Landnámabók

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Libro dos Asentamentos»)
Páxina principal da versión editada por H. Kruse en 1688.
Páxina do manuscrito Landnámabók no Instituto Árni Magnússon, en Reiquiavik, a capital de Islandia.

O Landnámabók, en ocasións abreviado Landnáma, (en islandés, Libro dos Asentamentos ou do Establecemento), é o traballo máis famoso do historiador Ari Thorgilson.

É un manuscrito medieval islandés que describe con moito detalle o asentamento dos noruegueses en Islandia durante os séculos IX e X d.C. Comeza co asentamento orixinal de Ingólfur Arnarson en Reiquiavik e a súa reclamación das terras do norte, oeste, leste e sur. De aí pasa a describir os descendentes dos primeiros poboadores e describe fitos importantes e a súa historia familiar ata o século XII. Describe máis de 3.000 persoas e 1.400 colonizadores. O Libro dos Asentamentos ou Landnámabók nomea a 435 homes como os colonizadores iniciais. A maioría asentáronse na parte norte e suroeste da illa.

Características[editar | editar a fonte]

Escrito no século XII, está dividida en cinco partes. A primeira contén relatos sobre o descubrimento de Islandia, xunto cos seus primeiros asentamentos (landnám).

O comezo da obra describe os intentos de Ingólfur Arnarson de apoderarse de Reiquiavik, para máis tarde conseguir estender os seus dominios polos catro puntos cardinais. Igualmente, narra os sucesos relacionados cos descendentes dos primeiros poboadores ata o século XII.

No libro noméanse a moitas persoas (arredor de 4.000) e colonizadores (arredor de 2.000), por iso, é considerada unha monumental obra da historia islandesa.

O Landnámabók constitúe unha fonte moi valiosa da historia e xenealoxía do pobo islandés.

Existen tres versións medievais do Landnámabók ou Libro dos Asentamentos:

  • Sturlubók de Sturla Þórðarson.
  • Hauksbók de Haukr Erlendsson, baseado no Sturlubók.
  • Unha terceira versión perdida de Styrmir Kárason Melabók.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]