Hiperrealismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Chicken man de Ron Mueck.
The Midpoint, escultura hiperrealista de Carol Feuerman na Bienal de Venecia de 2017.

O hiperrealismo é un xénero dentro da pintura que trata de darlle ás imaxes o aspecto dunha fotografía. Aplícase tamén o termo ó movemento dado nos Estado Unidos e en Europa a finais dos anos sesenta e principios dos setenta[1]. Considérase o hiperrealismo unha evolución do fotorrealismo estadounidense. Existe tamén o hiperrealismo dentro da escultura, aínda que nese caso non se aplica a máxima de que as obras tiñan que parecerse á fotografía, senón que no caso da escultura teñen que parecerse á propia realidade.

Destacan dentro desta escola artística Richard Estes, Robert Bechtle ou Ralph Goings na pintura; Duane Hanson, Carole Feuerman ou Ron Mueck na escultura. En Galicia pintores como Manuel Quintana Martelo ou Baldomero Pestana poden relacionarse co movemento.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Exposición - Hiperrealismo 1967-2012". Museo Nacional Thyssen-Bornemisza (en castelán). Consultado o 2020-04-15.