António Nobre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
António Nobre
Antonio Nobre.jpg
Nacemento16 de agosto de 1867
Lugar de nacementoPorto
Falecemento18 de marzo de 1900
Lugar de falecementoPorto
Causatuberculose
NacionalidadePortugal
RelixiónIgrexa católica
Alma máterUniversidade de Coímbra e Universidade de París
Ocupaciónpoeta e escritor
Na rede
Musicbrainz: 4818caf9-0583-4b97-83f9-dc2e2946c703 Discogs: 1639890 Editar o valor em Wikidata
Assinatura António Nobre.svg
editar datos en Wikidata ]

António Pereira Nobre, nado no Porto o 16 de agosto de 1867 e finado na Foz do Douro o 18 de marzo de 1900,[1] máis coñecido como António Nobre, foi un poeta portugués cuxa obra se insere nas correntes ultra-romántica, simbolista, decadentista e saudosista (interesada no rexurdir dos valores patrios) da xeración finisecular do século XIX portugués. A súa principal obra, (París, 1892), está marcada pola lamentación e a nostalxia, imbuída de subxectivismo, mais simultaneamente suavizada pola presenza dun fío de auto-ironía e coa rotura coa estrutura formal do xénero poético en que se insere, traducida na utilización do discurso coloquial e na diversificación estrófica e rítmica dos poemas. A pesar de que a súa produción poética mostra unha clara influencia de Almeida Garrett e de Júlio Dinis, ela insérese decididamente no canon do simbolismo francés. A súa principal contribución para o simbolismo lusófono foi a introdución da alternáncia entre o vocabulário refinado dos simbolistas e outro máis coloquial, reflexo da súa infancia xunto do pobo norteño. Faleceu con só 32 anos de idade, tras unha prolongada loita contra a tuberculose pulmonar.

Biografía[editar | editar a fonte]

António Nobre naceu na cidade do Porto o 16 de agosto de 1867, nunha familia con recursos que residía na Rúa de Santa Catarina, 467-469, na época de seu nacemento. Seu pai era natural de Borba de Godim (Lixa), tendo aí vivido durante sete anos. Pasou a infancia en Tras-os-Montes, na Póvoa de Varzim, Leça de Palmeira e na Lixa. En 1888 matriculouse no curso de Dereito da Universidade de Coímbra, mais non se inseriu na vida estudantil coimbrá, suspendendo por dúas veces.[2] Optou entón por partir, en 1890, para París onde estudou na Escola Libre de Ciencias Políticas (École Libre des Sciences Politiques, de Émile Boutmy), licenciándose en Ciencias Políticas o ano de 1895. Durante a súa permanencia en Francia familiarizouse coas novas tendencias da poesía do seu tempo, adheríndose ao simbolismo. Foi tamén en París que contactou con Eça de Queirós, na altura cónsul de Portugal naquela cidade,[3] e escribiu a maior parte dos poemas que virían a constituír a colectánea , que publicaría naquela cidade en 1892.

O libro de poesía , que sería a súa única obra publicada en vida, constitúe un dos marcos da poesía portuguesa do século XIX. Esta obra sería, aínda en vida, reeditada en Lisboa, con variantes, lanzando definitivamente o poeta no medio cultural portugués. Aparecida nun período en que o simbolismo era a corrente dominante na poesía portuguesa coeva, diferénciase dos canons dominantes desta corrente, o que poderá explicar as críticas pouco lisonxjeiras con que a obra foi inicialmente recibida en Portugal. A pesar dese acollemento, a obra de António Nobre tivo como mérito, xuntamente con Cesário Verde, Guerra Junqueiro, Antero de Quental, entre outros, de influenciar decisivamente o modernismo portugués e tornar a escrita simbolista máis coloquial e leve.

No seu regreso a Portugal decidiu enveredar pola carreira diplomática, participando, sen éxito, nun concurso para cónsul. Non obstante adoece con tuberculose pulmonar, doenza que o obriga a ocupar o resto dos seus días en viaxes entre sanatorios na Suíza, na Madeira, pasando por Nova York, polas aforas de Lisboa, pola entón chamada estancia do Seixoso (na Lixa) e pola casa da familia no Seixo, procurando en balde na mudanza de clima o remedio para o seu mal.

Vítima da tuberculose pulmonar, faleceu na Foz do Douro, o 18 de marzo de 1900, con só 32 anos de idade, na casa de seu irmán Augusto Nobre, reputado biólogo e profesor da Universidade do Porto.

Deixou inédita a maioría da súa obra poética. A pesar da morte prematura, e de publicar en vida unha obra, a colectánea , António Nobre influenciou grandes nomes do modernismo portugués, como Fernando Pessoa, Mário de Sá-Carneiro, Alfredo Pedro Guisado e Florbela Espanca, deixando unha marca indelébel na literatura lusófona.

Foi sepultado no Cemiterio do Prado do Repouso construído en 1907 polo irmán Augusto Nobre, mais o corpo do poeta foi posteriormente trasladado en 1946 para o cemiterio de Leça da Palmeira, localidade onde crecera.

Un monumento a António Nobre, deseñado polo arquitecto Álvaro Siza Vieira encóntrase preto da praia da Boa Nova en Leça da Palmeira. Está inscrito: «farto de dores com que o matavam / foi em viagens por esse mundo - a António Nobre, 1980».[4]

Obra[editar | editar a fonte]

En vida, António Nobre publicou nada máis a colectánea , saída ao público en París o ano de 1892. Deixou con todo un conxunto de inéditos, que foron publicados postumamente, en colaboración dispersa por diversos periódicos.

  • , Léon Vanier Editeur, París, 1892
    • 2.ª edición, revisada e aumentada: Guillard, Aillaud e Cª, Lisboa, 1898.
    • Reprodución tipográfica da 2.ª edición (1898), prefacio e edición de Paula Morão, Caixotim, Porto, 2000.
    • Edición con prefacio de Agustina Bessa-Luís, Livraria Civilização, Porto, 1983 (reimpreso en 1999).
    • Edición en español: Solo. Ediciones sequitur, 2009.
    • Edición en francés: Seúl, L'Arbre á Paroles, Amay, 2008.
  • Despedidas (1895 - 1899), Porto, 1902.
    • 2.ª edición, Biblioteca de Iniciación Literaria, Lello e Irmáns, Porto, 1985.
  • Primeiros versos (1882-1889), Porto, 1921;
    • 2.ª edición, Biblioteca de Iniciação Literária, Lello e Irmão, Porto, 1984.
  • Cartas Inéditas de António Nobre, 1934.
  • Cartas e Bilhetes Postais a Justino Montalvão, 1956.
  • Correspondência, Lisboa, 1967.
  • Correspondência II, Lisboa, 1969.
    • Correspondência (organização, introdução e notas de Guilherme de Castilho), Imprensa Nacional Casa da Moeda, Lisboa, 1982.
  • Alicerces, seguido de Livro de Apontamentos (lectura, prefacio e notas de Mário Cláudio), Imprensa Nacional Casa da Moeda, Lisboa, 1983.
  • Correspondência com Cândida Ramos (leitura, prefácio e notas de Mário Cláudio), Biblioteca Pública Municipal do Porto, Porto, 1982.
  • Relaxando em Família (Carta a Jailson) Museo Nacional de Brenox, Publicado no sector Saymonxxx, Balsa 1745.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Biografía de António Nobre . Quién es, vida, historia, bio resumida". www.buscabiografias.com. Consultado o 2020-05-16. 
  2. "Biografia de António Nobre". eBiografia (en portugués). Consultado o 2020-05-16. 
  3. "Biografia - António Nobre". escritas.org. Consultado o 2020-05-16. 
  4. "Monumento dedicado a António Nobre". www.editorialbuencamino.com (en castelán). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[1][editar | editar a fonte]

  • António Nobre em contexto, Actas do Colóquio realizado a 13 e 14 de Dezembro de 2000, Biblioteca Nacional e Departamento de Literaturas Românicas da Facultade de Letras de Lisboa, organização de Paula Morão, Lisboa, Colibri, 2001.
  • Buescu, Helena Carvalhão. Chiaroscuro - Modernidade e literatura, Porto, Campo das Letras, 2001; «Motivos do sujeito frágil na lírica portuguesa (entre Simbolismo e Modernismo)» - pp. 188-204, «Metrópolis, ou uma visita ao Sr. Scrooge (a poesia de António Nobre)» - pp. 204-216, «Diferença do campo, diferença da cidade: Cesário Verde e António Nobre» - pp. 216-226.
  • Castilho, Guilherme de. Vida e obra de António Nobre, 3ª ed. revista e ampliada, Lisboa, Bertrand, 1980.
  • Cintra, Luís Filipe Lindley. O ritmo na poesia de António Nobre, edição e prefácio de Paula Morão, Lisboa, Imprensa Nacional – Casa da Moeda, 2002.
  • Cláudio, Mário.
  1. António Nobre – 1867-1900 – Fotobiografia, Lisboa, Publicações Dom Quixote, 2001.
  2. Páginas nobrianas, Porto, Edições Caixotim, 2004.
  • Colóquio - Letras, nº 127 / 128 - «Memória de António Nobre», 1993.
  • Moarao, Paula.
  1. O Só de António Nobre – Uma leitura do nome, Lisboa, Caminho, 1991.
  2. «António Nobre», in Dicionário de Literatura Portuguesa, org. e dir. de A. M. Machado, Lisboa, Presença, 1996.
  3. «António Nobre», in Dicionário do Romantismo Literário Português, coord. de Helena Carvalhão Buescu, Lisboa, Caminho, 1997.
  4. Retratos com sombra – António Nobre e os seus contemporâneos, Porto, Edições Caixotim, 2004.
  • Pereira, José Carlos Seabra.
  1. História crítica da Literatura Portuguesa – vol VII - Do Fim-de-Século ao Modernismo, Lisboa, Verbo, 1995; cap. 4 - «António Nobre e o mito lusitanista», pp. 175 - 91.
  2. «Nobre (António Pereira)», in Biblos – Enciclopédia Verbo das Literaturas de Língua Portuguesa, volume 3, Lisboa, Verbo, 1999.
  3. António Nobre – Projecto e destino, Porto, Edições Caixotim, 2000.
  4. O essencial sobre António Nobre, Lisboa, Imprensa Nacional – Casa da Moeda, 2001.
  1. "António Nobre". www.instituto-camoes.pt/ (en portugués).