Monte Monseivane

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Vista do monte Monseivane (ó fondo) dende Samarugo, Vilalba.

O Monte Monseivane é, con 929 metros sobre o nivel do mar[1], o cumio de maior altitude da Serra da Carba .

Son abondosos os animais que habitan neste monte, entre os que destacan as vacas, os cabalos salvaxes e os cervos. Tamén é destacábel a importante masa forestal de piñeiro bravo plantada na década de 1940.

O ascenso ó monte pódese facer dende o lugar de Cornas, en Samarugo. Na metade do percorrido hai unha pequena área de descanso, onde se pode facer un alto antes de iniciar o tramo final da ascensión. Dende o cumio pódese albiscar toda a chaira que forma a comarca da Terra Chá.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. turismovilalba.com (ed.). "Monte Monseivane". Consultado o 20 de setembro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]