Gabriel Batistuta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gabriel Batistuta
Información persoal
Nome Gabriel Omar Batistuta
Nacemento 1 de febreiro de 1969 (55 anos)
Lugar de nacemento Reconquista
Altura 1,85 m.
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
CA Newell's Old Boys
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1988–1989 CA Newell's Old Boys 28 (9)
1989–1990 CA River Plate 24 (4)
1990–1991 CA Boca Juniors 47 (19)
1991–2000 ACF Fiorentina 332 (207)
2000–2002 AS Roma 88 (33)
2003Inter de Milán "Cedido" 12 (2)
2003–2005 Al-Arabi SC 26 (26)
Selección nacional
1991–2002 Arxentina 78 (56)
Na rede
https://www.batistuta.com/
FIFA: 75952 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Gabriel Omar Batistuta, nado en Reconquista (Provincia de Santa Fe) o 1 de febreiro de 1969, é un exfutbolista arxentino que xogaba na demarcación de dianteiro, foi alcumado futbolisticamente coma Batigol. No seu momento foi o máximo goleador da historia da Selección de fútbol da Arxentina, até que foi superado por Leo Messi. Tamén foi adestrador de fútbol e xogador de Polo no seu país natal.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Debutou na primeira división arxentina co CA Newell's Old Boys no ano 1988, ao finalizar esa tempada fichou por un dos grandes da liga, o CA River Plate, porén mediada a tempada fichou polo eterno rival, o CA Boca Juniors. As súas boas actuacións fixeron que en 1991 dera o salto a Europa, ao fichar pola ACF Fiorentina da Serie A italiana.

No equipo italiano pasou os mellores anos da súa carreira, militando no mesmo nove tempadas sendo o máximo goleador do campionato en 1995 e gañando a Copa e Supercopa italianas en 1996.

No verán do ano 2000 fichou polo AS Roma, onde xogou os últimos anos ao máximo nivel, xa que ao final de 2003 foi cedido ao Inter de Milán no que acabou a tempada antes de fichar polo Al-Arabi de Qatar, onde se retirou do fútbol profesional en 2005.

Deixou unha profunda impresión na Serie A italiana, da que é un dos máximos goleadores estranxeiros da súa historia.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Competicións por equipos[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Primeira División CA River Plate Arxentina 1990/89
Serie B ACF Fiorentina Italia Italia 1994
Copa de Italia ACF Fiorentina Italia Italia 1996
Supercopa de Italia ACF Fiorentina Italia Italia 1996
Serie A AS Roma Italia Italia 2001
Supercopa de Italia AS Roma Italia Italia 2001
Liga de Qatar Al-Arabi Qatar Qatar 2004

Coa selección de fútbol da Arxentina[editar | editar a fonte]

Título Seleccionado País Ano
Copa América Selección Arxentina Chile Chile 1991
Copa Kirin Selección Arxentina Xapón 1992
Copa Rey Fahd Selección Arxentina Arabia Saudita 1992
Copa Artemio Franchi Selección Arxentina Arxentina 1993
Copa América Selección Arxentina Ecuador 1993

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Club Tempada Liga Copa Nac. Copa Inter. Total
Enc. Goles Enc. Goles Enc. Goles Enc. Goles
CA Newell's
Arxentina
1988/89 23 6 - - 5 3 28 9
Total 23 6 - - 5 3 28 9
CA River Plate
Arxentina
1989/90 24 4 - - - - 24 4
Total 24 4 - - - - 24 4
CA Boca Juniors
Arxentina
1990/91 37 13 - - 10 6 47 19
Total 37 13 - - 10 6 47 19
ACF Fiorentina
Italia Italia
1991/92 27 13 3 1 - - 30 14
1992/93 32 16 3 3 - - 35 19
1993/94 26 16 4 3 2 2 32 21
1994/95 32 26 5 2 - - 37 28
1995/96 31 19 8 8 - - 39 27
1996/97 32 13 3 2 7 4 42 19
1997/98 31 21 5 3 - - 36 24
1998/99 28 21 6 4 3 1 37 26
1999/00 30 23 3 0 11 6 44 29
Total 269 168 40 26 23 13 332 207
AS Roma
Italia Italia
2000/01 28 20 - - 3 1 31 21
2001/02 23 6 1 0 8 0 32 6
2002 17 4 2 1 6 1 25 6
Total 68 30 3 1 17 2 88 33
Inter de Milán
Italia Italia
2003 12 2 - - - - 12 2
Total 12 2 - - - - 12 2
Al-Arabi SC
Qatar
2003/04 23 26 - - - - 23 26
2004/05 3 0 - - - - 3 0
Total 26 26 - - - - 26 26
Total na súa carreira 459 249 43 27 47 27 557 300

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Abel Balbo
Futbolista Arxentino do Ano
1998
Sucesor:
Hernán Crespo