Selección de fútbol da Arxentina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Flag of Argentina.svg
Arxentina
EstrellaOro PPN.svg EstrellaOro PPN.svg
Actual campión do Mundo
Actual campión de Europa Actual campión de Europa
Actual campión de África Actual campión de África
Actual campión de Sudamérica
Actual campión de NorteaméricaActual campión de Norteamérica
Actual campión de AsiaActual campión de Asia
Actual campión de Oceanía
Na casa
Fóra
Asociación Asociación do Fútbol Arxentino — AFA
Confederación CONMEBOL (Sudamérica)
Código FIFA ARG
Alcume La Albiceleste
Clasificación FIFA 5 (5 de xuño de 2014)
Clasificación ConIFA {{{Ranking ConIFA}}}
Seleccionador Flag of Argentina.svg Alejandro Sabella
Máis partidos Javier Zanetti (136)
Máximo goleador Gabriel Batistuta (56)
Estrea internacional
Uruguai Flag of Uruguay.svg 2 - 3 Flag of Argentina.svg Arxentina
Montevideo, Uruguai; 16 de maio de 1901
Maior vitoria
Arxentina Flag of Argentina.svg 12 - 0 Flag of Ecuador.svg Ecuador
Montevideo, Uruguai; 22 de xaneiro de 1942
Maior derrota
Checoslovaquia Checoslovaquia 6 - 1 Flag of Argentina.svg Arxentina
Helsingborg, Suecia; 15 de xuño de 1958

Uruguai Flag of Uruguay.svg 5 - 0 Flag of Argentina.svg Arxentina
Guayaquil, Ecuador; 16 de decembro de 1959
Arxentina Flag of Argentina.svg 0 - 5 Flag of Colombia.svg Colombia
Buenos Aires, Arxentina; 5 de setembro de 1993
Bolivia Flag of Bolivia.svg 6 - 1 Flag of Argentina.svg Arxentina
La Paz, Bolivia; 1 de abril de 2009

Campionato do Mundo
Participacións 15 (Uruguai 1930)
Mellor resultado 1º (2) (1978 e 1986)
Copa América
Participacións 39
Mellor resultado 1º (14) (1921, 1925, 1927, 1929, 1937, 1941, 1945, 1946, 1947, 1955, 1957, 1959, 1991, 1993)

A Selección de fútbol da Arxentina é o equipo representativo do país nas competicións oficiais. A súa organización está a cargo da Asociación do Fútbol Arxentino (AFA), pertencente á Conmebol. Xogou o primeiro partido internacional fóra da Arxentina, o 16 de maio de 1901 en Montevideo. Dende aquela a selección arxentina converteuse nun dos equipos máis exitosos do fútbol mundial, sendo campioa en dúas acasións da Copa Mundial de Fútbol (1978 e 1986) e finalista noutras dúas ocasións (1930 e 1990). En 1992, o equipo arxentino gañou a Copa FIFA Confederacións, en tanto que en 1995 como no 2005 disputou a final do devandito torneo, caendo ante Dinamarca e Brasil respectivamente.

Arxentina é xunto a Uruguai, a selección que máis veces gañou a Copa América, lográndoa en catorce ocasións. Ademais é a selección que máis subcampionatos logrou na competición, nunhas doce oportunidades. Nos Xogos Olímpicos a Selección Arxentina obtivo a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 2004 e nos de 2008. Á súa vez, gañou a medalla de prata en 1928 e en 1996. O seleccionado xuvenil Sub-20 é o máximo campión da Copa Mundial da categoría, con 6 títulos en 1979, 1995, 1997, 2001, 2005 e 2007. Ademais foi finalista na edición de 1983. Arxentina e Francia son as únicas seleccións do mundo que gañaron a Copa Mundial, os Xogos Olímpicos e a Copa Confederacións.

Grandes xogadores da historia futbolística pasaron por esta selección, entre os cales destaca o volante Diego Armando Maradona, considerado como un dos mellores xogadores na historia, sendo elixido Mellor Xogador do Século nunha votación realizada no ano 2000 no sitio web da FIFA. En marzo de 2007 alcanzou por primeira vez o posto un no ranking FIFA. Aquela mención duroulle só ese mes, aínda que en outubro de 2007 volveu situarse ao tope da clasificación ata xullo de 2008.

Historia[editar | editar a fonte]

A selección en 1964.

Arxentina é unha das seleccións de fútbol con máis éxito do mundo, vencedora da Copa do Mundo de 1978 e da Copa do Mundo de 1986, catorce Copa América, a Copa Confederacións 1992 e as dúas medallas de ouro, a primeira nas Xogos Olímpicos de 2004 e a segunda en 2008. Sumando tódolos seus títulos oficiais organizados pola CONMEBOL e pola FIFA, Arxentina é a selección que máis títulos ten do mundo xunto coa de Uruguai, aínda que considerando que noutras confederacións os títulos continentais xóganse en períodos moito máis amplos de tempo. Arxentina é unha das únicas seleccións do mundo a conquistar a "cuádrupla coroa", xa que gañou a Copa do Mundo, a Copa das Confederacións, a Copa América e a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos. A outra selección en conseguir tal feito ao longo da historia é Francia.

A albiceleste disputou catro finais de Copa do Mundo. Na súa primeira final, en 1930, perderon por 4 a 2 contra Uruguai. Os arxentinos non volverían a chegar a unha final até 1978 onde, esta vez si, conseguen o seu primeiro título ao vencer aos Países Baixos por 3 a 1. A curiosidade deste mundial foi o xeito de clasificarse á rolda eliminatoria final, Arxentina tiña que vencer por unha diferenza de catro goles para se clasificar, cando só metera dous até ese partido, e acabou vencendo por 6 a 0 con mérito para o pobre xogo que tivo nese partido Perú, acabando ademais coa participación no mundial de Brasil. A selección arxentina tamén gañou en 1986, nunha campaña con vitorias sobre tradicionais seleccións como Uruguai (oitavos de final), Inglaterra (cuartos de final, no partido no que Maradona anotou a o seu coñecido gol coa man), Bélxica en semifinais e Alemaña Occidental (final). A última final da cal tomou parte a Arxentina foi en 1990, cando perdeu por 1 a 0 nunha final de novo contra Alemaña Occidental. Dende aquela Arxentina volveu chegar lonxe na máxima competición mundial.

En canto a outras competicións internacionais, Arxetina é, cunto coa selección de Uruguai, a selección que máis veces gañou a Copas América na historia, vencéndoa por catorce veces, alén dos campionatos Suramericanos "extras" en 1941, 1945 e 1946. En canto aos Xogos Olímpicos, no ano 2004, Arxentina gañou súa primeira medalla dourada de súa historia: venceron tódolos partidos, tiveron o mellor ataque da competición e non rebiron nin un só un gol. Alén da medalla de ouro, aínda tiveron o máximo goleador do campionato, Carlos Tévez, con nove goles. Nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008, a selección albiceleste volveu a conquistar a medalla de ouro de novo sen coñecer a derrota. En cuartos de final bateu aos Países Baixos (2 a 1), en semifinais gañou dun de seus clásicos rivais, Brasil (3 a 0) e na final derrotou a Nixeria por 1 a 0. A selección arxentina aínda ten dúas medallas de prata obtidas nos Xogos Olímpicos de 1928 e nos 1996.

Uniforme[editar | editar a fonte]

O uniforme oficial da Selección Arxentina componse dunha camiseta de franxas brancas e celestes (de aí o alcume que recibe a selección: La Albiceleste), pantalón negro raias brancas e medias brancas con raias celestes. O uniforme oficial alternativo componse de camiseta e medias azul e pantalóns brancos.

Galería de camisetas[editar | editar a fonte]

Resultados[editar | editar a fonte]

Xogadores[editar | editar a fonte]

Máis partidos disputados[editar | editar a fonte]

Actualizado a 17 de xuño de 2013.

# Nome Período Partidos Goles
1 Javier Zanetti 1994-2011 145 5
2 Roberto Ayala 1994-2007 115 7
3 Diego Simeone 1988-2002 106 11
4 Oscar Ruggeri 1983-1994 97 7
5 Javier Mascherano 2003-Presente 92 2
6 Diego Maradona 1977-1994 91 34
7 Ariel Ortega 1993-2010 87 17
8 Lionel Messi 2005-Presente 82 35
9 Gabriel Batistuta 1991-2002 78 56
10 Juan Pablo Sorín 1995-2006 75 11
11 Américo Gallego 1975-1982 73 3
Juan Sebastián Verón 1996-2010 73 9
12 Gabriel Heinze 2003-2010 72 3
13 Daniel Passarella 1976-1986 70 23
14 Hernán Crespo 1995-2007 64 35
15 Carlos Tévez 2004-2011 64 13

Máximos goleadores da selección[editar | editar a fonte]

Actualizado a 7 de xuño de 2014.[1]

# Xogador Período Goles Partidos Promedio
1 Gabriel Batistuta 1991-2002 56 78 0,72
2 Lionel Messi 2005-Presente 38 86 0,44
3 Hernán Crespo 1995-2007 35 64 0,55
4 Diego Maradona 1977-1994 34 91 0,37
5 Luis Artime 1961-1967 24 64 0,38
6 Leopoldo Luque 1975-1981 22 45 0,49
Daniel Passarella 1976-1986 22 70 0,31
7 Herminio Masantonio 1935-1942 21 19 1,11
José Sanfilippo 1956-1962 21 28 0,75
Sergio Agüero 2006- 21 51 0,41
Gonzalo Higuaín 2009-Presente 21 36 0,58
8 Mario Kempes 1973-1982 20 43 0,47
9 René Pontoni 1942-1947 19 19 1
Norberto Méndez 1945-1956 19 31 0,61
José Manuel Moreno 1936-1950 19 34 0,56
10 Domingo Tarasconi 1922-1929 18 24 0,75
Orestes Corbatta 1956-1962 18 43 0,41
11 Amadeo Labruna 1942-1958 17 37 0,46
Miguel Ángel Brindisi 1969-2074 17 46 0,37
Juan Román Riquelme 1997-2008 17 51 0,33
Ariel Ortega 1993-2003 17 87 0,20
12 Claudio Caniggia 1987-2002 16 50 0,32
13 Rinaldo Fioramonte Martino 1987-2002 15 20 0,75

Adestradores[editar | editar a fonte]

Alejandro Sabella, actual adestrador da selección arxentina

01. 1924–1925 Flag of Argentina.svg Angel Vázquez
02. 1927–1928 Flag of Argentina.svg José Lago Millán
03. 1928–1929 Flag of Argentina.svg Francisco Olazar
04. 1929–1930 Flag of Argentina.svg Olazar / Tramutola
05. 1934–1934 Flag of Mexico.svg Felipe Pascucci
06. 1934–1937 Flag of Argentina.svg Manuel Seoane
07. 1937–1939 Flag of Argentina.svg Ángel Fernández Roca
08. 1939–1960 Flag of Argentina.svg Guillermo Stábile
09. 1960–1961 Flag of Argentina.svg Victorio Spinetto
10. 1961–1961 Flag of Argentina.svg José D'Amico
11. 1962–1963 Flag of Argentina.svg Juan Carlos Lorenzo
12. 1963–1963 Flag of Argentina.svg Alejandro Galán
13. 1963–1964 Flag of Argentina.svg Horacio Amable Torres
14. 1964–1968 Flag of Argentina.svg José María Minella
15. 1968–1968 Flag of Mexico.svg Renato Cesarini

16. 1968–1969 Flag of Argentina.svg Humberto Dionisio Maschio
17. 1969–1969 Flag of Argentina.svg Adolfo Pedernera
18. 1969–1972 Flag of Argentina.svg Juan José Pizzuti
19. 1972–1974 Flag of Argentina.svg Enrique Omar Sívori
20. 1974–1974 Flag of Argentina.svg Cap / Varacka
21. 1974–1983 Flag of Argentina.svg César Luis Menotti
22. 1983–1990 Flag of Argentina.svg Carlos Bilardo
23. 1990–1994 Flag of Argentina.svg Alfio Basile
24. 1994–1998 Flag of Argentina.svg Daniel Passarella
25. 1998–2004 Flag of Argentina.svg Marcelo Bielsa
26. 2004–2006 Flag of Argentina.svg José Pekerman
27. 2006–2008 Flag of Argentina.svg Alfio Basile
28. 2008–2010 Flag of Argentina.svg Diego Maradona
29. 2010–2011 Flag of Argentina.svg Sergio Batista
30. 2011– Flag of Argentina.svg Alejandro Sabella

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]