Seimeira de Vilagocende

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°05′44″N 07°02′27″O / 43.09556, -7.04083

Seimeira de Vilagocende.

A seimeira de Vilagocende é unha fervenza de caída libre no lugar de Vilagocende, na parroquia de San Martín de Suarna (A Fonsagrada), en plena montaña de Lugo. Trátase dunha das fervenzas de maior caída das que hai en Galiza, uns 50 metros, e ten lugar no decurso do río Porteliña, un regato que envorca no río Lamas, o cal morre mesturándose co río Navia.

Seimeira é o termo local para designar ás fervenzas nesta zona. A seimeira encádrase nun pequeno val de importante valor ecolóxico e paisaxístico.

Turismo[editar | editar a fonte]

O lugar está habilitado para as visitas, contando cunha pontella para chegar á base da fervenza. Ademais, na parte superior hai un miradoiro dende onde se olla perfectamente a freixa. Pola seimeira de Vilagocende atravesa polo menos unha ruta de sendeirismo.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]