Aleksandr Blok

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Aleksandr Blok
Alexander Blok.jpeg
Aleksander Blok en 1907
Nacemento16 de novembro de 1880
 San Petersburgo
Falecemento7 de agosto de 1921
 San Petersburgo
Causaendocardite
Soterradocemiterio Smolensky
NacionalidadeImperio Ruso e República Socialista Soviética Federativa de Rusia
Alma máterUniversidade Estatal de San Petersburgo
Ocupaciónpoeta, tradutor, dramaturgo, escritor e filósofo
PaiAlexandre Lvovitch Blok
NaiAlexandra Beketova
CónxuxeLioubov Blok
Fillossen etiquetar
Signature of Alexander Blok.svg
editar datos en Wikidata ]

Aleksandr Aleksandrovich Blok (en ruso: Александр Александрович Блок), nado en San Petersburgo o 28 de novembro de 1880 e falecido na mesma cidade o 7 de agosto de 1921, foi un poeta ruso representante do simbolismo no seu país.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nacido no seo dunha familia de intelectuais refinados descendentes de Johann von Blok, quen fora médico persoal do tsar, súa nai, A. A. Beketova era escritora e seu pai foi profesor de dereito en Varsovia e máis tamén seu avó materno fora reitor da Universidade Estatal de San Petersburgo. Seus pais separáronse pouco despois de el nacer, vivindo el a maior parte do tempo co seu avó materno A. N. Beketov nas súas propiedades de Shakhmatovo, preto de Solnechnogorsk, a uns 65 quilómetros de Moscova. A súa nai volveu casar cando el tiña nove anos e o rapaz foi vivir coa parella pasando os veráns co seu avó. A lectura da filosofía de Vladimir Soloviev e da poesía de Fiodor Tiutchev e Afanasi Fet foi a principal influencia dos seus primeiros escritos, que aparecerían posteriormente no libro Ante Lucem. En 1903 casou con Lyubov Dmitrievna Mendeleeva, filla do recoñecido químico Dmitri Mendeleev, figura na que se basea para escribir o seu primeiro libro publicado Versos sobre a fermosa señora (1904-1905) no que transfigura á súa dona no ideal do eterno feminino. As imaxes místicas e idealizadas deste o seu primeiro libro fixeron del o cabeza dos simbolistas rusos. Durante o último período da súa vida enfatizou máis os temas políticos, salientando o destino mesiánico do seu país: Vozmezdie (O castigo, 1910-1921),Rodina (A patria, 1907–16); Skify (Os escitas, 1918). Influenciado polas doutrinas de Soloviev, adquiriu temores de tipo apocalíptico alternando entre a esperanza e o desespero. Púxose de parte da revolución rusa pero para 1921 estaba desilusionado con ela.