conversa) 14 de abril de 2014 ás 15:11 (UTC)[responder]
Si, na Diciopedia por exemplo empregan "Istambul". --Norrin (Fálame) 14 de abril de 2014 ás 15:15 (UTC)[responder]
E en casos nos que a RAG si se pronuncia non será mellor usar só a forma da RAG? Quero dicir, que o Istambul da Diciopedia en principio non é normativo.. ou si?--AMPERIO (conversa) 14 de abril de 2014 ás 15:17 (UTC)[responder]
Queda como redirección, non como forma válida. A normalización dunha lingua non é un proceso de dous días, e tampouco e que a referencia da RAG (aínda que válida) sexa moi forte; non é un Atlas avalidado pola RAG, é un exemplo nun dicionario. Quero dicir, as redireccións deben ser unha axuda: así, un lector que pense que é "Istambul" (que ten uso en galego) vai á páxina e ve que a RAG di que é "Estambul". --Norrin (Fálame) 14 de abril de 2014 ás 15:24 (UTC)[responder]
Formas dobres
Outros movementos (forma galega e simplificar)

Grazas! --Norrin (Fálame) 14 de abril de 2014 ás 14:43 (UTC)[responder]

Nova proposta de artigo de calidade[editar a fonte]

Abrín unha votación para artigo de calidade do artigo Krzysztof Penderecki, non sei se é aquí onde teño que avisalo para os anuncios. Piquito (conversa) 15 de abril de 2014 ás 10:13 (UTC)[responder]

Feito! Feito!--AMPERIO (conversa) 15 de abril de 2014 ás 10:15 (UTC)[responder]

Máis movementos e dúbida[editar a fonte]

É preciso mover o artigo de Belice a Belize, así como as categorías correpondentes, xa que así o recolle a RAG. Deixei unha dúbida sobre un topónimo na Conversa:Mediodía-Pirineos. Saúdos!--Adorian (conversa) 16 de abril de 2014 ás 14:12 (UTC)[responder]

Sitenotice[editar a fonte]

Dou o aviso no sitenotice de que comeza a votación para calidade do artigo Atlanta. --AMPERIO (conversa) 18 de abril de 2014 ás 16:57 (UTC)[responder]

Pois a min non me aparece o aviso, hai que revisar isto porque se non sae o aviso ós usuarios rexistrados non paga a pena pasar o traballo en poñelo! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de abril de 2014 ás 08:20 (UTC)[responder]

Cómpre mover Fidxi - Viti á forma simple e referenciar o topónimo. --Norrin (Fálame) 28 de abril de 2014 ás 07:43 (UTC)[responder]

Feito! Feito!. --AMPERIO (conversa) 28 de abril de 2014 ás 08:00 (UTC)[responder]
Faltaba cambiar as ligazóns a Fidxi - Viti e borrar a páxina Fidxi - Viti, agora si está listo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de abril de 2014 ás 08:35 (UTC)[responder]

Fusión "Serra da Enciña da Lastra".[editar a fonte]

Boas. Hai uns días propuxen na Taberna (ver proposta) fusionar os artigos Serra de Enciña de Lastra e Serra da Enciña da Lastra. HombreDHojalata mostrou o seu acordo e, ao non ver máis comentarios, hoxe decidín preparala. Fun seguindo os pasos que hai nas instrucións para a fusión de artigos: espero que o fixese ben e non haxa erros meus que vos dean moito traballo. En definitiva, trátase de que o artigo definitivo sexa Serra da Enciña da Lastra, que é un dos que xa existía previamente. Graciñas. --vilachan (conversa) 27 de maio de 2014 ás 12:33 (UTC) Feito! Feito! Xa foi feito fai tempo. As tarefas que estean rematadas sería bo que se marcaran como feitas así despois non temos que revisar as mensaxes antigas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de outubro de 2014 ás 18:26 (UTC)[responder]

Outra proposta de artigo de calidade[editar a fonte]

Abrín unha votación para artigo de calidade do artigo Lista das óperas máis importantes, creo que é aquí onde teño que avisalo para os anuncios. Piquito (conversa) 22 de xuño de 2014 ás 20:21 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de xuño de 2014 ás 23:41 (UTC)[responder]

Dúas propostas máis[editar a fonte]

Abrín dúas votacións para elixir artigos de calidade os artigos de Pontedeume e Boston Bruins, para que se alguén quere as anuncie. Piquito (conversa) 3 de xullo de 2014 ás 18:17 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de xullo de 2014 ás 21:24 (UTC)[responder]

Unha proposta máis para calidade[editar a fonte]

Boas, acabo de abrir unha nova proposta para elixir como artigo de calidade a Alfa Canis Majoris, para que quen queira anuncie a votación. Un saúdo, Piquito (conversa) 11 de agosto de 2014 ás 23:03 (UTC)[responder]

Fusión Libro dos Asentamentos con Landnámabók[editar a fonte]

O artigo Libro dos Asentamentos está preparado para ser fusionado (o historial) con Landnámabók.--Angeldomcer (conversa) 22 de agosto de 2014 ás 09:58 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de agosto de 2014 ás 23:08 (UTC)[responder]

Superprotección[editar a fonte]

O 10 de agosto de 2014 a Fundación Wikimedia deu un dereito engadido de "superprotección" -concedido ao grupo de usuarios do 'Staff'- o que pode facer que as páxinas non se poidan editar mesmo para administradores, creando así unha nova xerarquía onde os administradores xa non son os usuarios de maior confianza nas nosas wikis.

Máis información aquí.

--Estevo(aei)pa o que queiras... 23 de setembro de 2014 ás 11:37 (UTC)[responder]

Fixen un pequeno apaño na tradución que non era moi correcta. Os dereitos de superprotección son un ataque ás comunidades das wikis xa que son outorgados pola Fundación ós seus traballadores para facer cambios nas wikis con ou sen a aceptación dos usuarios. A mágoa desta protesta é que está mesturada pola oposición da wiki-en e a wiki-de á implantación por defecto do Editor Visual. É certo que saltou por iso, pero penso que deberían ser discusións diferentes. Os que queiran mostrar o seu rechazo, ollo, ós dous movementos da Fundación (a superprotección e o Editor Visual), poden firmar nesta páxina. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de setembro de 2014 ás 17:44 (UTC)[responder]

Axuda en Galicitas[editar a fonte]

Boas! Non sei se alguén será tamén administrador en Galicitas, mais teño problemas cos modelos de citacións e demáis, coas categorías, coas referencias... supoño que o MediaWiki e demáis caralladas estará un pouco desactualizado, así que se alguén pode botarlle un ollo estaría ben. Moitas grazas! --Norrin (Fálame) 8 de outubro de 2014 ás 13:12 (UTC)[responder]

Esta é a lista de usuarios de Galicitas: q:Especial:Usuarios_activos. Nove. Case todos bots, patrulleiros contra vandalismos, renomeadores de usuarios....
Dende hai meses, ou anos, realmente os únicos usuarios activos somos o q:Especial:Contribucións/Calq e máis eu.
E esta a lista de administradores: q:Especial:Lista_de_usuarios/sysop. Só un meta-administrador que apareceu fai pouco. Ata o de agora non había ninguén.
Un día o pecharán, como se fai habitualmente cos proxectos faltos de actividade :-( --. HombreDHojalata.conversa 8 de outubro de 2014 ás 19:42 (UTC)[responder]
Creo que a versión do software si está actualizada, ten a 1.25wmf2 igual que aquí. Só vin algo desactualizado o xestor de base de datos pero non penso que iso afecte.... Ó mellor o problema é que faltan modelos ou algún ficheiro de configuración, podes dicirnos exactamente que páxina che da erro para revisala? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de outubro de 2014 ás 22:33 (UTC)[responder]
Pois así a bote pronto, o q:Modelo:Cita web e o q:Modelo:Cita novas crean dúas ligazóns url no canto dunha, aparece o de [url título] e [url]. Tamén, as referencias aparecen aquí máis pequenas, e o tamaño alí é maior (excesivo, diría eu). Porén, os modelos son iguais ca os da Galipedia... Non sei. Sí que é unha bágoa que deixemos morrer proxectos nosos... Habería que tentar motivar máis aos colaboradores. Eu teño a idea, por exemplo, de dicir: "Artigo de Calidade? → "Con citas en Galicitas" e demáis. --Norrin (Fálame) 9 de outubro de 2014 ás 06:42 (UTC)[responder]
Revisei eses modelos e os modelos que usan e non atopo o problema, non entendo por que sae así... Síntoo :( Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de outubro de 2014 ás 10:16 (UTC)[responder]

Movementos[editar a fonte]

Alguén pode mover Miguel Ángel Blanco Garrido a Miguel Ángel Blanco? (nome máis común, o actor é coñecido como "Mighello Blanco"). Na mesma liña, mover Departamento de Somme a Somme (uso máis extendido, os outros usos de Somme levan algo máis no título, comparar outras wikis), Departamento de Var, Departamento de Tarn e demáis. --Norrin (Fálame) 13 de outubro de 2014 ás 15:27 (UTC)[responder]

Feito! Feito!; pendente revisar as redireccións. --Estevo(aei)pa o que queiras... 14 de outubro de 2014 ás 08:29 (UTC)[responder]

Hola! Alguén pode mover Modelo:IOT a outro nome? O código ISO "IOT" está reservado para o Territorio Británico do Océano Índico, que non ten modelo de bandeira actualmente. O actualmente en uso para o Imperio Otomán podería moverse a algo coma "ITM" ou "IMO". Grazas! —o anterior comentario sen asinar foi feito por ‎72.5.190.134 (conversacontribucións)

Feito! Feito!. Movido a Modelo:IMO. --Estevo(aei)pa o que queiras... 15 de outubro de 2014 ás 09:37 (UTC)[responder]

Máis movementos[editar a fonte]

Boas, alguén podería mover:

A xustificación destes movementos é a mesma: nomé máis común. Ademáis, a homonimia con accidentes xeográficos non é problema, xa que os ríos sempre deben levar o "Río" diante (WP:CDN). Moitas grazas! --Norrin (Fálame) 16 de outubro de 2014 ás 06:45 (UTC)[responder]

Insisto, algún administrador podería facer os movementos? --Norrin (Fálame) 20 de outubro de 2014 ás 06:12 (UTC)[responder]
Engado tamén Lorena (rexión) a Lorena. --Norrin (Fálame) 20 de outubro de 2014 ás 06:28 (UTC)[responder]
Feito! Feito! por HombreDHojalata. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de outubro de 2014 ás 17:29 (UTC)[responder]

Máis movementos[editar a fonte]

Boas, alguén podería mover as seguintes páxinas, conforme WP:NPP?

Unha xustificación un pouco máis ampliada poder verse en Conversa:Alexandre I.

Moitas grazas! --Norrin (Fálame) 29 de outubro de 2014 ás 07:18 (UTC)[responder]

Revogación (parcial) de status de bots[editar a fonte]

Ola a todos. Vou explicar aquí unha decisión que tomei sobre a revogación dos status de bots [Wikipedia:Bots/Petici%C3%B3ns_de_aprobaci%C3%B3n#Revogaci.C3.B3n_de_inactivos._Addbot_e_outros_32|que se propuxo hai unhas datas]. A votación foi favorábel á súa revogación, mais un dos bots protestouna cun voto particular (CasracBot).

Non me pareceu correcto retirarlle directamente o status de bot a Casrac sen escoitar ben a súa opinión. Ben é verdade que xa a puido expresar na páxina da votación, pero tamén entendo que a barreira lingüística e a falta de comunicación persoal anterior puido axudar a este silencio tamén.

Tamén creo que, neste caso, non custa nada ser prudente. En primeiro lugar, porque un bot inactivo non é un perigo inminente para a saúde da comunidade. Tamén porque a fórmula da votación, que afecta a 32 contas ao mesmo tempo, por forza dá espazo a que haxa pequenas "inxustizas" ao tratar a todas as contas por igual.

Así que tomei as seguintes decisións:

  • revogar todos os demais status de bot.
  • darlle unha semana de marxe a Casrac para xustificar a súa opinión: https://nl.wikipedia.org/wiki/Overleg_gebruiker:Carsrac#gl:Wikipedia:Bots.2FPetici.C3.B3ns_de_aprobaci.C3.B3n
  • ao cabo dunha semana (é dicir, o vindeiro martes, ou máis probablemente o vindeiro xoves, porque vou iniciar unhas vacacións de desconexión total de 3 días), revogarei o seu status. Se Casrac contesta a decisión, a comunidade reexaminará a súa situación particular, tendo en conta que a decisión orixinal foi de revogación, e que, ante calquera dúbida, aplicarei a revogación.

Quero que quede claro que non estou con isto discrepando nin ignorando a decisión da comunidade. Só estou tentando que as decisións que tomamos todos se entendan mellor e se apliquen da forma que menos incomodidade cause os afectados. --Xabier Cid Talk 2 me, please 3 de febreiro de 2015 ás 06:50 (UTC)[responder]

Podedes ler a súa resposta. Dado que o que di non contradí o votado (leva máis dun ano inactivo), vou revogarlle os seus permisos. Con todo, deixo o período ata dentro dunha semana para que poidades achegar opinións diferentes, reabrir a votación ou o que queirades. --Xabier Cid Talk 2 me, please 3 de febreiro de 2015 ás 12:46 (UTC)[responder]
Perfecto Xabier. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de febreiro de 2015 ás 14:16 (UTC)[responder]
Eu entendo que se lle revogas os dereitos de bot fastídiaslle un pouco o código pero como vos vexades. A min non me molesta que teña o status de bot, e nunca se sabe se pode volver a editar.--AMPERIO (conversa) 3 de febreiro de 2015 ás 14:39 (UTC)[responder]

Avisos ós usuarios bloqueados[editar a fonte]

Non sei se isto xa estará nalgunha páxina ou non, eu penso que non. A idea é que cando se bloquee a algún usuario se lle deixe unha nota na súa conversa indicando a razón e a duración do bloqueo. Penso que isto é interesante tanto para o propio usuario coma para o resto da xente. Ademais penso que pode ser un toque de atención ás IPs de centros docentes, e pode ser que se algún docente ve eses avisos se preocupe de ver o que pasa. Non sei que vos parece... Saúdos, Elisardojm (conversa) 9 de febreiro de 2015 ás 16:40 (UTC)[responder]

Paréceme boa idea a túa proposta. Véxolle un problema co que comentas dos centros: A IP é sempre a mesma para un centro ou vai cambiando? Se cambia non serve de moito que algún profesor dun centro que non tivo nada que ver vexa o aviso. Quitando ese punto, que espero alguén saiba responder, paréceme ben. --AMPERIO (conversa) 9 de febreiro de 2015 ás 17:03 (UTC)[responder]
Creo que nuns casos si e noutros non, pero non estou seguro, pero como tampouco é moito traballo deixar un aviso... Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de febreiro de 2015 ás 12:16 (UTC)[responder]
Sen coñecer de primeira man como teñen montado o sistema, o normal sería que nos centros escolares teñan un proxy para rutear o tráfico das salas de informática, o que non cambiaría a IP pública, de feito as edicións de varios ordenadores da mesma sala aparecerán case seguro coa mesma IP. Tamén poden ter un rango de IPs asignadas, que só se diferenciarían entre sí nos últimos 3 díxitos... coma opinión persoal, bloquear a conta e deixando aviso na conversa da IP, pero sen quita-la de crear contas individuais sería a mellor opción, así quen realmente queira contribuír dende ese centro pode crea-la súa conta sen que lle afecte o bloqueo da IP. Banjo tell me 11 de febreiro de 2015 ás 12:35 (UTC)[responder]

Engadín a parte da historia dende Club (organización) ao artigo final Club, a redacción do resto varía pero a información e contido é o mesm en ámbolos dous artigos. Algun admin podería fusionar os historiais? Grazas! Banjo tell me 20 de febreiro de 2015 ás 12:54 (UTC)[responder]

Aproveitando, Nomenclatura das unidades territoriais estatísticas e NUTS deberían fusionarse tamén, pasei o contido todo a NUTS, quitei tamén a maioría da info que había, que soamente trataba a Portugal, o contido que queda é o máis completo e xeralizado para toda a UE. Banjo tell me 20 de febreiro de 2015 ás 13:16 (UTC)[responder]
Feito! Feito! polo mesmo Banjo :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de marzo de 2015 ás 16:25 (UTC)[responder]

West Side Story[editar a fonte]

Bos días.

Teño un problema que espero me poidan axudar a resolver.

Hai un par de semanas decidín crear as páxinas de West Side Story e West Side Story (película). Unha vez feito, deime de conta de que os enlaces a West Side Story, que normalmente fan referencia á película (coma, por exemplo, na páxina dos Oscar) quedaron enlazados coa páxina do musical porque foi a páxina que nomeei como "West Side Story" a secas. Ocorréuseme que se movía esta páxina a "West Side Story (musical)" e despois a do filme a "West Side Story" sen máis, quedaría arreglado, pero non contaba con que a páxina de "West Side Story" seguiría existindo e redireccionando ó musical, polo que non puiden facer este cambio.

A miña pregunta é como podo facer para que a páxina que trata sobre a película se nomee "West Side Story" a secas e a do musical "West Side Story (musical)" sen ser redireccionada da anterior, de maneira que tódalas referencias que aparecen sobre a película noutras páxinas da Galipedia estén vinculadas coa páxina da película.


Desculpen toda esta lea. Agradecerei calquer comentario ou axuda que me poidan proporcionar.

--Galathil7 (conversa) 26 de febreiro de 2015 ás 13:27 (UTC)Galathil7[responder]

Feito! Feito! Creo que xa está como queres, revisa por se falta algo máis. Saúdos, Elisardojm (conversa) 26 de febreiro de 2015 ás 14:30 (UTC)[responder]

Pido desculpas de antemán por escribir aquí sen ser administrador. Galathil7 e Elisardojm, discordo coa proposta de chamarlle West Side Story á película, xa que o que se fixo primeiro foi o musical e non a película (como en moitos outros casos). Por outra banda, creo que non hai que darlle unha cana de pescar ao pobre, senón ensinarlle a pescar... Non sei cómo se adoita facer neses casos, eu o que fago é mirar as páxinas que ligan coa que dá problemas (neste caso West Side Story) e ir unha a unha vendo se hai que cambiar a ligazón interna, por se a Galathil7 lle axuda no futuro, aínda que non sei se está ben explicado. Un saúdo!! Piquito (conversa) 26 de febreiro de 2015 ás 14:39 (UTC)[responder]
Propoño dúas opcións: ou a primeira opción ("West Side Story" para o musical e "West Side Story (pelicula)") ou deixar West Side Story como páxina de homónimos... para min a mellor é a primeira. Piquito (conversa) 26 de febreiro de 2015 ás 14:50 (UTC)[responder]
Non tes que desculparte por escribir aquí Piquito, aquí pode escribir todo o mundo. O que si penso que hai que facer é pasar esta conversa ó artigo para que quede alí reflexada, vouna copiar agora e poñer alí o meu comentario.
E tes razón que é mellor explicar as cousas ós que non saben que facelas, tiña pensado facelo cando tivera outro momento libre :) Deixareille unha nota a Galathil na súa conversa. Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de febreiro de 2015 ás 01:34 (UTC)[responder]
Moitísimas grazas pola axuda. Está perfecto. Aínda que é certo que debería aprender a facer estas cousas por se no futuro volvo atoparme nunha situación similar, polo que agradecerei calquera explicación ou comentario. Estou de acordo en que é bo saber face-las cousas por un mesmo e aprender todo o posible.
En canto o comentario de Piquito sobre o nome das páxinas, precisamente quixen respecta-la cronoloxía e por iso nomeei ó musical soamente como "West Side Story" e engandín a indicación de "(película)" para o filme. Pero despois decateime do problema das ligazóns e pareceume máis sinxelo cambiar os títulos que non modificar tódalas demais páxinas que facían referencia ó filme. Xa digo que me pareceu, porque logo non fun quen de solucionalo de forma axeitada. Creo que xa quedou claro que aínda non teño moita experiencia por aquí e por iso parecíame arriscado modificar tantas páxinas, por se logo creaba un problema maior. Outro motivo da miña decisión foi o feito de ver que non existe aínda unha categoría para obras musicais, polo que parecía que a páxina "principal" estaba menos traballada cá da película, ó non poder incluíla nunha categoría clara.
Grazas de novo por tódalas aportacións.

--Galathil7 (conversa) 27 de febreiro de 2015 ás 10:16 (UTC)Galathil7[responder]

Algún admin pode movelas ao espazo de nomes de usuario sen deixar redirección para que non aparezan como artigos? Eu non teño permisos suficientes para movelas ahí. Grazas! Banjo tell me 12 de marzo de 2015 ás 15:02 (UTC)[responder]

Se non me trabuco, esas páxinas EditCounterOptIn.js xa están no espazo de nomes de usuario en Usuario:Miguelferig/EditCounterOptIn.js e Usuario:Atobar/EditCounterOptIn.js . Só hai que borrar as que dis ti, non Banjo? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de marzo de 2015 ás 18:31 (UTC)[responder]
O máis correcto (e traballoso) sería fusionar ambas en cada caso para non perder historial, deixando coma final o contido das que non están en "usuario:" xa que foron creadas máis tarde.... Agora ben, tendo en conta que son páxinas creadas no sitio incorrecto e que non importa o contido que teñan para o contador de X! tools, creo que por facilidade e non darlle moitas voltas pódense borrar sen problemas. A os dous usuarios non lle vai afectar para o uso desa ferramenta, e o historial neste caso non é importante. Quedan marcadas para o seu borrado. Banjo tell me 12 de marzo de 2015 ás 19:10 (UTC)[responder]
Feito! Feito! por HombreDHojalata. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de marzo de 2015 ás 01:21 (UTC)[responder]

Marcadores de avisos de bloqueo[editar a fonte]

Boas! Adaptei tres modelos de avisos de usuario relativos a bloqueos dende a wiki inglesa, {{au-bloqueo}} para usuarios rexistrados, {{au-bloqueoIP}} para enderezos IP e {{desbloqueo}} para as peticións de desbloqueo. Engadinos en Wikipedia:Avisos de usuario e Modelo:Modelos principais para que estean ben localizables. Canto menos haxa que usalos mellor, pero polo menos así están ahí preparados :) Banjo tell me 25 de marzo de 2015 ás 11:42 (UTC)[responder]

Grazas Banjo! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de marzo de 2015 ás 12:37 (UTC)[responder]

Aviso das páxinas[editar a fonte]

Boas!! Alguén podería retirar o anuncio das Primeiras xornadas Coñece a Galipedia na UDC? Remataron onte e segue posto o aviso. Grazas!! Piquito (conversa) 18 de abril de 2015 ás 14:19 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de abril de 2015 ás 21:27 (UTC)[responder]

Fusión de artigos[editar a fonte]

Ola. Acordáronse fusionar os artigos Vieiros (revista) e Vieiros. Revista do Padroado de Cultura Galega de México posto que ambos fan referencia á mesma publicación. Considérase mellor manter o nome de Vieiros (revista) debido á menor extensión e á maior facilidade de busca.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Litgal2015 (conversacontribucións) 23 de abril de 2015 ás 18:34‎

Feito! Feito! por Banjo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de abril de 2015 ás 21:14 (UTC)[responder]

Problemas de visibilidade[editar a fonte]

Ola, levamos a cabo unha entrada na Galipedia sobre o Premio de ensaio Ramón Piñeiro pero por algunha razón esta non sae como pública e só e visibel se entramos co noso usuario e contrasinal, ademáis as referencias aparecen xunto cos enlaces externos e non comprendo por que. Precisamos axuda. Grazas —o anterior comentario sen asinar foi feito por LiteGalMalicia (conversacontribucións)

Fusión de artigos[editar a fonte]

Boas! Acabo de fusionar os artigos Arquitectura en pipeline e Arquitectura Pipe & Filter que crearan @s miñas/meus alumn@s na FIC durante a wikimaratón de hai unhas semanas. Se algunha persoa con responsabilidade de administración pode confirmar que a fusión está ben feita, e completar o proceso, xa reviso despois a fondo os contidos para deixar o artigo na súa versión definitiva (pero xa actuando sobre unha única versión). Graciñas!! --Laura M. Castro (conversa) 14 de maio de 2015 ás 11:00 (CET)

[editar a fonte]

Boas a todos, onte ó tentar cambiar o logo para celebrar o Día das Letras, fixen o de sempre, cambiar o Wiki.png, pero non funcionou. Entón lembrei unha mensaxe do xornal Tech news que dicía que dende esa os logos ían cargarse dende outro lado para que as páxinas fosen máis rápido. Despois de rebuscar e pedir axuda na canle IRC de wikimedia-tech conseguimos amañalo, comento aquí o que houbo que facer pero habería que buscar un sitio máis axeitado para documentar esta modificación, xa diredes onde se pode poñer. É o seguinte:

Para cambiar o logo da Galipedia hai que engadir a seguinte liña: #p-logo a { background-image: url("//upload.wikimedia.org/wikipedia/gl/archive/b/bc/20150516224413%21Wiki.png") !important; }</wiki> no ficheiro [[MediaWiki:Common.css]]. O ficheiro 20150516224413%21Wiki.png é o nome do ficheiro que ten o novo logo, neste caso é a dirección permanente do ficheiro. Ó mellor tamén funciona poñendo a dirección normal do ficheiro, neste caso sería <nowiki>//gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Wiki.png pero polo momento non o podo asegurar. Pode tardar un chisco en aparecer porque paréceme que ten que actualizarse no servidor antes de publicarse aquí. Para restaurar o logo normal simplemente hai que reverter o cambio. Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de maio de 2015 ás 00:42 (UTC)[responder]

Coido que sería cousa de abrir unha páxina técnica, de manuais, 'how to', de onde colgar todas estas cousas para que a xente (eu, por exemplo), poidera aprender e telas a man, más aló dos boletíns técnicos e esas cousas.--Agremon(contacto) 21 de maio de 2015 ás 06:07 (UTC)[responder]

Boas! Alguén pode borrar o {{Lieds de Gustav Mahler}}? O modelo foi movido a {{Lieder de Gustav Mahler}}, xa que o plural de Lied é Lieder e non "Lieds". Grazas! Piquito (conversa) 31 de maio de 2015 ás 20:21 (UTC)[responder]

Feito! Feito! por HombreDHojalata. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de xuño de 2015 ás 08:30 (UTC)[responder]

Teño unha dúbida sobre a validez da votación en sí, proposta por un usuario que non cumpre os requisitos especificados en Wikipedia:Votacións. A dúbida plantéxaseme xa que a política en sí non indica explícitamente a "apertura" de votacións, só a "participación". Conversas antigas ao respecto indican que si se teñen en cotna os requisitos para abrir as votacións, non só para votar. Alguén con experiencia en casos anteriores debería revisar isto para confirmar si se debe pechar. Grazas! Banjo tell me 5 de agosto de 2015 ás 16:33 (UTC)[responder]

No apartado de "Creación" da política de votacións indícase que "Poderán iniciar unha votación todos aqueles usuarios que cumpran os mesmos requisitos que para votar." --Norrin (Fálame) 6 de agosto de 2015 ás 06:43 (UTC)[responder]
Correcto Norrin, non o vira a primeira vez e por iso dubidaba. Grazas! Banjo tell me 6 de agosto de 2015 ás 06:45 (UTC)[responder]

Fusión de artigos[editar a fonte]

Fixen a copia do artigo Obxectos do cinto de Kuiper en Cinto de Kuiper para realizar a fusión. Non sei se está rematado así o proceso ou tería que borrar o contido do "obxectos..." e convertelo en redirección.

Referente a outra fusión que aparece no artigo Cinto de Kuiper, considero que o artigo Obxecto Clásico do Cinto de Kuiper en realidade debería ser fusionado con Cubewano, que creei sen saber que xa existía este artigo. O nome definitivo debería escollelo alguén con máis coñecementos no tema.--Jglamela (conversa) 30 de outubro de 2015 ás 10:32 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Fusión lista entre os dous primeiros. Obxecto Clásico do Cinto de Kuiper e Cubewano quedan marcados para fusión como indicas. Grazas! Banjo tell me 30 de outubro de 2015 ás 10:48 (UTC)[responder]

Mensaxe no MediaWiki[editar a fonte]

Recibín esa mensaxe mentres visito as páxinas e aínda que buscou non atopei este código.

Information: You are importing User:Lupin/popups.js into your common.js or <skin>.js! This script is unmaintained. Please remove this inclusion and enable the Navigation popups Gadget in the preferences of your account instead.

Pode saber onde realmente se atopa este código? MarceloRenard2 (conversa) 2 de novembro de 2015 ás 08:31 (UTC)[responder]

Ola MarceloRenard2. Se non tes o código importado en ningún dos teus .js, entón a mensaxe salta polo trebello "ventás emerxentes". Para que deixe de aparecer tes que desactivar este trebello nas túas PreferenciasTrebellosNavegación. Podes atopar algo máis de información sobre isto aquí. Banjo tell me 2 de novembro de 2015 ás 09:28 (UTC)[responder]

Grazas. MarceloRenard2 (conversa) 2 de novembro de 2015 ás 09:31 (UTC)[responder]

Guerra(s) de edicións[editar a fonte]

Boas! Escribo para avisar dun caso evidente de "guerra de edicións" no artigo Monte Pindo. Pódese ver con claridade na súa páxina de conversa. Especialmente, destaca a frase "aquí estarei para revertilo cantas veces sexa necesario". É un problema serio, porque sobre esas teorías etimolóxicas "peculiares" non existe de ningunha maneira acordo científico e isto seguramente afectará a outros moitos artigos, agora mesmo ou no futuro. En definitiva, a miña modesta opinión é que si era necesaria unha "reversión" ou como mínimo "aclaración" pero non da maneira que se está a facer. Aproveito para insistir con outro caso de conflictos de edición que me afectou persoalmente, pero no que non quixen seguir opinando por ter relación persoal directa co personaxe mencionado. Refírome ó artigo "Felipe Criado Boado" e ó debate que podedes ler na súa páxina de conversa. En concreto, sigo pensando que se debe rectificar ou eliminar as seguintes frases "Os seus estudios e traballos son seguidos pola Xunta de Galicia no plantexamento arqueolóxico e investigacións" e "As súas teorías e achegas son actualmente as que definen a política arqueolóxica da Xunta de Galicia". ¿Está demostrado iso? Sinceramente é unha afirmación moi pouco seria e non ten cabida nunha enciclopedia, a non ser que se redacte doutra maneira. Para min, aquel debate quedou "en suspenso" ou "pechado en falso", naquel momento. Moitas grazas polo voso traballo e apertas sinceras.--AArizaga (conversa) 23 de novembro de 2015 ás 13:25 (UTC)[responder]

Boas AArizaga, estou buscando información sobre o tema que comentas do Pindo. Parece ser que a sección con problemas é a da etimoloxía e polo que vin no artigo as referencias están baseadas nunha única investigación que sei ata que punto é fiable porque non coñezo abondo estes temas. Seguirei mirando un pouco máis pero se tes referencias a libros ou páxinas web de institucións fiables que avalen esa información sería moi importante que as achegues no artigo para poder verificalas. Se nun par de días non se poden atopar referencias de calidade para esa información, penso que ó mellor será eliminala.
Sobre o tema de Felipe Criado Boado, na páxina de conversa do artigo expuxen o problema, avisei a algúns dos usuarios que comentarios sobre o problema para que achegaran o seu punto de vista e as referencias pero ninguén comentou nada, polo que intentarei neutralizar o artigo eliminando as partes. O tema non quedou pechado en falso, simplemente quedou esquecido :), grazas por lembralo de novo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 24 de novembro de 2015 ás 13:59 (UTC)[responder]
Moi boas! Sobre o problema de etimoloxías "célticas", concordo contigo en que se trata dunha investigación "única" e pouco verificada cientifica e academicamente. Eu incluso diría "aillada", pese a que a min mesmo me parecen moi lóxicas ese tipo de relacións atlánticas. Pero non presentadas desta maneira. Hai aí un problema lingüístico de fondo sobre o que pouco podo aportar, sinceramente, aparte do grande escepticismo que penso que manifesta unha parte da comunidade científica. O correcto penso que sería matizar ese tipo de afirmacións etimolóxicas e presentalas como unha mera hipótese (non necesariamente eliminalas sen máis ¿?). Sobre o artigo de Felipe Criado, definitivamente agora está moito máis neutral e coherente. O outro era unha barrabasada sen unha argumentación que o xustificase. Desculpa que dixera "pechado en falso": efectivamente, non era iso. Graciñas e apertas!--AArizaga (conversa) 24 de novembro de 2015 ás 19:41 (UTC)[responder]
AArizaga o artigo do Monte Pindo xa foi amañado por Xabier Cid, hai máis detalles na páxina de conversa do mesmo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de decembro de 2015 ás 00:04 (UTC)[responder]

Goberno Provisional Ruso[editar a fonte]

Ola! Alguén pode anunciar a votación para artigo de calidade de Goberno Provisional Ruso que comezou hai uns días? Grazas. --Piquito (conversa) 2 de decembro de 2015 ás 11:20 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de decembro de 2015 ás 10:03 (UTC)[responder]

Search help[editar a fonte]

(Apologies for writing in English)

I’ve noticed that you have two help links on Especial:Procurar: one from MediaWiki:Search-summary, linking to this wiki, and one from MediaWiki core, linking to MediaWiki.org. If you want only one link (why not? it looks terrible with the two links over each other), delete MediaWiki:Search-summary and create MediaWiki:Search-helppage with Axuda:Procurar (without link). It works on my home wiki, huwiki. --Tacsipacsi (conversa) 23 de decembro de 2015 ás 20:42 (UTC)[responder]

Imaxe da semana[editar a fonte]

Alguén que entenda debería comprobar o que pasa coa imaxe da semana. --AMPERIO (conversa) 1 de xaneiro de 2016 ás 17:56 (UTC)[responder]

Feito --Banjo tell me 1 de xaneiro de 2016 ás 18:00 (UTC)[responder]
En realidade ao que me refería era á da semana seguinte, que aparece como 1/2017. --AMPERIO (conversa) 1 de xaneiro de 2016 ás 18:05 (UTC)[responder]
O luns cambiará a variable da semana e deberia arranxarse só. Podense forzar a man mentres se é preciso. Teño acceso limitado ata o domingo, polo momento non podo facer moito mais. Banjo 1 de xaneiro de 2016 ás 18:37 (UTC)

Escultura románica[editar a fonte]

Boasǃ Alguén pode anunciar a votación para artigo de calidade de escultura románica? Moitas grazas.--Victortpr (conversa) 5 de xaneiro de 2016 ás 17:10 (UTC)[responder]

Feito. Banjo tell me 5 de xaneiro de 2016 ás 22:38 (UTC)[responder]