Max Beerbohm
Max Beerbohm | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Henry Maximilian Beerbohm |
Nacemento | 24 de agosto de 1872 |
Lugar de nacemento | Londres |
Falecemento | 20 de maio de 1956 |
Lugar de falecemento | Rapallo |
Soterrado | Catedral de San Paulo de Londres |
Nacionalidade | Reino Unido |
Alma máter | Merton College e Charterhouse School |
Ocupación | caricaturista, poeta, novelista, ensaísta, acuarelista, pintor, crítico literario, ilustrador, xornalista, humorista, debuxante e escritor |
Pai | Julius Beerbohm |
Nai | Eliza Draper |
Cónxuxe | Elisabeth Jungmann e Florence Kahn |
Premios | Knight Bachelor |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Henry Maximilian Beerbohm, nado o 24 de agosto de 1872 e finado o 20 de maio de 1956, foi un caricaturista e escritor inglés.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu en Londres, o medio irmán máis novo do actor e produtor Herbert Beerbohm Tree, educouse en Charterhouse School e na Universidade de Oxford, onde foi secretario do Myrmidon Club. En Oxford formou parte do grupo de Oscar Wilde.
O seu primeiro escrito, Defence of Cosmetics publicouse na revista literaria Yellow Book. Colaborou como crítico literario do Saturday Review desde 1898 ata 1910. O seu primeiro libro, The Works of Max Beerbohm publicouse en 1896. A súa primeira colección de caricaturas tamén data de 1896 Caricatures of Twenty-five Gentlemen. En 1897 escribiu a fábula The Happy Hypocrite e Zuleika Dobson, a súa única novela, data de 1911. O seu anecdotario Seven Men (1919) considérase unha obra mestra do xénero . A partir de 1935 apareceu ocasionalmente na radio.
Obra[editar | editar a fonte]
- The Works of Max Beerbohm, with a Bibliography by John Lane (1896)
- More (1899)
- Yet Again (1909)
- Zuleika Dobson; or, An Oxford Love Story (1911)
- A Christmas Garland, Woven by Max Beerbohm (1912)
- Seven Men (1919)
- Herbert Beerbohm Tree: Some Memories of Him and of His Art (1920, ed. de Max Beerbohm)
- And Even Now (1920)
- A Peep into the Past (1923)
- Around Theatres (1924)
- A Variety of Things (1928)
- The Dreadful Dragon of Hay Hill (1928)
- Lytton Strachey (1943) Rede Lecture
- Mainly on the Air (1946; enlarged edition 1957)
- The Incomparable Max: A Collection of Writings of Sir Max Beerbohm" (1962)
- Max in Verse: Rhymes and Parodies (1963, ed. de J. G. Riewald)
- Letters to Reggie Turner (1964, ed. de Rupert Hart-Davis)
- More Theatres, 1898–1903 (1969, ed. de Rupert Hart-Davis)
- Selected Prose (1970, ed. by Lord David Cecil)
- Max and Will: Max Beerbohm and William Rothenstein: Their Friendship and Letters (1975, ed. de Mary M. Lago e Karl Beckson)
- Letters of Max Beerbohm: 1892–1956 (1988, ed. de Rupert Hart-Davis)
- Last Theatres (1970, ed. by Rupert Hart-Davis)
- A Peep into the Past and Other Prose Pieces (1972)
- Max Beerbohm and "The Mirror of the Past" (1982, ed. Lawrence Danson)
Coleccións de caricaturas[editar | editar a fonte]
- Caricatures of Twenty-Five Gentlemen (1896)I
- The Poets' Corner (1904)
- A Book of Caricatures (1907)
- Cartoons: The Second Childhood of John Bull (1911)
- Fifty Caricatures (1913)
- A Survey (1921)
- Rossetti and His Circle (1922)
- Things New and Old (1923)
- Observations (1925)
- Heroes and Heroines of Bitter Sweet (1931)
- Max's Nineties: Drawings 1892–1899 (1958, ed. Rupert Hart-Davies e Allan Wade)
- Beerbohm's Literary Caricatures: From Homer to Huxley (1977, ed. J. G. Riewald)
- Max Beerbohm Caricatures (1997, ed. N. John Hall)
- Enoch Soames: A Critical Heritage (1997)