Sonna de Bretoña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Susa de Bretoña»)
Infotaula de personaSonna de Bretoña
Biografía
Mortec. 653 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Bispo
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico Editar o valor em Wikidata

Sonna foi un bispo galego da diocese de Britonia que asistiu ao Sétimo Concilio de Toledo no ano 646, onde asinou como:

Sonna sanctae ecclesiae Britoniensis, etsi indignus epicopus, haec sancta statuta definiens subscripsi.[1]

Flórez considerou que este bispo é o mesmo que, sete anos despois, en 653, foi convocado ao Oitavo Concilio de Toledo.[2] Ao non poder acudir, enviaría como vigairo ao presbítero Matericus, que asinaría no seu lugar:

Matericus presbyter Sosani [ou Sonani[3]] episcopi ecclesiae Britaniensis.[1]

Hai consenso nesta teoría, tamén apoiada por García Moreno[3] e por Simon Young,[4] aínda que non hai probas concluíntes para afirmalo.

O mesmo García Moreno tamén supón que debeu ser consagrado bispo arredor do 639, xa que ao Sexto Concilio de Toledo non acudiu representante britano (e si acudiron das demais dioceses galegas), polo que a sé estaría vacante; e no VII Concilio é precedido por bispos consagrados pouco antes do VI.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Enrique Cal Pardo. Episcopologio mindoniense. p. 12. ISBN 9788493302313. 
  2. Flórez, pp. 13-14.
  3. 3,0 3,1 3,2 Luis A. García Moreno. Prosopografía del reino visigodo de Toledo. p. 158. ISBN 9788460060185. 
  4. Simon Young. Britonia: Camiños novos. pp. 40–41. ISBN 9788495622587. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Henrique Flórez, OSA (1764). España Sagrada: theatro geographico-historico de la Iglesia de España. Origen, divisiones, y terminos de todas sus Provincias (en castelán). XVIII.  Google Books


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Metopio
 Bispo de Britonia 
? - 646 - 653 - ?
Sucesor:
Bela de Bretoña