Saltar ao contido

O nome da rosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O nome da rosa
 Título
    Il nome della rosa (it) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Forma artística
 Ambientado en
 Época ambientación
 Narrador/a
 Lingua
 Caracterizado por
Implicados
 Autor/a
Datas
 Fundación / creación
1980 Editar o valor en Wikidata
 Data de publicación
1980 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Sucedido por
O Pêndulo de Foucault (pt) Traducir (1988 - ) Editar o valor en Wikidata
 Premios e distincións
Localización
 Publicado en
 País de orixe
Fontes e ligazóns
VIAF190478995 Editar o valor en Wikidata
Goodreads3138328 Editar o valor en Wikidata
Open LibraryOL8996439W Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/019gpb Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1957041
Wikidata C:Commons

O nome da rosa (no orixinal en italiano: Il nome della Rosa) é unha novela de Umberto Eco publicada en 1980. En 1986, foi levada ó cine polo director Jean-Jacques Annaud, baixo o título O nome da rosa. O personaxe principal foi interpretado por Sean Connery.

Foi traducida ao galego por Maite Jiménez Pérez e publicada por Aira Editorial en 2021.[1]

No inverno de 1327, baixo o papado de Xoán XXII, Adso de Melk e o seu mestre Guillerme de Baskerville chegan a unha abadía, famosa pola súa impresionante biblioteca con estritas normas de acceso, situada nos Alpes italianos para organizar unha reunión entre os delegados do Papa e o emperador e poder discutir sobre a suposta herexía dunha rama dos franciscanos: os espirituais.

Porén, esta reunión vese ameazada por unha serie de asasinatos que aparentemente seguen a pauta dunha pasaxe da Apocalipse. Guillerme e Adso, saltándose en moitos momentos as normas da abadía, intentan resolver os asasinatos ata chegar ó trepidante final.

A historia é contada en primeira persoa polo xa ancián Adso, que desexa deixar un rexistro do que presenciou sendo mozo na abadía. O empeño posto en lograr unha ambientación adecuada implica que o autor use en repetidas ocasións citas en latín, especialmente nas conversacións eruditas entre os monxes. Tamén se reconstrúe con detalle a vida cotiá no mosteiro e a ríxida división horaria.

O significado do nome da rosa

[editar | editar a fonte]

O nome da rosa pode resultar un título moi confuso que causa a atención durante todo o traxecto da película, e unha intriga inquietante de saber que significa “a rosa”. Nunha entrevista Umberto Eco afirma que o título non foi posto ó rematar a obra, senón que o puxo despois de que a editorial rexeitara o de “Adso”. Eco quixo desviar a atención do lector para que quedase ó seu criterio. Realmente non existe un fundamento forte nin estable mediante o que se poida confirmar a orixe do título. Porén, unha interpretación plausible provén da última frase do libro: "Stat rosa pristina nomine, nomina nuda tenemus" (da rosa non resta senón o nome), que pode aludir a que, tralo incendio, de todo o acervo cultural e riqueza espiritual contidos na biblioteca da abadía quedou só o recordo.

Referencias a outras persoas e textos

[editar | editar a fonte]

A novela ten múltiples referencias máis ou menos explícitas. Adso é un tributo a Simplicio, un personaxe do Diálogo sobre os principais sistemas do mundo de Galileo Galilei (Ad simplicio, "para Simplicio") e ó Dr. J. H. Watson, compañeiro de Sherlock Holmes. Guillerme de Baskerville, alude polo seu nome, e en ocasións pola súa actuación, a Guillerme de Ockham e a Sherlock Holmes (protagonista do libro Hound of the Baskervilles). Tamén existen varias referencias a Jorge Luis Borges: Jorge de Burgos (o bibliotecario cego), a disposición da biblioteca-labirinto (segundo o modelo da "biblioteca de Babel" do libro Ficciones)...

Tamén se alude ó libro II da Poética de Aristóteles, sobre a comedia e a poesía iámbica, que se perdeu, aparentemente durante a Idade Media, e da que nada se coñece. É o libro que na novela causa a morte de varios monxes.

Realízase unha exposición do método científico e o razoamento dedutivo usado habilmente por Guillerme.

Repercusión

[editar | editar a fonte]

O éxito acadado pola primeira novela de Umberto Eco foi similar ó que obtivo a adaptación cinematográfica de Jean-Jacques Annaud en 1986. Na película Sean Connery interpreta o monxe franciscano e antigo inquisidor, e Christian Slater a Adso.

Tamén inspirou un videoxogo a finais dos 1980 chamado La abadía del crimen, así como un xogo de mesa aparecido en 1996, El misterio de la Abadía, e un xogo conversacional denominado En el nombre del señor.[2]

  1. ↑ airaeditorial.gal (ed.). "O nome da rosa". airaeditorial.gal. Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2021. Consultado o 27 de novembro de 2021.
  2. ↑ karnevi (16 de xullo de 2001). "En el Nombre del Señor · computeremuzone.com". computeremuzone.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2007. Consultado o 3 de setembro de 2026.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Eco, Umberto, El nombre de la rosa, y Apostillas a El nombre de la rosa, Editorial Lumen: Barcelona, 2005. ISBN 978-84-264-1437-3