William Blake

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
William Blake
William Blake by Thomas Phillips.jpg
Nacemento28 de novembro de 1757 e 1757
Lugar de nacementoLondres e Broadwick Street
Falecemento12 de agosto de 1827 e 1827
Lugar de falecementoCharing Cross e Londres
SoterradoBunhill Fields
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda e Reino de Gran Bretaña
EtniaPobo inglés
Alma máterRoyal Academy Schools e Henry Pars Drawing School
Ocupaciónpintor, poeta, teólogo, coleccionista, gravador, ilustrador, filósofo, litógrafo, artista gráfico, impresor, gravador, architectural draftsperson, escritor, escultor e libretista
PaiJames Blake
NaiCatherine Hermitage
CónxuxeCatherine Blake
IrmánsRobert Blake, James Blake, John Blake, Richard Blake e Catherine Elizabeth Blake
Coñecido porO Matrimônio do Paraíso e o Inferno, And did those feet in ancient time, Canções de Inocência e de Experiência, Vala, or The Four Zoas, Jerusalem The Emanation of the Giant Albion, Milton e The Ancient of Days
Na rede
IMDB: nm0086759 IBDB: 87296
Spotify: 4JrwSPaJWL066Tlv7zkYr4 Musicbrainz: f095ce11-8664-4489-a55a-8ecdb94d3031 Songkick: 740690 Discogs: 568306 IMSLP: Category:Blake,_William Allmusic: mn0000677994 WikiTree: Blake-5076 Find a Grave: 99 Editar o valor em Wikidata
William Blake signature.svg
editar datos en Wikidata ]
William Blake en 1807, retrato por Thomas Phillips.
O arcanxo Rafael con Adán e Eva, de W.Blake

William Blake, nado o 28 de novembro de 1757 en Londres e finado o 12 de agosto de 1827 na mesma cidade, foi un poeta inglés, visionario, pintor, e impresor inglés. Amplamente recoñecido durante a súa vida, a súa obra é hoxe considerada fecunda e significativa tanto na poesía como nas belas artes. Con frecuencia é considerado como o escritor máis espiritual do seu tempo.

Biografía[editar | editar a fonte]

Fillo dun chapeleiro,[1] desde a infancia mostrou unhas asombrosas aptitudes tanto para o debuxo como para a poesía. Aos dez anos foi enviado a unha escola de debuxo, onde, á par, comporá os seus primeiros poemas. Alumno do gravador James Basire, foi encargado de debuxar as antigüidades da abadía de Westminster e doutros vellos edificios, lugares que non deixaron de exercer unha viva influencia sobre a súa imaxinación melancólica.[1]

Gravou numerosas ilustracións para libros de Stothard e cos propios deseños. Participa, de xeito moi impulsivo, nos motíns de 1780, diante do cárcere de Newgate, a Bastilla londiniense. Casado en 1783 consonte aos seu gustos (ensinará a súa muller Catherine a ler, a escribir e a iluminar gravados), soñou en plasmar con pluma e xiz as visións que enchían o seu cerebro.

Un primeiro opúsculo, Poetical Sketches (1783) (Esbozos poéticos), contén as súas poesías compostas entre os doce e vinte anos de idade. Demasiado pobre para afrontar os gastos de imprenta das súas obras, fíxose o seu propio editor. Publicou así os Songs of Innocence (Cantos de Inocencia), ornamentados cos propios deseños (1799), obra singular, que acadou éxito, o que o animou para publicar do mesmo modo e sucesivamente: Books of Prophecy (1791) (Libros de profecía); Gates of Paradise (1793) (As portas do Paraíso) ; America, a prophecy (1793) (América, unha profecía); Europe, a prophecy (1794) (Europa, unha profecía); Songs of Experience (1794) (Cantos de experiencia). Ao mesmo tempo, puido mostrar, en varias exposicións da Academia Real, as súas pinturas alegóricas, históricas e relixiosas. Publicou The Marriage of Heaven and Hell (1790) (O matrimonio do Ceo e o Inferno), sátira de "Heaven and Hell" de Emmanuel Swedenborg.

En 1797 emprende unha edición ilustrada das "Noites" de Young, que deixou inacabada, pois marchou a vivir en Felpham, preto do poeta Hayley, para quen realizou deseños e pintou algúns retratos. Ao cabo de tres anos volveu para Londres.

Os seus cuarenta deseños gravados por Schiavonetti para unha edición do poema de Robert Blair: The Grave (1808) (A tumba), foron moi admirados, como a súa grande estampa a "Peregrinación a Canterbury" (1809), chea de carácter. Mentres, continuaba compondo, ilustrando e imprentando estraños poemas: Xerusalén, emanación do xigante Albion, Milton, un poema (1804), Xob (1826) etc. O máis orixinal é Xob, con gravuras máis definidas.

Todos estes volumes son hoxe buscadísimos, en especial os exemplares coloreados polo mesmo artista.

As visións de Blake[editar | editar a fonte]

Desde novo, William Blake proclamou ter visións. As máis temperás ocorreulle entre oito e dez anos en Peckham Rye, Londres, cando manifestou ter visto unha árbore con anxos "adornando cada póla como estrelas". Segundo o biógrafo vitoriano de Blake, Gilchrist, volveu a casa para contar a súa visión, pero só se librou de ser trallado polo seu pai grazas á intervenzón da nai. Aínda que toda evidencia suxire que seus pais foron largamente comprensivos, sobre todo súa nai, con varios dos primeiros debuxos e poema de William que decoraban as paredes do seu cuarto.

Noutra ocasión, Blake veu xentes traballando nunha meda e pensou que eran figuras anxélicas entre as que el camiñaba. Da súa madurez, a súa esposa podería contar a vez en que el veu a cabeza de Deus "posta na fiestra".

Blake manifestou experimentar visións toda a súa vida. Acostumaban estar relacionadas con fermosos temas e imaxes relixiosas, e puideron inspirarlle as súas obras e anhelos espirituais. De certo, conceptos e imaxes relixiosos figuran de maneira central nas obras de Blake. Os paradigmas de Deus e a Cristiandade constitúen o foco intelectual dos seus escritos. Ademais, Blake cría que era instruído e animado persoalmente por arcanxos para crear as súas obras artísticas, que manifestaba que eran lidas e gozadas por eses mesmos arcanxos.

É difícil, senón banal, interpretar medicamente a natureza do estado mental de Blake. Algúns psiquiatras cren que puido sufrir algunha forma de esquizofrenia. William Wordsworth escribiu: "Non ha dúbida que este pobre home estaba tolo, mais hai algo na tolería deste home que me interesa moito máis que a saúde de Lord Byron e Walter Scott"

Bibliografía de Blake[editar | editar a fonte]

Libros Ilustrados do mesmo W. Blake[editar | editar a fonte]

Libros alleos ilustrados por Blake[editar | editar a fonte]

Museos[editar | editar a fonte]

Escolma de museos que posúen obras de William Blake:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Bentley, Gerald Eades and Bentley Jr., G. William Blake: The Critical Heritage. 1995, pp. 34–5.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]