Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Problemas varios/Arquivo 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un arquivo do Taboleiro dos administradores/Problemas varios

Nesta páxina atópanse os fíos de conversa tratados no Taboleiro dos administradores/Problemas varios que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema no Taboleiro.

< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9

Texto na páxina lista de vixilancia[editar a fonte]

Ola, na páxina lista de vixilancia aparéceme este texto:

Os títulos da súa lista de vixilancia aparecen embaixo. Para eliminar un título, escóllao na súa caixa de selección e prema en Eliminar Títulos. Tamén pode editar a lista simple the box next to it, and click Remove Titles. You can also edit the raw list, ou eliminar todos os títulos.

  1. Só me ocorre a min ou aparécelle a máis xente?
  2. Imaxino que un administrador terá que eliminar o texto en cursiva, se mal non me equivoco fai uns meses estiveron facéndose traduccións do mediawiki, aínda que disto supoño que os administradores saberedes máis :)

Un saúdo --BaNjO (tell me) 17:40, 21 setembro 2007 (UTC)

  • Creo que xa está solucionado. Quedara un pedazo en inglés que xa estaba traducido na mesma páxina. Un saúdo. AlberteSi, digame? 18:30, 21 setembro 2007 (UTC)
  • Certo, bo traballo meu :). Outra para seguir molestando: Nas preferencias -> información do usuario aparece Number of edits. --BaNjO (tell me) 19:38, 23 setembro 2007 (UTC)

Cómo se fai neste caso xa que non se trata dunha fusión de historiais porque a páxina de homónimos foi creada en Ares e Ares, A Coruña como o artigo do concello. Banjo xa fixo Ares (Homónimos) polo que supoño que o historial de Ares iría para Ares homónimos e Ares, A Coruña e o seu historial irían para Ares, un lío. Lansbricae (Ti dirás) 15:01, 1 outubro 2007 (UTC)

Sisto III vs Sisto III, Papa[editar a fonte]

Levei o contido de Sisto III ao artigo de Sisto III, Papa. Non puxen marcadores de fusión de historiais xa que neste caso deixei Sisto III redirecionado a Sisto III, Papa. Supoño que haberá que fusionar historiais pero despois deixar a redireción de Sisto III. Lansbricae (Ti dirás) 07:29, 8 outubro 2007 (UTC)

  • Xa fixen os traslados para conservar o historial. AlberteSi, digame? 13:41, 8 outubro 2007 (UTC)

Rematar fusión[editar a fonte]

Os artigos Guadiana e Río Guadiana xa están fundidos neste último. Algún administrador deberá leva-lo historial daquel a este e logo borrar Guadiana ou –mellor- redirixilo a Río Guadiana.

Ademais ten que facer visible o pé da primeira foto e recuperar no cadro o dato da conca 60.361 km². Non creo que se me olvide nada. Pedro --Lameiro (conversa) 00:06, 24 novembro 2007 (UTC)

Xa se poden fusionar os artigos Decibel e Decibelio. Pasei o contido de Decibelio ao outro, salvo a parte do neper que a pasei a un artigo novo Neper. --Banjo tell me 15:04, 24 novembro 2007 (UTC)


Solicito borrado[editar a fonte]

Solcito o borrado (¿e bloqueo?) da páxina de Usuario:Massvisual. Á súa única contribución foi crea-la súa páxina de usuario cun texto descaradamente publicitario da súa empresa. Pedro --Lameiro 20:53, 2 outubro 2007 (UTC)

Pode alguén votarlle un ollo ao artigo xa que usando o Modelo:Cita libro non aparece enlace ao ISBN, deixa un espazo debaixo, e aparece a categoría marcadores de referencias. Grazas. Lansbricae (Ti dirás) 12:15, 8 outubro 2007 (UTC)

  • Solucionado o da categoria. O número de ISBN que dás está mal: ten que ter ou 10 ou 13 díxitos (13 é a norma desde o 1 de xaneiro de este ano pero os anteriores siguen tendo 10). --Xosé (✉) 12:41, 8 outubro 2007 (UTC)

Grazas, non vira a resposta: O que eu teño a disposición é a 13 edición fac simile da 11ª do ano 1996 e ten 7 cifras e acabo de atopar a causa que o nuúmero de ediçao aparece antes e polo medio está o número de depósito legal o que enlea a cousa. Lansbricae (Ti dirás) 17:59, 8 outubro 2007 (UTC)

Franza e Governo[editar a fonte]

Vexo que na Galipedia hai 74 resultados para "Governo" (ós que habería que engadir "governar", "governador", etc.) e 102 resultados para "Franza" (aquí se inclúe tanto co significado de país como co da parriquia de Franza, en Mugardos). Non fago cambio ningún porque é máis labor dun bot e, tamén, porque non quero entrar en guerras lingüísticas, pero entendo que as normas da Galipedia esixen substituír estas formas incorrectas polas de goberno e Francia. Pedro --Lameiro (conversa) 14:14, 12 outubro 2007 (UTC)

Xa fixen a fusión de contidos, queda a de historiais pero non atopei o template de fusión de historiais. grazas Lansbricae (Ti dirás) 07:36, 15 outubro 2007 (UTC)

Este artigo é sospeitoso, non só non ten lugar na wikipedia un artigo dunha empresa tan pequena, o usario que a crio só fixo artigos relativos ao tema e ademais está o caso de verdidorada, un artigo criado a semana pasada (xa foi borrado)con claras intencións propagandísticas e que ten relación con esta empresa, quizá as Ips coincidan. Non sei como o vedes, eu borrábao e vixiaba o asunto. --emilio juanatey(talk) 21:52, 17 outubro 2007 (UTC)

  • Borreino, era un caso claro de violación do copyright. AlberteSi, digame? 21:10, 18 outubro 2007 (UTC)

Category:Personalidades da política[editar a fonte]

Non se pode facer nada con esta categoría para desconxestionala. Podería usarse un bot para quitar a categoría en todos aqueles que teñan outra quizais? O caso é que non se ven as subcategorías ata darlle varias veces aos seguintes douscentos. Cómo se podería traballar coa axuda dos bots? Lansbricae (Ti dirás) 21:20, 19 outubro 2007 (UTC)

  • Quizais englobalos por ámbito de actuación: Políticos de Galicia, de españa, de Irlanda do Norte, de Mozambique, etc. O mesmo que cos escritores, os pintores ou os futbolistas. AlberteSi, digame? 21:22, 19 outubro 2007 (UTC)

Solicitude de protección parcial dun artigo[editar a fonte]

Penso que deberiamos protexer este artigo: galego-portugués para que só poidan editar usuarios rexistrados porque é carne de vandalismo por parte de reintegracionistas que o degradan incluíndo opinións subxectivas infantís lonxe do estudo científico obxectivo e filolóxico do idioma. Tamén penso que o apartado chamado "afastamento do galego e do portugués" debería titularse "estudo diacrónico do galego" (e do portugués) ou "evolución diacrónica do galego". Queda o termo máis exacto e máis científico. Debería ser redactado por algunha persoa que teña coñecemento sobre os cambios fonolóxicos e morfolóxicos do noso idioma ao longo dos séculos. --Cabaleiro de Espadas 18:34, 14 novembro 2007 (UTC) (o meu é o inglés lol)

  • Non ten excesivas edicións vandálicas no historial, así que polo momento non creo que se deba protexer. Máis adiante se cambia a situación pode que si se faga. En canto aos cambios que creas necesario facer no artigo o sitio máis axeitado para expoñelos sería a conversa do mesmo. Un saúdo --Banjo tell me 18:31, 7 decembro 2007 (UTC)

Erro nas efemérides de hoxe: 2º aviso[editar a fonte]

Xa o puxen fai horas na conversa da portada, hai un erro na efeméride de Lady Astor onde pon depurada ten que ser deputada. Espero que alguén o corrixa dunha vez pois xente coma min o le, e da mala impresión. Grazas. Alma (fálame eiquí) 12:34, 1 decembro 2007 (UTC)

Outros proxectos: Commons, Galicitas, etc na portada[editar a fonte]

Cando cliquas neles na portada lévate só aos logos dos proxectos irmans da Galipedia, non aos proxectos, por favor, que alguén o arranxe. Tacho porque xa vin como se modificou con respecto á anterior portada, agora hai que clicar nas letras de embaixo, son miope e apenas se ven, desculpas mil. Grazas e feliz día de aniversario constitucional, a ver cando temos o noso novo Estatuto, je je. Aproveito para avisar que puxen un comentario sobre a imaxe da efeméride de hoxe, na páxina de conversa, creo que a imaxe debería ser outra, pero só é unha opinión. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 11:10, 6 decembro 2007 (UTC)


bo día, comité executivo.
Por un lado está o artigo Traballo, bastante bo, que se refire ó traballo mecánico.
Por outra parte está Traballo mecánico, que redirixe a Traballo (Física), que é un esbozo do mesmo asunto.
Sería posible combinar os tres nun, e liberar o artigo Traballo?? E despois estaba ben facer unha páxina de homónimos como a da es.wiki. Un millón!!!

Saúde, e pola sombra!! --Estevoaeipa o que queiras... 07:39, 5 decembro 2007 (UTC)

  • É posible si, é cuestion de "fusións". En canto teña un pouco de tempo miro de facelo --Banjo tell me 18:28, 7 decembro 2007 (UTC)

Ola, vin que temos dous modelos para o memso e que difiren en pouca cousa. ¿Cal usamos?, grazas e saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 22:14, 5 decembro 2007 (UTC)

  • O máis antigo é Modelo:Parroquia deberíamos empregar ese, esta noite fago a fusión dos dous e cambio as ligazóns para que apunten a este modelo. --Banjo tell me 18:27, 7 decembro 2007 (UTC)

Gloriava en páxinas de usuario[editar a fonte]

  • Usuario:DOA O contido desta páxina é presumiblemente propagandístico. Alma (fálame eiquí) 16:24, 8 decembro 2007 (UTC)
    • Como non o vai ser, con números de teléfono incluídos? No entanto, dada a flexibilidade que se permite nas páxinas de usuario, non sei como afrontá-lo, a non ser que o seguinte en:Wikipedia:User page sirva:
Your userpage is for anything that is compatible with the Wikipedia project. It is a mistake to think of it as a homepage as Wikipedia is not a blog, webspace provider, or social networking site. Instead, think of it as a way of organizing the work that you are doing on the articles in Wikipedia, and also a way of helping other editors to understand with whom they are working.
You are welcome to include a link to your personal home page, although you should not surround it with any promotional language.

--Xosé (✉) 16:55, 8 decembro 2007 (UTC)

  • Sirve, procedo a borrar a páxina e informar ao usuario na súa páxina de conversa. Banjo tell me 17:03, 8 decembro 2007 (UTC)

artigos solicitados[editar a fonte]

bo día, comisariado. Non creo que sexa necesaria a recente protección do Modelo:ArtigosSolicitados; Non hai vandalismos, e creo que se edita de forma racional (vexo por aí a Toliño, Prevert, Elvire e Alberte, amáis de eu).
Solicito a reconsideración desa medida. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 10:55, 11 decembro 2007 (UTC)

  • Eu non vexo que estea protexido o modelo. Estás seguro de que o viches protexido? Saúde. AlberteSi, digame? 21:53, 11 decembro 2007 (UTC)
  • Confirmado, non está protexido. Ademáis o Portal da Comunidade ten protección pero non en cascada, có que tampouco herda a protección del. --Banjo tell me 21:59, 11 decembro 2007 (UTC)

¿Copyvio?[editar a fonte]

Na categoría Categoría:Cruceiros de Galicia temos 14 cruceiros (13 de Taragoña e un de Hío). O texto dos 13 de Taragoña, creados por Usuario:Ambiorix, é exactamente igual ó da web do concello de Rianxo. Tamén as fotografías dos artigos son as mesmas que ilustran esta web. Unha destas imaxes Imaxe:Peto animas.jpg, foi elixida Wikipedia:Imaxe da Semana/3 2007.

A modo de exemplo, compárense os artigos:

Vós veredes qué se debe facer. Pedro --Lameiro (conversa) 21:15, 20 decembro 2007 (UTC)


Ante a falta de resposta (¿será o espíritu navideño?), reitero a chamada de atención sobre un posible copyvio en serie nos artigos dos cruceiros de Taragoña. Pedro --Lameiro (conversa) 11:20, 26 decembro 2007 (UTC)

  • En progreso, usuario avisado. A páxina non ten indicado se aplica copyright ou non, polo que por defecto sí o hai. Se a situación non cambia hai que eliminar os artigos (ou cambialos completamente para que non se parezan aos da páxina) e as imaxes (incluíndo a elexida como destacada) --Banjo tell me 18:56, 26 decembro 2007 (UTC)
  • Case tódalas imaxes foron borradas por copyvio. Cabe a posibilidade de que o autor da páxina en que estaban sexa o mesmo ca o que subiu as imaxes, mais non por iso as imaxes deixan de ser un copyvio. Se fose así, e o autor pon na páxina de orixe unha licenza compatible coa Galipedia, restauro as imaxes. Se o fai, os artigos poderían pasar a ser legalmente aceptados. --Lmbuga Commons - Galipedia 19:54, 6 xaneiro 2008 (UTC)

Axuda:Axuda[editar a fonte]

Quería informarvos de que cando lle dou a "Axuda" no panel esquerdo, en lugar de mandarme a Wikipedia:Axuda, mándame a Axuda:Axuda. SUpoño que vós poderedes corrixilo (se é que non é simplemente un problema aislado, pois me estraña que me pase isto agora, cando onte ou antonte ía perfectamente. Supoño que outra posible solución sería crear en Axuda:Axuda unha redirección a Wikipedia:Axuda. Déixoo nas vosas mans. --GallaecioE logo? 22:58, 21 decembro 2007 (UTC)

Correccións en MediaWiki[editar a fonte]

Pido a algún administrador que realice as correccións que propuxen onte en varias conversas das mensaxes MediaWiki. As páxinas de conversas nas que o pido están aquí (só as de onte; as anteriores están arranxadas). --Toliño Fala aquí comigo 12:45, 22 decembro 2007 (UTC)