Paramaribo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paramaribo
Localización
Paramaribo en Suriname
Paramaribo
Paramaribo
País Suriname
DistritoDistrito de Paramaribo
Xeografía
Altitude3 msnm
Superficie182 km² km²
Demografía
Poboación240.924 hab. (2010)
Densidade1.300 hab/km²

Paramaribo (coloquialmente Par'bo) é a capital de Suriname. Está situada no distrito homónimo ás beiras do río Suriname, a uns 15 km da costa. A súa poboación é de arredor de 250.000 habitantes, o que representa a metade da poboación do país. En 2002 foi declarada Patrimonio da Humanidade.

Historia[editar | editar a fonte]

A cidade, fundada polos holandeses, foi conquistada polos británicos en 1630, tornándose en 1650 na capital da nova colonia inglesa. Porén, en anos sucesivos houbo cambios na posesión da cidade entre holandeses e británicos, mais Paramaribo ficou finalmente baixo poder holandés desde 1815 até a independecia de Suriname en 1975.

A maioría dos seus habitantes son indios asiáticos inmigrados, xunto con amerindios, descendentes de africanos, de procedencia indonesia (illa de Xava) e mais descendantes dos holandeses.

No mes de xaneiro de 1821, un furioso incendio arrasou a cidade, destruíndo máis de 400 casas e outras edificacións. Un segundo incendio en 1832, destruíu 46 vivendas.

Economía[editar | editar a fonte]

As actividades económicas principais móvense arredor da exportación de materias primas e produtos semielaborados, principalmente ouro, bauxita, cana de azucre, azucre, arroz, cacao, café, ron e madeira tropical.

Cultura[editar | editar a fonte]

Centro histórico de Paramaribo
Casas de estilo colonial, Waterkant, Paramaribo
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País Suriname
Localización5°49′34″N 55°09′14″O / 5.82611, -55.15389
TipoCultural
CriteriosII, IV
Inscrición2002 (26ª sesión)
Rexión da UNESCOLatino América e o Caribe
Identificador940

Paramaribo é a sede da única universidade de Suriname, a Anton de Kom, que ten 3 facultades e 16 escolas.

Catedral, edificada totalmente de madeira