Grace Hopper

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGrace Hopper

(1984) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Grace Murray Hopper Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Grace Brewster Murray Editar o valor em Wikidata
9 de decembro de 1906 Editar o valor em Wikidata
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte1 de xaneiro de 1992 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Condado de Arlington, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio Nacional de Arlington, Section 59, grave 973 38°52′39″N 77°03′56″O / 38.87752, -77.065522 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaNova York Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Yale - matemáticas (–1934)
Universidade Yale - Mestrado (1928–1930)
Vassar College (pt) Traducir - matemáticas, física (1924–1928)
Wardlaw-Hartridge School (en) Traducir (1923–1924) Editar o valor em Wikidata
Tese académicaNew Types of Irreducibility Criteria (en) Traducir Editar o valor em Wikidata (1934 Editar o valor em Wikidata)
Director de teseØystein Ore (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoCiencias da computación Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmatemática , profesora universitaria , programadora , informática teórica , oficial da armada , física Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1943 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorDigital Equipment Corporation (pt) Traducir (1986–1990)
Naval Sea Systems Command (en) Traducir (1966–1986)
Sperry Corporation (en) Traducir (1955–1966)
Remington Rand (pt) Traducir (1950–1955)
Eckert-Mauchly Computer Corporation (pt) Traducir (1949–1971)
Bureau of Ships (en) Traducir (1943–1949)
Vassar College (pt) Traducir (1931–1943) Editar o valor em Wikidata
Membro de
Interesado enHarvard Mark I (pt) Traducir, Harvard Mark II (pt) Traducir e Harvard Mark III (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ProfesoresHoward Engstrom (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarArmada dos Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Rango militarrear admiral (en) Traducir (1985–) Editar o valor em Wikidata
ConflitoSegunda guerra mundial Editar o valor em Wikidata
Participou en
CODASYL (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeVincent Foster Hopper (en) Traducir (1930–1945), divorcio Editar o valor em Wikidata
PaisWalter Fletcher Murray (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Mary Campbell van Horne (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Murray-5111 Find a Grave: 1784 Editar o valor em Wikidata

Grace Murray Hopper, nada en Nova York o 9 de decembro de 1906 e finada no condado de Arlington o 1 de xaneiro de 1992, foi unha científica da computación e militar estadounidense con grao de contraalmirante. Foi unha pioneira no mundo das ciencias da computación e foi a primeira programadora que empregou o Mark I. Entre as décadas de 1950 e 1960 desenvolveu o primeiro compilador para unha linguaxe de programación e tamén achegou métodos de validación. [1][2][3][4][5]

Popularizou a idea dunha máquina independente das linguaxes de programación, o que derivou no desenvolvemento de COBOL, unha linguaxe de alto nivel de programación que aínda se emprega. Hopper intentou alistarse na mariña estadounidense durante a segunda guerra mundial, mais tivo que unirse á reserva da armada porque tiña 34 anos. Era coñecida polas súas amizades como Amazing Grace.[6]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Grace Hopper na estación de control da UNIVAC I arredor de 1960

Grace Brewster Murray, naceu en Nova York e era bisneta de Alexander Russell, un almirante da Armada dos Estados Unidos. Este foi o seu modelo e o seu heroe persoal. Tamén era neta dun enxeñeiro civil, John Van Horne. Os seus pais foron Walter Fletcher Murray, corretor de seguros e Mary Campbell Van Horne. Dende moi nena amosou aptitudes para as ciencias e as matemáticas. Recibiu sempre o apoio do seu avó e do seu pai para que as estudase, pois quería que as súas fillas tivesen as mesmas oportunidades que o seu fillo varón. Tamén a atraían moito todo tipo de dispositivos mecánicos, tanto que con sete anos desmontou todos os reloxos da súa casa para ver se podía entender como funcionaban. En 1930 casou con Vincent Foster Hopper, doutor en literatura en lingua inglesa, que foi durante anos presidente do departamento de inglés da universidade de Nova York. Vincent e Grace divorciáronse en 1945 sen teren fillos.

Estudos[editar | editar a fonte]

Hopper estudou en varias escolas privadas para mulleres, e en 1924 ingresou en Vassar College en Nova York, onde estudou matemáticas e física, graduándose con honores en 1928. Pouco despois, obtivo unha bolsa para cursar un mestrado en matemáticas na universidade Yale, onde se graduou en 1930.

Ofrecéronlle un posto como axudante no departamento de matemáticas de Vassar College, onde permaneceu ata 1943. Mentres, continuou os seus estudos en Yale, onde se doutorou en matemáticas en 1934.

Ingreso na armada[editar | editar a fonte]

Seguindo os pasos do seu bisavó, en 1943 decidiu unirse ás forzas armadas en plena segunda guerra mundial, para o que tivo que obter un permiso especial. Asistiu á escola de cadetes navais para mulleres, graduándose como a primeira da súa clase en 1944 co rango de tenente. Foi enviada a Harvard para traballar no proxecto de computación que dirixía o comandante Howard Aiken, a construción do Mark I.

Ao acabar a guerra, Hopper quixo seguir na armada, mais cumprira corenta anos en 1946 e o límite de idade era de 38, polo que foi rexeitada, aínda que si puido permanecer na reserva. Seguiu entón en Harvard como investigadora xunto con Aiken. Desenvolveu varias aplicacións contables para o Mark I, que estaba a ser empregado por unha compañía de seguros.

Permaneceu en Harvard ata 1949, cando comezou a traballar na Eckert - Mauchly Corporation en Filadelfia, que neses momentos estaban a desenvolver as computadoras BINAC e UNIVAC I. Traballou nesa compañía e nas súas sucesoras ata a súa xubilación en 1971. Alí foi onde Hopper realizou as súas maiores contribucións á programación moderna. En 1952, desenvolveu o primeiro compilador da historia, o A-0, e en 1957 creou o primeiro compilador para o procesamento de datos que empregaba ordes en inglés, o B-0 (FLOW-MATIC), utilizado principalmente para o cálculo de nóminas.

Cobol[editar | editar a fonte]

Trala súa experiencia con FLOW-MATIC, Hopper pensou que podía crearse unha linguaxe de programación que usase ordes en inglés e que servise para aplicacións de negocios. Con esta idea, establecéronse as bases para COBOL e dous anos despois creouse o comité que deseñou esta linguaxe. Aínda que Hopper non tivo un papel destacado no desenvolvemento da linguaxe, foi membro o comité orixinal para crealo, e o FLOW-MATIC foi unha influencia tan importante no deseño de COBOL, que Hopper pasou á historia da informática como a súa creadora.

COBOL foi a primeira linguaxe que ofreceu unha auténtica interface aos recursos dispoñibles no computador, de xeito que o programador non tiña que coñecer os detalles específicos. Ademais, os programas desenvolvidos para unha plataforma concreta podían ser executados nun ordenador diferente a aquel no que se programaran sen necesidade de facer cambios.

Ao final da súa carreira profesional participou nos comités de estandarización das linguaxes de programación COBOL e FORTRAN.

Reingreso na armada[editar | editar a fonte]

Hopper permaneceu na reserva ata finais de 1966, cando tivo que retirarse co grao de capitán de fragata, por alcanzar o límite de idade. Con todo, este retiro durou pouco, xa que a armada a volveu chamar en agosto de 1967 en principio, por un período de seis meses para que estandarizase as linguaxes de alto nivel que empregaba, mais que finalmente foi de forma indefinida. Retirouse de novo en 1971 e pedíuselle que volvese ao servizo de novo en 1972. Foi ascendida a capitán de navío en 1973.

En 1983 ascendeu a Contraalmirante e en 1986 retirouse da armada definitivamente, sendo nese momento a oficial de máis idade da armada dos Estados Unidos. Tralo seu retiro, incorporouse como asesora en Digital Equipment Corporation, participando en foros industriais e dando unhas 200 conferencias por ano e participando en programas educativos ata a súa morte.

Faleceu mentres durmía no seu domicilio de Arlington, Virxinia, o 1 de xaneiro de 1992, aos oitenta e cinco anos. Foi enterrada con todos os honores militares o 7 de xaneiro no cemiterio Nacional de Arlington.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Ao longo da súa vida, recibiu numerosos recoñecementos, que inclúen máis de corenta doutoramentos honoris causa, a Medalla Wilbur Lucius Cross de Yale, o rango de capitán en 1973, o de comodoro en 1983 e o de contraalmirante en 1985.

En 1969 recibiu o título de Home do ano en ciencias da computación (Data Processing Management Association) e en 1973 foi a primeira muller nomeada membro distinguido da British Computer Society.

Trala súa xubilación recibiu a Medalla de Servizo Distinguido de Defensa (1986) e a Medalla nacional de tecnoloxía (1991). O 22 de novembro de 2016 foi galardoada a título póstumo coa Medalla Presidencial da Liberdade polos seus logros no campo da computación polo presidente Barack Obama.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Wexelblat, ed., Richard L. (1981). History of Programming Languages. Nova York: Academic Press. ISBN 0-12-745040-8. 
  2. Spencer, Donald D. (1985). Computers and Information Processing. C.E. Merrill Publishing Co. ISBN 978-0-675-20290-9. 
  3. Laplante, Phillip A. (2001). Dictionary of computer science, engineering, and technology. CRC Press. ISBN 978-0-8493-2691-2. 
  4. Bunch, Bryan H.; Hellemans, Alexander (1993). The Timetables of Technology: A Chronology of the Most Important People and Events in the History of Technology. Simon & Schuster. ISBN 978-0-671-76918-5. 
  5. Booss-Bavnbek, Bernhelm; Høyrup, Jens (2003). Mathematics and War. Birkhäuser Verlag. ISBN 978-3-7643-1634-1. 
  6. "Recuperado de "Cyber Heroes of the past: "Amazing Grace" Hopper"". Consultado o 12 de decembro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]