Raul Brandão
Nome orixinal | (pt) Raul Germano Brandão |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 12 de marzo de 1867 Foz do Douro, Portugal (pt) |
Morte | 5 de decembro de 1930 (63 anos) Lisboa, Portugal |
País de nacionalidade | Portugal |
Educación | Universidade do Porto |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor, militar |
Movemento | Expresionismo, poesia lírica (pt) e Simbolismo |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | bmrb.pt |
Raul Germano Brandão, nado en Foz do Douro (Porto) o 12 de marzo de 1867[1] e finado en Lapa (Lisboa) o 5 de decembro de 1930[2], foi un militar, xornalista e escritor portugués, famoso polo realismo das súas descricións e polo lirismo da linguaxe.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de José Germano Brandão, negociante, e de Laurinda Laurentina Ferreira de Almeida Brandão. Pasou a súa adolescencia e mocidade na súa localidade natal. Sendo descendente de pescadores, o mar foi un tema recorrente da súa obra.
Despois dunha pasaxe menos feliz por un colexio do Porto, Raul Brandão gravita para o grupo dos nefelibatas, sendo baixo o seu signo que desperta para o mundo das letras e publica as súas primeiras obras. En 1891, terminada a secundaria e despois dunha breve pasaxe, como ouvinte, polo Curso Superior de Letras, matricúlase na Escola do Exército. Con este ingreso, ao parecer a contragusto, inicia unha carreira militar caracterizada por longas permanencias no Ministerio da Guerra envolvido na máquina burocrática militar. Nas súas propias palabras: o tempo en que fun tropa vivín sempre enrascado. Paralelamente, mantén unha carreira de xornalista e vai publicando unha extensa obra literaria. Encóntranse colaboracións da súa autoría no semanario O Micróbio (1894-1895) e nas revistas Brasil-Portugal[3] (1899-1914), Revista nova (1901-1902), Serões (1901-1911) e Homes Libres (1923).[4][5][6][7]
En 1896 foi colocado no Regimento de Infantaría 20, en Guimarães, onde coñece Maria Angelina de Araújo Abreu, con quen casa o 11 de marzo de 1897. Inicia entón a construción dunha casa, a Casa do Alto, na freguesía de Nespereira, nas aforas daquela cidade. Aí se fixará en definitivo, aínda que con prolongadas estadías en Lisboa e noutras cidades. Xubilado no posto de capitán en 1912, inicia a fase máis fecunda da súa produción literaria.
Raul Brandão visitou os Azores no verán de 1924, nunha viaxe feita a título persoal, mais que coincidiu, en parte, coa Visita dos Intelectuais entón organizada baixo a guía dos autonomistas, particularmente de José Bruno Carreiro e do seu xornal, o «Correio dos Azores». Desa viaxe, que durou cerca de dous meses (máis demorada, por tanto, que a dos intelectuais convidados por Bruno Carreiro), resultou a publicación da obras As ilhas desconhecidas - Notas e paisagems (Lisboa, 1927), unha das obras que máis influíron na formación da imaxe interna e externa dos Azores. Basta dicir que é nas Ilhas desconhecidas que se inspira o coñecido código de cores das illas açorianas: Terceira, illa lilás; Pico, illa negra; S. Miguel, illa verde...
Faleceu o 5 de decembro de 1930, aos 63 anos de idade, deixando unha extensa obra literaria e xornalística. O día anterior, ao sufrir unha síncope cardíaca, viría falecer dunha aneurisma o día seguinte, na Rúa de San Domingos á Lapa, número 44, primeiro. Foi sepultado no Cemiterio dos Praceres, e, en 1934, trasladado para o Cemiterio de Guimarães, onde repousa até hoxe.
En 1950, o Concello de Lisboa homenaxeou o escritor dando o seu nome a unha rúa na zona de Alvalade.[8] Ten unha biblioteca co seu nome en Guimarães.
Publicacións
[editar | editar a fonte]- Impressões e Paisagens (1890).
- História de um Palhaço (1896).
- O Padre (1901).
- A Farsa (1903).
- Os Pobres (1906) (eBook).
- El-Rei Junot (1912).
- A Conspiração de 1817 (1914).
- Húmus (1917) (eBook).
- Memórias (vol. I), (1919) (eBook).
- Teatro (1923).
- O gebo e a sombra (1923);
- Os Pescadores (1923).
- Memórias (vol. II), (1925).
- As Ilhas Desconhecidas (1927).
- A Morte do Palhaço e o Mistério das Árvores (1926).
- Jesus Cristo em Lisboa, en colaboración con Teixeira de Pascoaes, (1927).
- O Avejão (1929) (teatro).
- Portugal Pequenino, en colaboración con Maria Angelina Brandão, (1930).
- O Pobre de Pedir (1931).
- Vale de Josafat (vol. III das Memórias) (1933).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Partida de bautismo nº 35/1867, Foz do Douro, Porto.
- ↑ Brandão, Raul (2015). Reynaud, ed. Húmus. Lisboa.
- ↑ Rita Correia (29 de Abril de 2009). "Ficha histórica: Brasil-Portugal: revista quinzenal illustrada (1899-1914)." (pdf).
- ↑ Rita Correia (22 de Junho de 2010). "Ficha histórica: O Micróbio. semanário de caricaturas (1894-1895)" (pdf).
- ↑ Pedro Mesquita (25 de Junho de 2013). "Ficha histórica: Revista nova(1901-1902)" (pdf).
- ↑ Rita Correia (24 de Abril de 2012). "Ficha histórica: Serões, Revista Mensal Ilustrada (1901-1911)." (pdf).
- ↑ Rita Correia (6 de fevereiro de 2018). "Ficha histórica:Homens livres (1923)" (PDF).
- ↑ "Toponímia de Lisboa". www.facebook.com. Consultado o 2020-02-08.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- LUFT, Celso Pedro. Dicionario de literatura portuguesa e brasileira. Río de Xaneiro: Ed. Globo, 2ª edición, 1969.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Raul Brandão |