Bandeira de Suriname
Aparencia
| Bandeira de Suriname | |
|---|---|
| Características | |
| Uso | |
| Proporción | 2:3 |
| Adopción | 25 de novembro de 1975 |
| Cores | Verde Amarelo Vermello Branco |
A bandeira de Suriname está composta por cinco franxas horizontais. As exteriores son de cor verde, a central é vermella e está bordeada polas brancas. A franxa vermella é de dobre anchura que as verdes e o grosor destas últimas é tamén dobre respecto a cada unha das brancas. No centro da bandeira, figura unha estrela de cinco puntas de cor amarela.
Esta bandeira adoptouse o 25 de novembro de 1975, despois de que Suriname obtivese a súa independencia. A estrela representa a unidade de tódolos grupos étnicos do país. A franxa vermella simboliza o progreso e o amor, a verde a esperanza e a fertilidade e as brancas, a xustiza e a paz.
Outras bandeiras
[editar | editar a fonte]- Bandeira nacional de 1959 a 1975
- Estandarte do gobernador da Guayana Holandesa (Surinam) 1966-1975
- Bandeira do Primeiro Ministro, 1975-1988
- Estandarte presidencial