Saltar ao contido

Lingua xavanesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lingua xavanesa
Basa Jawa Editar o valor en Wikidata
 Subclase de
Propiedades
 Número de falantes
68300000 (2019)
84308740 (2000) Editar o valor en Wikidata
 Tipoloxía lingüística
 Estado de lingua da UNESCO
segura
Clasificación lingüística
Localización
Identificadores
Freebase/m/02hwx1l Editar o valor en Wikidata
ISO 639-1jv Editar o valor en Wikidata
ISO 639-2jav Editar o valor en Wikidata
ISO 639-3jav Editar o valor en Wikidata
ISO 639-5jav Editar o valor en Wikidata
IETFjv Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Redes
BNE: XX543829
Wikidata C:Commons

O xavanés[1] é a lingua que se fala principalmente nas zonas central e oriental da illa de Xava, en Indonesia, empregado aproximadamente por unhas 75 500 000 persoas. O xavanés pertence á familia austronesia; polo tanto, está relacionado co bahasa indonesio e o malaio. Moitos falantes de xavanés tamén usan bahasa indonesio como lingua oficial e de negocios.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

O idioma xavanés pertence á subrama súndica da rama malaio-polinesia occidental, a cal á súa vez é unha rama da sub-familia malaio-polinesia da familia austronesia. É unha lingua próxima ao malaio, ao sondanés, ao madurés, ao balinés e, en menor medida, a varias linguas de Sumatra e Borneo.

Fóra de Indonesia existen grandes comunidades de falantes de xavanés en países veciños como: Timor Oriental, Malaisia, Singapur, Australia, Taiwán e Hong Kong na China. Tamén hai comunidades de falantes en Suriname, Nova Caledonia e os Países Baixos.

O xavanés é falado na parte central e leste da illa de Xava, así como na costa norte de Xava Occidental. En Madura, Balí, Lombok e a rexión de Sunda é utilizado como lingua literaria. Foi a lingua da corte en Palembang, na provincia de Sumatra do Sur, até que o palacio foi saqueado polos neerlandeses a finais do século XVIII.

O xavanés pode ser considerado como unha das linguas clásicas do mundo, cunha vasta literatura que abrangue máis de doce séculos. Os estudosos dividen a historia da lingua xavanesa en catro etapas diferentes:

  • Antigo xavanés (desde o século IX)
  • Xavanés medio (desde o século XIII)
  • Novo xavanés (desde o século XVI)
  • Xavanés moderno (desde o século XX) (esta clasificación non é usada universalmente)

O idioma é escrito utilizando a escritura xavanesa (descendente da escritura brahmánica da India), a escritura arabo-xavanesa, o alfabeto árabe e o alfabeto latino. Aínda que non é o idioma oficial de ningún país, é a lingua austronesia con máis falantes nativos. É falada por aproximadamente 80 millóns de persoas. Polo menos o 45% da poboación de Indonesia é de orixe xavanesa. Por tal razón, o xavanés tivo un importante papel no desenvolvemento do indonesio, lingua nacional de Indonesia, un dialecto do malaio.

Dialectos

[editar | editar a fonte]

Existen tres grupos principais de dialectos do xavanés: o xavanés occidental, xavanés oriental e xavanés central. As diferenzas entre estes grupos dialectais son fundamentalmente a pronunciación e, en menor medida, o vocabulario. Todos os dialectos xavaneses son máis ou menos mutuamente intelixibles.

A variante de Xava Central, baseada na forma de Surakarta (e tamén en certo grao na de Yogyakarta), é considerado como o dialecto xavanés máis "culto", polo que o xavanés estándar inspírase neste dialecto. Estas dúas cidades son as sedes dos catro principados xavaneses, herdeiros do Sultanato de Mataram, que unha vez reinou a case totalidade de Xava, como tamén fóra desta.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xavanés.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]