Palleira antártica
Palleira antártica Stercorarius antarcticus | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
En Godthul, illa Xeorxia do Sur | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||
S. a. antarcticus – (Lesson, 1831) | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Catharacta antarctica |
A palleira antártica,[2] tamén chamado papamerda subantártico,[3] Stercorarius antarcticus ou Catharacta antarctica, é unha grande ave mariña da familia dos papamerdas ou palleiras que se alimenta na zona subantártica e antártica e móvese máis ao norte cando non está en época reprodutora. A súa taxonomía é moi complexa e materia de disputa, e hai autores que a dividen en dúas ou tres especies: unha especie das illas Malvinas (S. antarcticus), outra de Tristan da Cunha (S. hamiltoni), e outra subantártica (S. lönnbergi)[4]; pero para outros son subespecies.[5] Para aumentar a confusión hibrídase tanto con Stercorarius maccormicki coma con Stercorarius chilensis, e todo o grupo foi considerado unha subespecie da palleira grande, que é unha especie restrinxida ao hemisferio norte. Ademais, antes estaba clasificada no xénero Catharacta[6], pero outros defenden que haxa un único xénero na familia, Stercorarius.[7]
Dieta
[editar | editar a fonte]Aliméntase de peixes, a miúdo roubados a outras aves (cleptoparasitismo), así como doutras aves, pequenos mamíferos, ovos e prea.
Descrición
[editar | editar a fonte]Esta é a especie de papamerdas máis pesada, e rivaliza coas gaivotas máis grandes, como o gaivotón (Larus marinus) e gaivota hiperbórea, como a especie máis pesada entre os Charadriiformes, aínda que non é tan grande en lonxitude e envergadura alar. Ten unha lonxitude de 52 a 64 cm, unha envergadura alar de 126 a 160 cm e ten unha masa corporal de entre 1,2 e 2,18 kg.[8][9] A subespecie S. a. hamiltoni medida na illa Gough, pesou como media 1,43 kg nunha pesada de 9 machos e 1,65 kg nunha pesada de 9 femias. S. a. lönnbergi medida nas illas Chatham pesou como o media 1,73 kg nunha pesada de 30 machos e unha media de 1,93 kg en 32 femias. Esta última é unha das maiores medias de masa corporal nunha colonia de calquera especie viva de ave costeira.[10]
Un estudo de 2016 informou que estes papamerdas poden identificar individuos humanos concretos, o que posiblemente indica que teñen capacidades cognitivas relativamente altas.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2017). "Catharacta antarctica". Lista Vermella da IUCN (IUCN) 2017: e.T62289571A111158661. doi:10.2305/IUCN.UK.2017-1.RLTS.T62289571A111158661.en. Consultado o 13 de xaneiro de 2018.
- ↑ A Chave (2024). Os nomes galegos das aves (5 ed.). A Chave.
- ↑ Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
- ↑ Así en ITIS, Birdlife International e IUCN. Aínda que o ITIS as inclúe todas en Stercorarius.
- ↑ Así en Zoonomen
- ↑ Así figura en BirdLife International e o IUCN
- ↑ Así figura en ITIS e Zoonomen
- ↑ HBW 3 - Species accounts: Brown Skua Arquivado 05 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. (2011).
- ↑ CRC Handbook of Avian Body Masses by John B. Dunning Jr. (Editor). CRC Press (1992), ISBN 978-0-8493-4258-5.
- ↑ CRC Handbook of Avian Body Masses, 2nd Edition by John B. Dunning Jr. (Editor). CRC Press (2008), ISBN 978-1-4200-6444-5.
- ↑ Lee, W.Y.; Han, Y.D.; Jablonski, P.G.; Jung, J.W. & Kim, J.H. (2016). "Antarctic skuas recognize individual humans". Animal Cognition: 1–5. doi:10.1007/s10071-016-0970-9.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Palleira antártica |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Harrison, Peter (1996). Seabirds - an identification guide. Christopher Helm: A & C Black, Londres. ISBN 0-7136-3510-X.
- Heather, Barrie D; Robertson, Hugh A & Onley, Derek (2000). The field guide to the birds of New Zealand. Viking: Printing Press. ISBN 0-670-89370-6.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Brown skua, subantarctic skua - Texto sobre a especie no Atlas of Southern African Birds
Este artigo sobre aves é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |