Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Problemas varios/Arquivo 8

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un arquivo do Taboleiro dos administradores/Problemas varios

Nesta páxina atópanse os fíos de conversa tratados no Taboleiro dos administradores/Problemas varios que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema no Taboleiro.

< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9


O Artigo na Wikipedia en Galego encol do artigo sobre a "Uniom por Umha Democracia Nacional Galega" na Galipedia[editar a fonte]

O artigo UDNG está ao parecer, no meu ordenador, (no iPhone e no iPad sae ben), "baixo suspeita." Engado uns cantos datos cara a solución deste problema.

i) A conversa con Amperio:

Ola, legalizei ese partido no 14 de Xuño do ano 2006, o abandonei, segue a ser legal, e querería, ao menos coma algo testimonial, seguir agora dandolle algunha volta. De feito en Znet, onde publica moita xente de moito nivel,

non teñen problemas en que publique nela cousas, como entradas dun blog persoal, pero que soen aparecer en portada. O artigo The Sale of Galician Saving Banks

mesmo foi incluido, con outros documentos, nunha denuncia presentada ante a OLAF, a Oficina Anti-Fraude da Comisión Europea, que activará nuns días unha conta para intercambiar información sobre o caso. Iso me dixeron. Na Galipedia non consigo que quiten a mensaxe de "publicación dubidosa" da entrada encol da UDNG. Poderías editalo ti, por exemplo? Ou procurarme algún consello. Non sei moi ben como funciona a tua páxina. Supoño que terei que volver a visitala. Ou na miña páxina de usuario. Se queres pasarme a información ao meu correo, é este: fernando.santamaria.lozano@gmail.com --Fersanlo58 (conversa) 28 de decembro de 2018 ás 08:15 (UTC)Fersanlo58 (conversa) 28 de decembro de 2018 ás 12:25 (UTC)Fersanlo58 (conversa) 28 de decembro de 2018 ás 12:39 (UTC)Fersanlo58 (conversa) 28 de decembro de 2018 ás 12:42 (UTC)Fersanlo58 (conversa) 29 de decembro de 2018 ás 17:25 (UTC)[responder]

Engado:

ii) As conversas con "Amperio" que figuran na "conversa" da miña páxina de usuario Fersanlo58:

Prezado Fernando Santamaría Lozano: por favor, bótalle un ollo a Wikipedia:Conflito de intereses. Non se considera correcto editar sobre proxectos ou persoas cos que se ten unha relación persoal. Non obstante, anímoo a seguir editando na Wikipedia noutros campos de coñecemento. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras...

Fersanlo58 (conversa) 29 de decembro de 2018 ás 17:10 (UTC)== Conflito de interese == Boas tardes Fernando, por favor abstéñase de editar en UDNG, xa que supón exemplo claro conflito de intereses. Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 10 de decembro de 2018 ás 17:06 (UTC)[responder]

Xa expuxen o tema na tua páxina de "conversa" coma Administrador. (Figura no nº 40 no "Índice" de "conversas".)Fersanlo58 (conversa) 28 de decembro de 2018 ás 12:37 (UTC)Fersanlo58 (conversa) 28 de decembro de 2018 ás 12:41 (UTC)[responder]

En fin, "Amperio", podería vostede, canto teña tempo, explicarme qué podo fazer para ter un artigo encol da UDNG na Galipedia? Helena Villar Janeiro dixome polo Messenger que o seu artigo fixerao un tal Ramiro Torres. Tentei contatar con él, pero non o consigo. Tamén con Jorge Sierra Canduela, e o mesmo. E mesmo con Xose Carlos Solla Lago. Poderían fazelo dende EEUU? Fersanlo58 (conversa) 29 de decembro de 2018 ás 17:29 (UTC)[responder]

iii) Outra solución que se me ocurre, sería a de eliminar os "links" os blogs da UDNG e deixar só os enlaces aos artigos da prensa, á #15MPedia, e ao xa publicado en Znet. Pero lemnro que, se se leen con atención os textos, temos permiso do PNV para empregar os estatutos, acta notarial de constitución, e ficha no Registro de Partidos Políticos do Ministerio de Interior. A edición, polo demáis, atendendo as normas que se enumeran baixo o lema "conflito de intereses," na páxina correspondente, é "respetuosa".Fersanlo58 (conversa) 29 de decembro de 2018 ás 17:46 (UTC)Fersanlo58 (conversa) 29 de decembro de 2018 ás 17:48 (UTC)[responder]

Pregunta directa a Fernando Santamaria (@Fersanlo58:): Liches o que pon na páxina: Wikipedia:Conflito de intereses? --. HombreDHojalata.conversa 29 de decembro de 2018 ás 18:52 (UTC)[responder]

Resposta directa a "HombreDHojalata": Sí o lin. Liches ti todo o que expuxen enriba? Podes contestarme a algo. Se non, me parece que vou intentalo (cando teña tempo) na Wikipedia Inglesa, semella que hai menos trámites. Acabo de crear alí unha páxina de usuario e non é tan complicado como na Galega. A ver cómo funciona o resto. En fin, proporcionadme contacto conalgún editor que consideres "cualificado," se podes. (vide supra, o que puxen do artigo de Helena Villar Janeiro).Fersanlo58 (conversa) 29 de decembro de 2018 ás 19:07 (UTC)[responder]

Lin, lin, dúas veces. E, en base a iso, e como xa che explicaron, parece claro que deberías absterte de engadir contidos relativos a un partido político da túa fundación nesta Wikipedia (e en calquera outra) e mesmo eu diría que deberías absterte de encargarlle esa mesma tarefa a terceiras persoas.
Penso, amais, que a páxina Uniom por Umha Democracia Nacional Galega debería ser eliminada de inmediato, e non enquistarse con cartelaría in saecula saeculorum.
Anímote, porén, a colaborar neste proxecto, en calquera outro tema. Tema no que non sexas parte interesada. Recoméndoche, así mesmo, que lle botes un ollo a Wikipedia:O que a Wikipedia non é. --. HombreDHojalata.conversa 29 de decembro de 2018 ás 21:31 (UTC)[responder]
Borrei o artigo por claro conflito de intereses. Fersanlo58, pídoche que revises ben as páxinas de conflito de intereses e de "O que a Galipedia non é", como xa che comentaron varios compañeiros, e que edites outros artigos nos que non teñas intereses particulares directos para non seguir infrinxindo as políticas do proxecto.
Tampouco é aceptable que pidas que outros usuarios creen ese ou outros artigos relacionados porque os obxectivos serán os mesmos, e estariades a infrinxir as políticas de forma dobre. O artigo, se é de interese real para alguén, xa será creado, máis cedo ou máis tarde.
Se precisas axuda ou máis información sobre algún outro tema non dubides preguntar e axudarémosche no que poidamos. Saúdos, Elisardojm (conversa) 29 de decembro de 2018 ás 23:45 (UTC)[responder]

Aviso no Sitenotice[editar a fonte]

Penso que non se debería ter posto o aviso de votacións en Sitenotice a tan só tres días do peche dunha das votacións. Non quero pensar mal e ben sei que o administrador que o puxo non actuaría de tal xeito, pero da a sensación de que o único obxectivo de poñer o aviso nese momento foi o de obter votos. Casualidades da vida, ou non, durante o Nadal houbo outras votacións abertas nas que si que participou a xente e non foi preciso anuncialas. --AMPERIO (conversa) 7 de xaneiro de 2019 ás 09:21 (UTC)[responder]

AMPERIO, Elisardojm puxo o aviso a petición miña, como tardou un tempo en poñelo quedou máis axustado. O motivo principal para poñer o aviso foi, como lle dixen na súa conversa, que quería saber se os artigos non tiñan votos porque a xente non se decatara ou porque á comunidade non lle interesan, porque se o motivo é que non interesan eses artigos non os vou propoñer unha segunda vez, pero se foi porque a xente non se enterou podo plantexarme facer unha segunda proposta. Aínda que o obxectivo fora obter votos, que malo hai niso? Que problema hai porque a tres días do final dunha votación se poña un aviso e que a xente revise o artigo? E se esa xente considera que é apto, que problema hai tamén? Non nos interesa sacar propostas de calidade adiante? Creo que o momento no que se emitan os votos é indiferente, poñer o anuncio para que a xente revise o artigo e obter votos (ou non, que tamén podía colleitar votos negativos, como ten pasado outras veces) é un motivo lícito e positivo para a Galipedia... en todo caso, ese non foi o motivo, pero se o fora, que hai de malo? Elisardojm podía ter dito que non, así que entendo que lle pareceu ben poñer o anuncio de ambos artigos. Piquito (conversa) 7 de xaneiro de 2019 ás 09:50 (UTC)[responder]
Sabía que os artigos xa foran propostos había tempo AMPERIO, pero non revisei as datas porque como estaban en período de votación, e non se puxera antes o aviso, a petición de Piquito pareceume correcta. Por outra banda, non vexo que haxa problema en poñer o aviso máis cedo ou máis tarde, o ideal sería poñelo ó comezo da votación, pero se non se puxo ó comezo, pode poñerse máis tarde. O aviso non é para conseguir votos, é para que a comunidade e os lectores da Galipedia saiban que eses procesos están abertos, como xa comentou Piquito, os votos poden ser positivos ou negativos... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de xaneiro de 2019 ás 10:15 (UTC)[responder]

Solicitando ocultación de edicións que son copyvio[editar a fonte]

As primeiras edicións do artigo "Carmen Arias" constitúen unha evidente violación de copyright e deberían ocultarse (as 6 primeiras edicións). Graciñas.

Para outra, Estevoaei, é mellor eliminar o copyvio e partir de cero que facer apaños e que a violación quede no historial consultable :-) --. HombreDHojalata.conversa 1 de marzo de 2019 ás 15:22 (UTC)[responder]

@HombreDHojalata: Feito! Feito! Banjo tell me 1 de marzo de 2019 ás 15:27 (UTC)[responder]

Cambiar nome de páxina[editar a fonte]

Ola. Alguén podería cambiar o nome da páxina Burrhinidae a Burhinidae, porque é cun só R. Grazas. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Miguelferig (conversacontribucións)

@Miguelferig: Feito! Feito!

Sitenotice[editar a fonte]

Ola, hai dúas propostas para artigos de calidade que agora, vendo que xa posou o aniversario e o Wikimaratón, quizais poderían anunciarse, xa que as últimas veces que se puxo o aviso funcionou ben. Un saúdo e grazas, Piquito (conversa) 11 de marzo de 2019 ás 00:23 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Piquito. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de marzo de 2019 ás 10:42 (UTC)[responder]

Música country e Country[editar a fonte]

Ola. Un dos alumnos IES Breamo modificou o artigo de Country co motivo do proxecto pedagóxico da escola. O problema vén de que esta era unha páxina de redirección ao artigo Música country, que só é un esbozo tendo de contido apenas un parágrafo.

Por iso da homoxeneidade, estaría ben que artigo principal tivese de título "Música country" e o de redirección, "Country", ao xeito dos outros xéneros musicais. Como BREAMOA15 e mais eu somos noviños neste eido, pregunto por aquí que hai que facer neste caso (consello tamén para min, que quizabes era mellor telo dito na páxina de Conversa) Julrivas (conversa) 26 de marzo de 2019 ás 20:38 (UTC)[responder]

Eu diría que como só son un par de edicións as que se fixeron en Country e do mesmo usuario, non paga a pena facer fusión dos historiais, polo que con pasar o contido a Música country xa estaría. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de marzo de 2019 ás 23:17 (UTC)[responder]

Creación de doble página por error[editar a fonte]

Buenas tardes, he creado dos páginas sin querer sobre la cantiga de mestría. Me he dado cuenta que en un primer lugar he creado una con el titulo de cantiga de mestria, no le he puesto el acento que lleva la palabra y no he sido capaz de editar el titulo o borrar la contribución. Por lo tanto, tuve que crear otra con el nombre de cantiga de mestría, esta sí con el acento adecuado. Entonces ahora mismo me encuentro con que existen dos paginas con el mismo contenido, cantiga de mestria ( sin el acento ) y cantiga de mestría. Me gustaría que la primera que no lleva ese acento si es posible borrarla de alguna manera. Gracias--Frias96 (conversa) 30 de marzo de 2019 ás 14:56 (UTC)[responder]

Feito! Feito!, Frias96, borrada cantiga de mestria. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de marzo de 2019 ás 15:19 (UTC)[responder]

Benvidas[editar a fonte]

Ola, boas, mil desculpas, pero quería practicar o tema do modelo benvida (que nunca usei) e de listiña creei a páxina de usuario: Usuario:Ghalipedia por metelo onde non era. Xa o puxen na conversa e borrei os contidos da páxina de usuario. Non sei se habería que facer algo máis, como borrala para volte aparecer en vermello? Graciñas.--Maria zaos (conversa) 3 de abril de 2019 ás 09:54 (UTC)[responder]

Si Maria zaos, é mellor borrala, xa está feito. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de abril de 2019 ás 11:04 (UTC)[responder]
Moitas grazas, Elisardojm. Non voltará pasar. Maria zaos (conversa) 3 de abril de 2019 ás 11:14 (UTC)[responder]
A min xa me pasou varias veces, non pasa nada :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de abril de 2019 ás 11:21 (UTC)[responder]

Solicitude de borrado dun dato persoal na páxina de conversa de usuaria[editar a fonte]

Ola, outro usuario incluíu un dato persoal meu na miña páxina de conversa que me gustaría que se ocultase do historial. Figura entre parénteses. A ligazón á edición está aquí. Fixen mal, máis o borrei da conversa nun momento dado, cousa que se ben non se debería facer, acho bastante xustificado atendendo á privacidade. Xa me dicides algo. Moitas grazas! :) Maria zaos (conversa) 12 de abril de 2019 ás 18:51 (UTC)[responder]

@Maria zaos: Feito! Feito! Como consello semi-relacionado co tema: á hora de arquivar conversas o máis axeitado é mover toda a páxina xunto co historial ó arquivo en lugar de cortar-pegar, para que o historial quede relacionado coas conversas nas páxinas correspondentes. Banjo tell me 12 de abril de 2019 ás 19:55 (UTC)[responder]
Si, xa me dei conta (hoxe). Consultarao, pero bueno, o mal xa está feito. Graciñas, @Banjo: --Maria zaos (conversa) 12 de abril de 2019 ás 20:51 (UTC)[responder]

Mover Estado_d...[editar a fonte]

Conversa:Estado_de_Río_de_Janeiro#Estado de Río de Janeiro_-_>_Estado_do_Río_de_Xaneiro

Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 29 de abril de 2019 ás 19:12 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de abril de 2019 ás 21:14 (UTC)[responder]

Wikidata[editar a fonte]

Teño problemas para inscribie en wikidata a páxina Lithobates pipiens. Dá o erro invalid CSRF token--Miguelferig (conversa) 29 de abril de 2019 ás 21:40 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Miguel. --. HombreDHojalata.conversa 29 de abril de 2019 ás 21:46 (UTC)[responder]
Moitas grazas.--Miguelferig (conversa) 30 de abril de 2019 ás 14:30 (UTC)[responder]

Lisocima > Lisozima[editar a fonte]

Habería que plantearse se hai que cambiar o nome da páxina lisocima por lisozima. Esa páxina fíxena eu no seu momento e daquela favorecíanse as formas con c. Actualmente hai referencias para lisozima, pero non para lisocima, polo que creo que non estaría mal cambiala. Isto é diferente da palabra encima da que si hai referencias (xunto con enzima que tamén se admite). Encima foi o termo recomendado e único que figurou nos dicionarios durante moitos anos, e que segue figurando hoxe e que seguen usando hoxe nas definicións doutras palabras se ten que aparecer a palabra encima. Máis tarde admitiron tamén enzima. Isto crea certa confusión en palabras derivadas como coenzima, isozima, proenzima, abzima, ribozima, pseudoenzima, enzimático..., que poderían poñerse con c (forma tradicional) ou con z (forma nova). Estas palabras son menos usadas (seguen confinadas na lingua técnica) mentres que enzima/encima é unha palabra que xa pasou practicamente á lingua común (encimas dixestivos). Tal vez por iso, as formas máis técnicas están referenciadas con z e non con c. Ou terán que aclararse e ser coherentes dunha vez por todas. O mesmo que digo para lisocima habería que pensalo tamén para ribocima.--Miguelferig (conversa) 8 de maio de 2019 ás 15:57 (UTC)[responder]

Miguelferig, movín os artigos segundo as referencias. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de maio de 2019 ás 00:13 (UTC)[responder]
Grazas, Elisardjom.--Miguelferig (conversa) 9 de maio de 2019 ás 10:11 (UTC)[responder]

Información sobre premios e finalistas[editar a fonte]

--Luis Reynaldos (conversa) 16 de maio de 2019 ás 06:30 (UTC)Vista a desfeita que teñen feito na páxina do escritor Miguel Mosquera Paans, quero facer varios matices. O primerio é para lle acalrar a Maria Zoas que, por exemplo, no premio Vicente Risco de Novela só se contempla a categoría de Ganador, pero no caso do Planeta, pola contra, recoñécese as categorías de Gañador e Finalista. Hai certames onde ser Finalista constitúe premio, e non é un administrador da Wikipedia quen o decide senón a entidade que convoca o premio. Tal é, por exemplo, o caso do autor referido, no que se lle eliminou recoñecementos como o de Finalista do Premio Rebvela de Comunicación, o de Finalista do Premio de Novela Histórica Jerénimo de Salazar ou o de Finalista do Certame Internacional de Literatura de Italia, todos eles con referencia na rede. Por outro lado, cando fixen a páxina diste autor puxen que estudou na OUAS, con esas siglas, pero alguén que ten nome e cun saco de contra das terapias alternativas, logo de descalificar aó autor como pseudocientífico e que estudara en pseudo institución, apresurouse a substituír as siglas OUAS por Open University of Advanced Sciencies. Ben, a razón pola que eu puxen siglas e non un nome e porque eu lin no seu día, no programa dun cruso esas siglas OUAS, pero o mesmo poden significar Open University of Advanced Scienies que Oulu University of Applied Sciences (OUAS), aínda que o certo é que en ningunha parte da rede dí nin onde nin o que estudou, só hai unha referencia na que se lle outorga o tratamento de precedencia de Doutor, sen especificar nada máis. No meu caso sei que estudou Nutrición na Universidade de Granada porque coincidimos, o demáis, a subsitución das siglas OUAS, do que non vou a calificar a acción, non se fundan en ningunha referencia da rede, polo que solicito que volvan a ser substituídas por OUAS.[responder]

Boas, Luis Reynaldos. De entrada, grazas por todo o que aclaras acó. Porén, se consultas o historial da páxina verás que eu non editei nin comentei nin sobre finalistas nin sobre OUAS (moi ben que creases a páxina por certo, para despexar a ambigüidade das siglas, como dixeches). Cando poida ligarei o OUAS coa páxina correcta. Toda páxina de calquera Wikipedia é unha obra en colaboración, ou sexa un traballo en equipo de moita xente. En canto ao meu traballo na páxina de Mosquera Paans, eu limiteime a engadir referencias nos apartados de obras.
Creo que xa cho comentaron anteriormente, pero é importante que asines (que xa o fas) nas páxinas de conversa, pero á fin do teu texto, non no principio. Ademais podes iniciar o texto cunha sangría (usando ":") para que se facilite a comprensión das conversas. Un saúdo.--Maria zaos (conversa) 16 de maio de 2019 ás 09:05 (UTC)[responder]
Luis Reynaldos, o primeiro que sería preciso sería indicar unha referencia de calidade de que estudou nesa OUAS, xa que ese texto, sen nada máis, non vale para nada porque non se pode verificar.
Actualmente estou revisando o artigo e arranxando as cousas que podo, cando estea rematado avisarei ós editores do artigo e abrirei un apartado na páxina de conversa para que se indiquen as melloras que haxa que engadir, e se están referenciadas de forma axeitada engadireinas.
Por outra banda, este non é sitio para conversar sobre o tema, os problemas que haxa no artigo teñen que ser debatidos na súa páxina de conversa. Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de maio de 2019 ás 12:29 (UTC)[responder]
Claro eu o da OUAS vírao no planfleto dunha conferencia xa hai moito tempo, na rede non porque foi nos anos 90, e daquela case todo funcionaba máis en papel. Tapouco estou certo do que significa. Busquei na rede e apareceume unha páxina dun centro universitario en México e supuxen que era tal, pero, en rigor, non o podo asegurar. Apuntei a posibilidade de que sexa outra institución, tampouco o podo garantir, ainque que alguén se apresurara a substituir o acrónimo OUAS por Open University of Advaced Sciencies. Non hai referencia nin evidencia de que sexa ninguna de estas institucións. Por outra parte, prégoche tempo. Non son xa un neno e cústame a adaptación a todo este miolo da Galipedia. Vou paseniño, facendo cousiñas, pero á primeira non vai ser doado que atine.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Luis Reynaldos (conversacontribucións) 16 de maio de 2019 ás 17:56‎
Non hai présa ningunha, a Galipedia non vai facerse en dous días. Ante esta situación, o que vou facer é eliminar esa parte mentres non hai referencias, cando aparezan xa se engadirá.
O que si che pido é que sigas tratando o tema na conversa do artigo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de maio de 2019 ás 20:21 (UTC)[responder]

Few pages needs to be cleaned up after maintenance[editar a fonte]

Sorry for writing in English.

Hello, due to recent maintenace that was done on your wiki, a few of pages that were previously inaccessible are accessible again. Some of those pages couldn't be fixed, because their name was taken by another page. For that reason, I've moved those pages to start with T173070. I'd like ask you to review those pages, move them to correct title or delete them, if they are no longer needed. You can find the list of pages that needs maintenance in the output of the maintenance script. If you need any help with this, please feel free to contact me. Best regards, --Martin Urbanec (talk) 21:05, 27 June 2019 (UTC)

Feito! Feito! Banjo tell me 27 de xuño de 2019 ás 21:46 (UTC)[responder]

Solicitude de borrado da páxina Nova Galicia (Vigo)[editar a fonte]

Alguén podería borrar a páxina Nova Galicia (Vigo), que tiña un erro no título. Acabo de crear a páxina Nueva Galicia (Vigo), que é o título correcto, sen darme conta de que existía esa. Grazas! Xas (conversa) 1 de xullo de 2019 ás 16:54 (UTC)[responder]

Fusionei os artigos para conservar o historial. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 1 de xullo de 2019 ás 17:30 (UTC)[responder]

Aviso artigo de calidade[editar a fonte]

Ola, veño de facer unha nova proposta dun artigo de calidade, por se alguén considera oportuno poñer o anuncio. Un saúdo, Piquito (conversa) 7 de xullo de 2019 ás 01:21 (UTC)[responder]

Piquito poreino a comezos da semana que ven, cando remate o aviso do concurso. Se me despisto, avisa de novo por favor. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de xullo de 2019 ás 16:05 (UTC)[responder]
Feito! Feito! Piquito. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de xullo de 2019 ás 09:08 (UTC)[responder]

Ola, hai unha nova proposta para artigo de calidade, a do artigo do Club Patín Cerceda. Saúdos, 13 de agosto de 2019 ás 23:52 (UTC)Piquito (conversa)

Feito! Feito! Piquito. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de agosto de 2019 ás 07:48 (UTC)[responder]
Habería que retirar o aviso da votación do Patín Cerceda. Piquito (conversa) 21 de agosto de 2019 ás 23:17 (UTC)[responder]

borrar unha categoría[editar a fonte]

A ver se podedes borrar a Categoría:Concelleiros da Guardia que puxen por erro. Grazas. Xas (conversa) 24 de setembro de 2019 ás 21:36 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Banjo tell me 24 de setembro de 2019 ás 21:43 (UTC)[responder]

Contacto (RGPD)[editar a fonte]

Copio a continuación a mensaxe que deixou na miña páxina de conversa o usuario Chairaman, pero que é xenérico para calquera administrador e polo tanto debe ir aquí:

Olá. Preciso contatar com algum administrador em privado para uma consulta/pedido ao abeiro do Regulamento de Proteção de Dados. Na página específica da Galipédia não se indica um procedimento específico. Podeis-me contatar no e-mail de registo.

--Chairaman (conversa) 19 de novembro de 2019 ás 13:48 (UTC)[responder]

Eu teño por norma non tratar temas da Galipedia fóra da Galipedia (a non ser por un caso excepcional), de modo que só podo suxerirlle por aquí a Chairaman que explique o caso e trataremos de botarlle unha man. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 19 de novembro de 2019 ás 14:50 (UTC)[responder]

    • Olá. Não lembro se é assim que se responde, desculpai. Uma pessoa contatou-me porque o seu nome aparece nesta Wiki de maneira negativa e queria apagar todas as referências. Como não é uma pessoa pública, queria que fosse eliminada a última referência que resta da sua efémera presença nesta Wíki (uma página de discussão de borrado), mas isso só o pode fazer alguém com faculdades de administração. Não me é possível dar aqui mais informações sem correr risco de deixar aqui mais dados pessoais, daí o meu pedido para tratar isto de maneira privada. Já agora, aproveito para sugerir que se implemente algum mecanismo mais fácil para exercer este tipo de direitos. Obrigado. --Chairaman (conversa) 19 de novembro de 2019 ás 17:58 (UTC)[responder]
Ola de novo, Chairaman. Polo que comentas, entendo que a páxina desa persoa xa foi borrada e que só resta a páxina de discusión de borrado (que é un rexistro de certa utilidade para levar conta do que se fai a nivel interno). Como ben sinalas, sen máis datos resultar difícil ditaminar nada nun ou noutro sentido. Se es tan amable, manda -a min ou a calquera outro administrador (por exemplo, Banjo domina e é escrupuloso coas normas e os procedementos)- un correo electrónico (debes ir á páxina de usuario da persoa coa que desexes comunicarte e aí, na columna da esquerda, premes en Ferramentas>Enviar un correo electrónico ao usuario). Basta que facilites o nome da entrada para valorar o caso. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 20 de novembro de 2019 ás 11:04 (UTC)[responder]
:: Olá, Atobar. Em "Ferramentas" só me aparecem Páxinas que ligan con esta / Cambios relacionados / Contribucións do usuario / Rexistros / Ver os grupos de usuario / Subir un ficheiro / Páxinas especiais / Ligazón permanente / Información da páxina. Não vejo nada sobre enviar um e-mail.--Chairaman (conversa) 20 de novembro de 2019 ás 12:04 (UTC)[responder]
Debes entrar primeiro na páxina do usuario en cuestión (non todos teñen habilitada a posibilidade de que se lles mande un correo), e unha vez aí, na columna abaixo á esquerda, aparéceche. --Atobar (conversa comigo) 20 de novembro de 2019 ás 12:10 (UTC)[responder]
Provei contigo e co resto de pessoas que aparecem como Administradores (https://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Administradores), e em nenhum caso me sai essa opção.--Chairaman (conversa) 20 de novembro de 2019 ás 16:21 (UTC)[responder]
Supoño que non terás habilitada esa opción nas túas preferencias, e polo tanto nin podes enviar nin que te envíen correos. Vai a Preferencias (arriba). Cópioche o que pon na configruación do correo (que imaxino deberás habilitar): "O enderezo de correo electrónico é opcional, pero permite que se lle envíe un contrasinal novo se se esquece del. Tamén pode optar por deixar que outras persoas se poñan en contacto con vostede a través dunha ligazón na súa páxina de usuario e de conversa. O seu enderezo non se revela cando contacten con vostede (...) O seu enderezo de correo electrónico foi confirmado o XX de XX de 20XX ás XX:XX (...) OPCIÓNS: 1. Admitir mensaxes de correo electrónico doutros usuarios. 2. Permite correos electrónicos de usuarios novos. 3. Recibir no meu enderezo unha copia das mensaxes de correo electrónico que envíe a outros usuarios". Se non é iso, a ver se outro usuario pode indicarche mellor ca min. --Atobar (conversa comigo) 20 de novembro de 2019 ás 17:15 (UTC)[responder]
Vale. Grazas, Atobar .-Maria zaos (conversa) 26 de novembro de 2019 ás 12:20 (UTC)[responder]
Non teño folgos para adentrarme no barullo legal así que non me vou meter moi a fondo a rebatir os argumentos para o borrado indicados no correo por Chairaman. Simplemente indicar que a cuestión de invocar o tan sonado hai non moito "dereito ó esquecemento" é irrelevante para o caso, tanto porque só se fai unha mención o persoeiro sen dar ningún dato persoal, coma cando o persoeiro en cuestión é público con múltiples resultados nun buscador web. Que teña relevancia para a Wikipedia como artigo xa é outra cuestión, como se debateu e acordou na propia proposta de borrado. Borrar a páxina da votación está fóra de debate, é unha páxina administrativa da wiki que non vulnera ningunha lei. O que se quere aquí é que a páxina da votación non apareza nas procuras, porque ó persoeiro en cuestión probablemente lle "moleste" ou lle pareza que da mala imaxe. A cuestión soluciónase de forma doada, incluíndo un __NOINDEX__ na citada páxina. Con iso evítase que apareza nas procuras de buscadores web e aforramos debate innecesario sobre o tema. (P.D. Grazas Atobar por atender o tema) Banjo tell me 26 de novembro de 2019 ás 21:37 (UTC)[responder]
Atobar, coincido con Banjo. A ver se pola noite teño tempo de responder ó correo, sinto non ter respondido antes, estes días estiven enleado e pasóuseme o tema. Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de novembro de 2019 ás 10:15 (UTC)[responder]