Stalin, Churchill e Truman (así como Clement Attlee, que sucedeu a Churchill tras gañar as eleccións de 1945) acordaran decidir como administrarían Alemaña, que se rendera incondicionalmente nove semanas antes, o 8 de maio. Os obxectivos da conferencia tamén incluían o establecemento dunha orde de posguerra, asuntos relacionados con tratados de paz e o estudo dos efectos da guerra.
O establecemento temporal da liña Oder-Neisse, que sería a fronteira do territorio administrado polo goberno de Polonia. (A fronteira final entre Alemaña e Polonia fora discutida nunha conferencia de paz final).
O reasentamento de «forma humana e ordenada» das minorías alemás de «Polonia, Hungría e Checoslovaquia» dentro das novas fronteiras establecidas para Alemaña e Austria.
Acordo para a reconstrución. Os aliados estimaron as súas perdas en 200 mil millóns de dólares. Alemaña foi obrigada a pagar unicamente 20 mil millóns en produtos industriais e man de obra. Non obstante, a guerra fría evitou que se pagara esta débeda.
A declaración de Potsdam, que subliñou os termos da rendición para Xapón.
O resto dos asuntos debían tratarse nunha conferencia de paz final tan pronto como fora posible.
Stalin inicialmente quería a ruptura de toda relación co goberno de Franco. Eventualmente chegouse ao acordo de que Estados Unidos, a URSS e Inglaterra se opuxeran á entrada de España na Organización de Nacións Unidas.
Isto levaría máis tarde a un mundo bipolar na guerra fría, onde por primeira vez o comunismo e as democracias occidentais se separaran dunha forma física.
Ultimato a Xapón que debía renderse sen condicións.