Odilon Redon
Odilon Redon | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Bertrand Redom |
Nacemento | 20 de abril de 1840 e 22 de abril de 1840 |
Lugar de nacemento | Bordeos |
Falecemento | 6 de xullo de 1916 |
Lugar de falecemento | París |
Soterrado | Bièvres |
Nacionalidade | Francia |
Etnia | Pobo francés |
Ocupación | pintor, ilustrador, gravador, escultor, litógrafo, artista gráfico, debuxante e architectural draftsperson |
Cónxuxe | Camille Redon |
Fillos | Arï Redon |
Irmáns | Gaston Redon e Ernest Redon |
Coñecido por | The Birth of Venus, Les Yeux clos e The Cyclops |
Premios | Cabaleiro da Lexión de Honra |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Bertrand-Jean Redon, coñecido como Odilon Redon, nado en Bordeos o 20 de abril de 1840 e finado en París o 6 de xullo de 1916, foi un pintor e artista gráfico francés, considerado o máis importante dos pintores do Simbolismo, por ser o único que soubo crear unha linguaxe plástica particular e orixinal.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi un colorista moi destacado. A súa arte explora os meandros do pensamento, o aspecto sombrío e esotérico da alma humana, impregnado de mecanismos do soño.
Redon foi un dos membros máis destacados do movemento simbolista, cuxas bases teóricas foron definidas polos manifestos do poeta Stéphane Mallarmé e pola estética romántica. Diferentemente da obra dos seus compañeiros, a súa chegou aos límites da suxestión e da abstracción, e pódese dicir que, tanto formal canto conceptualmente, chegou, de modo visionário, preto da futura vangarda surrealista.
Publicou en vida unha interesante autobiografía onde son evocadas as súas relacións co medio artístico e as ambicións artísticas e espirituais da súa época.
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Odilon Redon |