Alessandria
Alessandria (Lissändria, en piemontés) é unha cidade do Piemonte, Italia, capital da Provincia de Alessandria. Centro ferroviario e industrial a carón do río Tanaro. No ano 2001 tiña 82.201 habitantes. Umberto Eco naceu na cidade.
Historia[editar | editar a fonte]
Fundada sobre un núclo urbano xa existente pola iniciativa da Liga Lombarda, como fortaleza antiimperial na fronteira do marquesado de Monferrato, principal aliado de Barbarossa, leva o nome actual dende o ano 1168 en honra do papa Alexandre III. Entre 1174 e 1175 foi asediada polos imperiais que non conseguiron vencela. Dende o 1198 é unha comuna libre, tivo constantes enfrontamentos coas comunas veciñas, en especial Asti.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alessandria ![]() |