Erik Satie

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Casa museo de Erik Satie en Honfleur

Eric Alfred Leslie Satie, nado en Honfleur (Calvados) o 17 de maio de 1866 e finado en París o 1 de xullo de 1925, foi un compositor e pianista francés.

Vida[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

A xuventude de Erik Satie transcorreu entre Honfleur, na baixa Normandía, e París. Cando tiña catro anos, a súa familia mudouse a París, onde ó seu pai Alfred lle ofreceran un traballo de tradutor. Trala morte da súa nai (Jane Leslie Anton) en 1872, foi enviado canda seu irmán menor Conrad de volta a Honfleur, para vivir alí cos seus avós paternos. Foi aquí onde recibiu as súas primeiras leccións de música por parte dun organista local. Cando súa avoa morreu en 1878, os dous irmáns reuníronse en París con seu pai, quen se volveu casar cunha mestra de piano. Dende comezos da década de 1880, Alfred Satie comezou a publicar as súas composicións de salón (compostas pola súa nova esposa e el mesmo, entre outros).

En 1879 Satie entrou no conservatorio de París, onde axiña os seus mestres o etiquetaron como "falto de talento". Tras ser enviado á casa durante dous anos e medio, volveu ser admitido no conservatorio a finais de 1885, pero non logrou causar mellor impresión ós seus mestres, así que un ano despois decidiu facer o servizo militar; porén, de alí a unhas poucas semanas tratou de saír do exército.

En 1887 deixou a súa casa para aloxarse en Montmartre. Neste tempo comezou unha grande amizade co poeta romántico Patrice Contamine e coa axuda de seu pai publicou as súas primeiras composicións. Axiña se integrou coa clientela artística do café-cabaret Le Chat Noir e comezou a publicar as súas Gimnopedias. Seguiron as Ogives e as Gnossiennes, entre outras. Neste mesmo período coñeceu a Debussy. En 1891 converteuse no compositor oficial e mestre de capela da orde rosacruz liderada por Joséphin Péladan, a Ordre de la Rose-Croix Catholique, du Temple et du Graal. Para esta orde compuxo pezas de inspiración mística, coma Salut Dapreau, Le Fils des étoiles e Sonneries de la Rose Croix.

Satie e Suzanne Valadon, unha artista e amiga de Miguel Utrillo, comezaron unha relación en 1893. Axiña Valadon se mudou a unha vivenda próxima á de Satie na Rue Cortot. Satie obsesiounouse con esta muller, chamábaa a súa Biqui, e escribía apaixonadas notas sobre o seu ser completo, ollos encantadores, mans xentís e pés pequenos. Valadon pintou o retrato de Satie e deullo, pero ós seis meses mudouse, rompéndolle o corazón ó compositor. Durante a súa relación Satie compuxo as súas Danses Gothiques, a modo de oración para facer regresar a paz á súa mente. Aparentemente, esta foi a única relación que tivo.

No mesmo ano coñeceu o mozo Maurice Ravel, en cuxas primeiras composicións exerceu unha notable influencia. Unha das composicións de Satie neste período, as Vexations, permaneceu descoñecida ata a súa morte. A finais do ano fundou a Eglise Métropolitaine d'Art de Jésus Conducteur (Igrexa Metropolitana da Arte de Cristo o Guía). Como o seu único membro, o papel de "Parcier et Maître de Chapelle" comezou unha composición dunha Grande Messe (despois coñecida como a Messe des Pauvres), e escribiu un caudal de cartas, artigos e panfletos mostrando a súa convición en temas relixiosos e artísticos.

Curiosidades[editar | editar a fonte]

  • Presentábase a si mesmo como "gimnopedista" (en 1887, pouco antes de escribir a súa composición máis famosa, as Gimnopedias).
  • Colaborou con artigos en varios xornais.
  • Chamábase a si mesmo "fonometrógrafo" (alguén que mide e escribe sons), prefirindo definirse así antes que coma "músico".
  • Poder ser considerado un precursor do serialismo, moito antes do século XX
  • Foi unha das primeiras persoas en aparecer no cine, en 1924, nunha película de René Clair.

É máis coñecido como 'Erik Satie (cambiou, trala súa primeira composición en 1884 o 'c' final do seu nome por un 'k'). Aínda que na súa vida posterior se enorgullecería de publicar sempre os seus traballos co seu nome propio, parece que houbo un curto período ó final da década de 1880 nos que os publicou co pseudónimo 'Virginie Lebeau'.

Obras para piano[editar | editar a fonte]

  • Trois Gymnopédies (1888)
  • Trois Gnossiennes (1890)
  • Allegro (1884)
  • Fantaisie-valse (1885)
  • Valse-ballet (1885)
  • 4 Ogives (1886)
  • 3 Sarabandes (1887)
  • Première pensée Rose+Croix (1891)
  • Fete donnée par des Chevaliers Normands en l'honneur d'une jeune demoiselle (1892)
  • Danses gothiques (1893)
  • Modéré (1893)
  • Vexations (1893)
  • Deux Pièces froides (1897)
  • Poudre d'or (1901)
  • Trois Morceaux en forme de poire (1903) - escribiu cando foi acusado de compor músicas que non tiñan ningunha forma.
  • Le Piccadilly (1904) - un mixto de vodevil e jazz.
  • Passacaille (1906)
  • Prélude en tapisserie (1906)
  • Nouvelle pièces froides (1910)
  • En habit de cheval (1911)
  • Trois véritables préludes flasques (pour un chien) (1912)
  • 4 préludes flasques (pour un chien) (1912)
  • Les Pantins dansent (1913)
  • Chapitres tournés en tous sens (1913)
  • Croquis et agaceries d'un gros bonhomme en bois (1913)
  • Embryons desséchés (1913) - ten duas partes: unha forte e rápida e outra lenta e melodiosa. Termina repetindo varias veces o mesmo acorde.
  • Enfantillages pittoresques (1913)
  • Menus propos enfantins (1913)
  • Peccadilles importunes (1913)
  • Vieux sequins et vieilles cuirasses (1913)
  • Heures séculaires et instantanées (1914)
  • Les 3 valses du précieux dégouté (1914)
  • Sports et divertissements (1914)
  • Trois Valses distinguées du précieux dégoûté (1914)
  • Trois poèmes d'amour (1914)
  • Choses vues à droite et à gauche, sans lunettes (1914)
  • Avant-dernières pensées (1915)
  • Trois maladies (1916)
  • Sonatine bureaucratique (1917) - unha parodia ben-humorada de Clementi, escrita como unha sátira á onda neoclásica que comezaba a aparecer.
  • 5 Nocturnes (1919)
  • Premier menuet (1920)
  • Reverie de l'enfance de Pantagruel (1920)
  • Ludions (5 mélodies) (1923)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]