Yu Shan
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
| Tipo | montaña | |||
|---|---|---|---|---|
| Situado na entidade xeográfica | Illa de Taiwán | |||
| Localizado na área protexida | Yushan National Park (en) | |||
| Localización | ||||
| División administrativa | 信義鄉, Taiwán, 阿里山鄉, Taiwán e 桃源區, Taiwán | |||
| ||||
| Cordilleira | Yushan Range (en) | |||
| Características | ||||
| Altitude | 3.952 m | |||
| Prominencia topográfica | 3.952 m | |||
| Illamento topográfico | 1.815 km | |||
| Historia | ||||
| Cronoloxía | ||||
| 1900 | primeira ascensión | |||
| 1896 | primeira ascensión | |||
O monte Yu Shan (en chinés "Montaña de Xade"), con 3.952 metros de altura sobre o nivel de mar, conforma a maior elevación da illa de Taiwán.
Situación
[editar | editar a fonte]O Yu Shan forma parte da cadea montañosa que se estende de norte a sur na parte oriental da illa (Montes Zhongyang), da que forman parte outros picos elevados. O Yu Shan está situado, aproximadamente, na parte centro-sur do dito cordal. A localidade de Alishan, sita a oeste da montaña, é a máis próxima.
Ascensións
[editar | editar a fonte]O Yu Shan é un pico de fácil escalada polo que non atrae demasiado a atención dos montañeiros especializados que prefiren retos máis complexos. Hai dous sendeiros ben marcados que conducen até a cima.
Contorno
[editar | editar a fonte]O monte está incluído dentro do Parque Nacional de Yu Shan, polo que se precisa un permiso do mesmo para poder subir ao monte. Dado o clima tropical, con influencia monzónica, imperante na zona a vexetación é abundante e adaptada ao medio (bambú, lianas, coníferas).
Outros nomes
[editar | editar a fonte]O capitán de fragata estadounidense Alexander W. Morrison descrebeu a montaña en 1857 e denominouna Mount Morrison, nome que foi usado durante tempo na bibliografía xeográfica occidental. Mentres durou a ocupación de Taiwán polos xaponeses o Yu Shan foi chamado por eles Niitakayama, é dicir monte Niitaka.
