René Pontoni

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
René Pontoni
Pontoni 1945.jpeg
Información persoal
Nome completo René Alejandro Pontoni
Nacemento 18 de maio de 1920
  Santa Fe, Arxentina
Falecemento 14 de maio de 1983
  Santa Fe, Arxentina
Nacionalidade Arxentina
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
Gimnasia y Esgrima de Santa Fe
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1940–1945 Flag of Argentina.svg CA Newell's Old Boys 110 (67)
1945-1948 Flag of Argentina.svg CA San Lorenzo 98 (66)
1949-1952 Flag of Colombia.svg Independiente de Santa Fe 44 (27)
1952-1953 Flag of Brazil.svg Portuguesa Desportos 17 (5)
1954 Flag of Argentina.svg CA San Lorenzo 4 (0)
Total 273 (165)
Selección nacional
1942-1947 Flag of Argentina.svg Arxentina 19 (19)
Adestrador
1962 CA San Lorenzo de Almagro
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

René Alejandro Pontoni, nado o 18 de maio de 1920 en Santa Fe e finado o 14 de maio de 1983 foi un xogador e adestrador de fútbol arxentino.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pontoni comezou a xogar no Gimnasia y Esgrima de Santa Fe, de aí pasou a Newell's Old Boys en 1940. Tres anos despois Newell's acada o seu primeiro título internacional, a Copa de Ouro Rioplatense, torneo amigábel disputado co sistema de Todos contra todos entre Nacional, Peñarol, Boca Juniors, San Lorenzo, Racing Club e CA Independiente.

En 1945 fichou polo San Lorenzo de Almagro, deixando o Newell's cuns números que o converten no xogador coa mellor media de goles/encontro da historia do club.

Debutou con San Lorenzo o 22 de abril de 1945, anotando tres goles. Un ano despois o equipo logra o Campionato de Primeira División arxentina, formando unha dianteira histórica, o terceto de ouro con Farro e Martino. Ese ano tamén realizaron unha xira por Europa.

A súa carreira en San Lorenzo truncouse cunha grave lesión en 1948, a fractura da rótula, menisco e ligamentos da perna dereita, despois da cal nunca volveu ser o mesmo xogador.

Unha vez recuperado da lesión fichou polo Independiente de Santa Fe de Colombia, ata 1952 cando fichou polo Portuguesa Desportos brasileira.

En 1954 regresa a San Lorenzo, onde se retirou ese mesmo ano.

Pontoni foi internacional coa Selección de fútbol da Arxentina entre os anos 1942 e 1947, neste tempo disputou tres Copas América (1945, 1946 e 1947) acadando o equipo arxentino o título de campión nas tres ocasións.

Unha vez retirado traballou coma adestrador en diferentes equipos arxentinos, coma San Lorenzo de Almagro.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Campionatos Nacionais[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Primera división arxentina San Lorenzo de Almagro Flag of Argentina.svg Arxentina 1946

Campionatos Internacionais[editar | editar a fonte]

Título Sede Equipo Ano
Copa América Flag of Chile.svg Chile Selección de fútbol da Arxentina 1945
Copa América Flag of Argentina.svg Arxentina Selección de fútbol da Arxentina 1946
Copa América Flag of Ecuador.svg Ecuador Selección de fútbol da Arxentina 1947

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]