Gabriele d'Annunzio
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2019.) |
Gabriele d'Annunzio | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 12 de marzo de 1863 e 1863 |
Lugar de nacemento | Pescara |
Falecemento | 1 de marzo de 1938 e 1938 |
Lugar de falecemento | Gardone Riviera |
Causa | hemorraxia cerebral |
Soterrado | Vittoriale degli italiani |
Nacionalidade | Reino de Italia |
Relixión | católica |
Alma máter | Universidade de Roma La Sapienza e Convitto Nazionale Cicognini |
Ocupación | dramaturgo, político, militar, poeta, xornalista, escritor, ensaísta, guionista, aviador e libretista |
Cónxuxe | Maria Harduin di Gallese |
Fillos | Mario D'Annunzio, Gabriellino D'Annunzio e Ugo Veniero D'Annunzio |
Xéneros | novela, poesía e dramaturxia |
Coñecido por | Il Piacere, Le vergini delle rocce, Francesca da Rimini, The Intruder e Il sogno di un mattino di primavera |
Premios | Lexión de Honra, Ordem Militar de Itália, Orde de Malta, Croix de guerre 1914–1918, Medalha de Ouro de Valor Militar, Officer of the Military Order of Savoy e Knight of the Military Order of Savoy |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Gabriele d'Annunzio, nado en Francavilla al Mare (Pescara) o 12 de marzo de 1863 e finado en Gardane Riviera o 1 de marzo de 1938, foi un escritor italiano, precursor do fascismo.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Gabriele d'Annunzio naceu co nome de Gaetano Rapagnetta, fillo dun rico comerciante, xa dende moi novo deu mostras do seu talento literario, publicou aos dezaseis anos (1879) o seu primeiro poemario, Primo vere. En 1881 entrou na Universidade de Roma, onde integrou varios grupos literarios e escribiu artigos e críticas nos xornais locais. En 1889 publica a súa primeira novela Il piacere.
En 1897 d'Annunzio entra na Cámara dos deputados como independente,. En 1910 marcha a Francia para escapar das fortes débedas contraídas polo seu estilo de vida. Colabora con Claude Debussy na comedia musical Le martyre de Saint Sébastien (1911). Durante a primeira guerra mundial loitou como aviador e perdeu un ollo en combate aéreo. Ao rematar a guerra ocupou a cidade de Fiume (1919) á fronte dun grupo de voluntarios para propiciar a súa integración en Italia, diante a negativa dos aliados (Francia, Gran Bretaña e Estados Unidos) declarouse Duce e proclamou a independencia de Fiume (Rexencia italiana da Carnaro), cunha Constitución que é un precedente do fascismo italiano, e mantívose na cidade ata que a armada italiana bombardeou a cidade en decembro de 1920.
Despois de triunfar o fascismo en Italia, en 1924 recibiu o título de príncipe de Montenevoso, aínda que Gabriele d'Annunzio non participou na política de Benito Mussolini, tivo unha grande influencia na súa ideoloxía. Pouco antes da súa morte a Real Academia Italiana elixiuno como o seu presidente.
Obra[editar | editar a fonte]
![]() | Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gabriele d'Annunzio ![]() |
![]() |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |