Wallace Stevens

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaWallace Stevens

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de outubro de 1879 Editar o valor em Wikidata
Reading, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte2 de agosto de 1955 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Hartford, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro de estómago Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCedar Hill Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaHartford Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónNew York Law School (en) Traducir
Universidade Harvard Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , dramaturgo , poeta avogado , escritor , xornalista , avogado Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1914 Editar o valor em Wikidata -
Partido políticoPartido Republicano Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1229000 Musicbrainz: 1975f7c4-0ea4-4f9d-8f9d-95e52eac4995 Discogs: 515783 IMSLP: Category:Stevens,_Wallace WikiTree: Stevens-6581 Find a Grave: 983 Editar o valor em Wikidata

Wallace Stevens, nado en Reading, Pensilvania, o 2 de outubro de 1879 e finado en Hartford, Connecticut, o 2 de agosto de 1955, foi un poeta estadounidense, adscrito á corrente vangardista do modernismo anglosaxón.

Traballou toda a súa vida como avogado de compañías de seguros. En 1955 obtivo o Premio Pulitzer de Literatura. Stevens é un exemplo de poeta tardío, pois a parte máis importante da súa obra apareceu despois de cumprir os 50 anos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1922, escribiu ao director dunha revista:

Evíteme, por favor, contar os datos biográficos. Son avogado e vivo en Hartford. Estes feitos non son divertidos nin reveladores.

Stevens estudou en Harvard e Nova York, e traballou brevemente como xornalista. Obtivo o título de avogado na New York Law School, en 1903. Tras un longo noivado, contraeu matrimonio con Elsie Viola Rachel en 1909. Tiveron unha filla, Dolly Stevens, en 1924. O matrimonio acabou distanciándose, mais nunca se divorciou. A súa filla posteriormente publicou as cartas do seu pai e unha colección de poemas.[1]

En 1908 foi contratado por American Bonding Company.[2] En 1914 era vicepresidente da Equitable Surety Company, de St. Louis, Missouri.[3] Posteriormente, foi contratado por Hartford Accident and Indemnity Company, deixando Nova York para vivir en Hartford, Connecticut, onde se asentou definitivamente.[4] En 1934, foi nomeado vicepresidente da compañía.[5] Tras obter o Premio Pulitzer en 1955, propúxoselle que aceptase un posto en Harvard, mais o poeta declinou a oferta.

Stevens foi bautizado como católico en 1955, mentres agonizaba dun cancro incurable.[6] Esta conversión foi non obstante desmentida pola súa filla.[7] Tras abandonar o hospital por un curto período, volveu ser ingresado, falecendo o 2 de agosto de 1955, á idade de 75 anos.

Poesía: imaxinación e realidade[editar | editar a fonte]

Stevens é un poeta de ideas, que mergullaban nas interrelacións imaxinación-realidade, así como conciencia-mundo. Para Stevens, "imaxinación" non é equivalente a conciencia, como tampouco "realidade" se identifica co mundo existente alén da nosa mente. A realidade é produto da imaxinación, que conforma o mundo. Así, a realidade é unha actividade, non un concepto estático. Para dar sentido ao mundo é preciso elaborar un punto de vista a través dun exercicio da imaxinación. Pero non se trata dun estéril esforzo filosófico, senón do apaixonado compromiso de outorgar ás cousas unha orde e un significado.

Stevens suxire que vivimos inmersos nunha sorte de tensión entre as formas, a través das cales establecemos o mundo e as ideas ordenadas que a nosa imaxinación propón. O mundo inflúenos en toda esfera de actividade: «O vestido dunha muller de Lasa / no seu lugar, / é elemento invisible dese lugar / xa feito visible.»[8]

No seu ensaio Imagination as Value, afirma: «a verdade parece ser aquilo que vivimos en conceptos de imaxinación antes de que a razón os fixou».[9] A imaxinación é o mecanismo a través do cal conceptuamos inconscientemente as estruturas vitais, mentres que a razón é a forma en que elaboramos conscientemente devanditos esquemas.

Este proceso de correspondencias ou abstracción lírica («Eu tiña tres mentes, / como unha árbore / en que houbese tres merlos.») é explicado polo seu tradutor ao castelán, Andrés Sánchez Robayna: «Da herdanza romántica e simbolista toma Stevens gran parte dos seus motivos e imaxes para levalos a unha zona de abstracción e de teoría que veu considerándose (estrañamente) como a parte máis enigmática e complexa da súa obra.»[10]

Reputación e influencia[editar | editar a fonte]

Dende que se deu a coñecer, críticos e poetas recoñeceron o inmenso talento de Stevens. Hart Crane escribiu a un amigo en 1919, tras ler algúns dos poemas de Harmonium: «Hai un home cun traballo que fai que todos os demais sintamos moi pouca cousa».[11] Nos anos 30, o crítico Yvor Winters censurou a Stevens por hedonista decadente, pero recoñecendo o gran valor poético da súa obra. Ao principio da década de 1940, o crítico Randall Jarrell afirmou que Stevens era un dos maiores poetas estadounidenses vivos.

A obra de Stevens recibiu máis atención despois da súa morte. Harold Bloom, Helen Vendler e Frank Kermode están entre os que máis a valoraron. Moitos poetas, por exemplo James Merrill e Donald Justice, recoñeceron a súa influencia, visible tamén noutros como John Ashbery, Mark Strand, A. F. Moritz ou John Hollander.

Obras[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Harmonium (1923)
  • Ideas of Order (1936)
  • Owl's Clover (1923)
  • The Man with the Blue Guitar (1937)
  • Parts of a World (1942)
  • Transport to Summer (1947)
  • The Auroras of Autumn (1950)
  • Collected Poems (1954)
  • Opus Posthumous (1957)
  • The Palm at the End of the Mind (1972)
  • Collected Poetry and Prose (1997)

Prosa[editar | editar a fonte]

  • The Necessary Angel (ensaios) (1951)
  • Letters of Wallace Stevens, editado pola súa filla Holly Stevens (1966)
  • Secretaries of the Moon: The Letters of Wallace Stevens & José Rodríguez Feo, editado por Beverly Coyle e Alan Filreis (1986)
  • Sur plusieurs beaux sujects: Wallace Stevens's Commonplace Book, editado por Milton J. Bates (1989)
  • The Contemplated Spouse: The Letter of Wallace Stevens to Elsie, editado por D.J. Blount (2006)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Richardson, Joan. Wallace Stevens: The Later Years, 1923-1955, Nova York: Beech Tree Books, 1988, p. 22
  2. Richardson, Joan. Wallace Stevens: The Early Years, 1879-1923, Nova York: Beech Tree Books, 1986, p. 276.
  3. Richardson, The Early Years, supra, p. 424.
  4. Richardson, The Early Years, supra, p. 445
  5. Richardson, The Later Years, supra, p. 87.
  6. Maria J. Cirurgião, “Last Farewell and First Fruits: The Story of a Modern Poet.” Lay Witness (xuño de 2000)
  7. Peter Brazeau, Parts of a World: Wallace Stevens Remembered, Nova York, Random House, 1983, p. 295
  8. Stevens, Collected Poetry and Prose, supra, p. 41.
  9. Stevens, Wallace. The Necessary Angel: Essays on Reality and the Imagination, Nova York: Vintage, 1965, p. 154.
  10. Stevens, Wallace. De la simple existencia. Antología poética, Galaxia Gutenberg-Círculo de Lectores. Barcelona, 2003. p. 10
  11. "Wallace Stevens: Biography and Recollections by Acquaintances," Modern American Poetry.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Armstrong, Tim. "Player Piano: Poetry and Sonic Modernity" in Modernism/Modernity Arquivado 14 de xuño de 2010 en Wayback Machine. 14.1 (xaneiro de 2007), 1-19.
  • Baird, James. The Dome and the Rock: Structure in the Poetry of Wallace Stevens (1968)
  • Bates, Milton J. Wallace Stevens: A Mythology of Self (1985)
  • Beckett, Lucy. Wallace Stevens (1974)
  • Beehler, Michael. T.S. Eliot, Wallace Stevens, and the Discourses of Difference (1987)
  • Benamou, Michel. Wallace Stevens and the Symbolist Imagination (1972)
  • Berger, Charles. Forms of Farewell: The Late Poetry of Wallace Stevens (1985)
  • Bevis, William W. Mind of Winter: Wallace Stevens, Meditation, and Literature (1988)
  • Blessing, Richard Allen. Wallace Stevens' "Whole Harmonium" (1970)
  • Harold Bloom. Wallace Stevens: The Poems of Our Climate (1980)
  • Borroff, Marie, ed. Wallace Stevens: A Collection of Critical Essays (1963)
  • Brazeau, Peter. Parts of a World: Wallace Stevens Remembered (1983)
  • Brogan, Jacqueline V. The Violence Within/The Violence Without: Wallace Stevens and the Emergence of a Revolutionary Poetics (2003)
  • Simon Critchley. Things Merely Are: Philosophy in the Poetry of Wallace Stevens (2005)
  • Doggett, Frank. Stevens' Poetry of Thought (1966)
  • Frank Kermode. Wallace Stevens (1960)
  • Leggett, B.J. Early Stevens: The Friedrich Nietzsche Intertext (1992)
  • Leonard, J.S. & Wharton, C.E. The Fluent Mundo: Wallace Stevens and the Structure of Reality (1988)
  • McCann, Janet. Wallace Stevens Revisited: The Celestial Possible (1996)
  • Helen Vendler. On Extended Wings: Wallace Stevens' Longer Poems (1969)
  • Helen Vendler. Wallace Stevens: Words Chosen out of Desire (1986)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]