Ábrete de orellas
Ábrete de orellas é un espazo de comunicación musical galego con actividade en Internet, en radio e tamén en prensa. O seu director é Pepe Cunha.
Historia
[editar | editar a fonte]Ábrete de Orellas naceu como programa musical en Radio Kaos, emisora universitaria do Campus de Ferrol no outono de 1997, e foi crecendo con atención á variedade musical e á música ao vivo na zona de Ferrol. Ao desaparecer Radio Kaos, na primavera de 2003 o programa pasou a ser difundido por Internet, e ampliou a súa zona de influencia de Ferrol a toda Galiza coincidindo coa chegada de Internet e a creación dun portal on-line.
En 2005 o Colectivo Opaíí-Rádio FilispiM, do cal Pepe Cunha é membro fundador, comezou a operar na comarca de Trasancos, onde Ábrete de orellas regresou en outono de 2014. A versión radiofónica do programa soa nas emisoras da Rede Galega de Radios Libres e Comunitarias (CUAC FM; Rádio FilispiM, Radio Roncudo, Radio Neira, Piratona ...), nas radios municipais de Redondela e Negreira e no podcast de Pontevedra Viva, ademais de estar dispoñíbel en Agora.gal e Podgalego.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Premios Martín Codax da Música na categoría de Espazo de Comunicación Musical (2016 e 2018).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- www.abretedeorellas.com
- http://emprende.galiciaconfidencial.com/noticia/19214-brete-orellas
- https://miradasenior.wordpress.com/2019/11/20/conferencia-o-papel-dos-medios-de-comunicacion-na-promocion-cultural-abrete-de-orellas-un-proxecto-exemplar-na-comunicacion-musical-galega/
- https://www.ivoox.com/abrete-orellas_sq_f186732.51191477_1.html