Signo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O signo de risco biolóxico é un símbolo convencional sen ningunha relación co que representa.

Un signo (do latín "signum", á súa vez do grego "σημειόν") é unha entidade que ten o significado doutra entidade, sendo a partícula máis pequerrecha no ámbito da expresión[1]. Deste xeito, non obstante, trátase dun elemento complexo que leva consigo unha información significativa, así como da parte máis importante dunha mensaxe que chega aos nosos sentidos a través do sentido da vista ou o oído[2].

Un signo natural é unha entidade que posúe unha relación casual coa entidade significante, como un relampo como signo de tormenta. Un signo convencional ten significado de seu por acordo, así como un punto quere dicir que a oración remata. O signo está en contraste co símbolo, o cal representa outra cousa (por exemplo unha bandeira pode ser o símbolo dunha nación). Ao falarmos de signo, non existe motivación nin semellanza formal entre aquilo que se emprega para determinar e o obxecto ou idea á que se quere facer referencia. A asociación destas dúas caras (significante e significado) é puramente convencional.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. D. B. shvoong.es, ed. "Diferencia entre signo y símbolo" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 21-09-2009. Consultado o 10-09-2009. 
  2. A. Juri, Juan José. "Signos y símbolos" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28-08-2009. Consultado o 10-09-2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]