Léon Bakst

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Léon Bakst
Nome completoЛейб-Хаим Израилевич Розенберг
AlcumeLéon Bakst
Nacemento27 de xaneiro de 1866, 27 de abril de 1866 e 10 de maio de 1866
Lugar de nacementoHrodna
Falecemento27 de decembro de 1924 e 28 de decembro de 1924
Lugar de falecementoRueil-Malmaison
SoterradoCemitério de Batignolles
NacionalidadeImperio Ruso e Rusia
Alma máterAcademia Julian
Ocupaciónpintor, deseñador, diseñador de vestuario, escenógrafo, debuxante e artista gráfico
FillosAndré Bakst
PremiosOficial da Lexión de Honra
Na rede
Discogs: 2234799 Find a Grave: 10342201 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Autorretrato de Léon Bakst

Lev Rosenberg, coñecido como Léon Bakst, nado en Hrodna en 1866 e finado en Rueil-Malmaison en 1924, foi un pintor escenógrafo ruso.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia xudía de clase media, estudou na Acadmia de Artes de San Petersburgo, ao tempo que traballaba como ilustrador de libros.

Con motivo da súa primeira exhibición (1889) utilizou o nome de Bakst baseado no apelido da familia da avoa materna, Baxter. Entre 1893 e 1897 viviu en París, á súa volta a Rusia formou parte do círculo de escritores e artistas formado por Sergei Diagilev e Alexandre Benois que daría orixe ao periódico Mir Iskusstvat (1899) e o movemento artístico que se agrupaba tras del, as ilustracións de Bakst para o xornal déronlle fama.

Dende comezos do século XX realiza retratos, pero sobre todo se dedica á escenografía, colaborando con Diagilev na montaxe de balets rusos.