Construtivismo (arte)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Historia da arte
Arte contemporánea
MonaLisa sfumato.jpeg
Arte prehistórica
Arte antiga
Arte medieval
Arte occidental
Arte contemporánea
Arte etnográfica
Arte americana
Arte africana
Arte asiática
Arte islámica

O construtivismo é un movemento artístico e arquitectónico de orixe rusa que se pode encadrar dentro das vangardas ou "ismos" xurdido en Europa durante as primeiras décadas do século XX.

A súa denominación procede dun crítico que a utilizou en 1913 para se referir a uns relevos de Vladimir Tatlin, pero como movemento non xurdiu até 1920, apoiado polo Manifesto realista dos irmáns Pevsner e Gabo.

Fai fincapé no abstracto, relacionado coa industria e a técnica, e é xeométrico e funcional.

Ten moitos puntos de contacto co cubismo, o futurismo, o suprematismo e o Dadaísmo.

Entre outros autores construtivistas destacan Vladimir Tatlin, Pevsner e o seu irmán N. Gabo, Rodchenko a A. Vesnin.

Artistas asociados ao construtivismo[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.