Gotemburgo
Göteborg (sv) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | condado de Västra Götaland | ||||
Municipios | Gotemburgo (municipio) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 607.882 (2020) (2.632,44 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 23.092 ha | ||||
Bañado por | Göta älv (pt) e Kattegat | ||||
Altitude | 12 m | ||||
Creación | 1621 | ||||
Organización política | |||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 400 10–418 79 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 31 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | goteborg.se | ||||
Gotemburgo[1][2] ou Göteborg[3] (en sueco: Göteborg, [jœtəˈbɔrj] (AFI), escoitar) é unha cidade do condado de Västergötland na costa oeste de Suecia. No ano 2006, a cidade tiña unha poboación de 490.000 habitantes na súa área e 879.000 na área metropolitana, facéndoa a segunda maior cidade do país, despois de Estocolmo. A cidade tamén destaca pola súa importante universidade.
A cidade está situada no esteiro do Göta Älv no Kattegat, o río divide a cidade en dúas porcións, unha situada na illa de Hisingen e a outra en terra firme. Grazas ao río Göta Älv Gotemburgo é un dos portos máis importantes de Escandinavia.
Demografía
[editar | editar a fonte]A cidade de Gotemburgo, como a maioría das áreas metropolitanas de Suecia, posúe unha gran poboación inmigrante. Segundo o censo do 2005, a cidade tiña unha poboación de 93.965 inmigrantes, formando o 20% da poboación, do cal o 10% vén de Irán e o 9% de Finlandia. A poboación iraniana, xunto cos inmigrantes do Oriente Medio (sobre todo Iraq) e a antiga Iugoslavia, viven na zona de Angered (sobre todo en Bergsjön, Hjällbo e Hammarkullen) e noutros arrabaldes do nordeste, mentres que os procedentes de Escandinavia, Europa meridional (Portugal, Italia e Grecia) e Europa do leste viven máis integrados por toda a cidade. A zona de Frölunda é coñecida pola súa elevada poboación chinesa.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Gotemburgo atópase no Condado de Västra Götaland, na costa oeste da Suecia, está bañada polo Kattegat (estreito do Mar do Norte) e pola foz do río Göta Älv. Grazas á corrente do Golfo, a cidade posúe un clima ameno, é de grandes precipitacións. O arquipélago de Gotemburgo está formado por illas cunha constitución rochosa agreste, típica de toda a costa do Condado de Bohus.
A área metropolitana de Gotemburgo esténdese aos municipios de Ale, Härryda, Kungälv, Lerum, Mölndal, Partille, Stenungsund, Tjörn e Öckerö (no Condado de Västra Götaland) e Kungsbacka (no Condado de Halland).
Infraestruturas
[editar | editar a fonte]O principal aeroporto da cidade (Gotemburgo-Landvetter) atópase en Landvetter, a 20 km ao leste de Gotemburgo. Un segundo aeroporto (Göteborg City Airport), de menores dimensións, atópase 14 km ao norte da cidade. A estación central (Centralstationen) e a terminal Nils Ericson son outros importantes centros de comunicación da cidade, con autobuses e trens que comunican a cidade con diversos puntos de Suecia, e con ligazóns nas cidades de Oslo e Copenhague.
Diversas liñas de transbordador ligan a cidade a Frederikshavn, Kiel, Kristiansand e Newcastle. No 2005 o porto rexistrou un movemento de máis de 2.2 millóns de persoas.
Gotemburgo é un centro loxístico, cun transporte de mercadorías por tren e camión que unen Suecia e Noruega co porto da cidade. Este é o maior de toda Escandinavia, cun volume bruto de preto de 156 millóns de toneladas/ano (datos de 2005).
A liña de tren eléctrico/metropolitana é a maior do Norte de Europa, con máis de 150 km de extensión.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Dicionario Galaxia de Usos e Dificultades da Lingua Galega. Editorial Galaxia. 2004. p. 1305. ISBN 84-8288-752-1.
- ↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 111. ISBN 84-8158-266-2.
- ↑ "Göteborg". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo Edicións. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gotemburgo |
Ligazóns sxternas
[editar | editar a fonte]- Gothenburg & Co. - Sitio oficial de turismo
- Gothenburg - Páxina oficial
- Gothenburg Botanic Garden - Sitio oficial do xardín botánico
- Hotels in Gothenburg
- Architecture in Gothenburg - Guía Pdf en inglés