Saltar ao contido

Reebok

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Reebok International Limited

Editar o valor en Wikidata
TipoSubsidiaria de Adidas AG[1]
Fundación1895, Bolton, Inglaterra
LocalizaciónCanton, Massachusetts, USA
IndustriaTéxtil
Na rede
https://www.reebok.com/, http://fitness.reebok.com/, https://www.shop4reebok.com, http://reebok.ru e https://www.reebok.es
Facebook: reebokeurope Twitter: Reebok Instagram: reebok LinkedIn: reebok Youtube: UCLhK4_HF-LEtBC71LYL2Z4g Pinterest: reebok TikTok: reebok Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Reebok International Limited é unha das empresas máis famosas do mundo. Reebok é unha marca de roupa deportiva, fabrica zapatillas deportivas, chándales e outros accesorios.

A compañía fundouse en 1895 en Bolton, Inglaterra. Foi fundada por Joseph William Foster baixo a súa compañía J.W. Foster and Sons Limited. co nome de Mercury Sports, non foi até 1960 que se renomaría a Reebok.

En 1988 creou o Premio Reebok de Dereitos Humanos, Reebok Human Rights Award (RHRA), que homenaxea a activistas menores de trinta anos que loitaron polos dereitos humanos a través de medios non violentos

En 1996 propuxo a Nike unha alianza para acabar co traballo infantil nas subcontratas de fábricas, maiormente asiáticas.[2]

En xaneiro de 2006, Reebok foi adquirida por 3.100 millóns de euros por Adidas AG, coa intención de competir contra Nike, sobre todo no mercado estadounidense. En outubro do mesmo ano, Reebok saca o seu primeiro Reebok I am what I am (Eu son o que eu son). En 2007 deixou de entregar os RHRA.

En 2021 Adidas asinou un precontrato para vender a marca a Authentic Brands Group, e nese mesmo ano volveu dar os RHRA.

Inspirado nun antílope africano chamado rhebok, o logo representa un antilope simplificado chamado "vector". A marca tamén simplificou o nome a Reebok.

Propaganda de Reebok en Basel

A empresa manexa exclusivamente os dereitos de fabricar e comercializar os uniformes da NFL desde 2002, a Canadian Football League desde 2004, e é a provedora oficial de calzado para a NFL e a Major League Baseball.

Xogadores de Tenis

[editar | editar a fonte]

No circuíto de tenis profesional, algúns xogadores utilizan esta marca en todos os seus partidos, entre eles xogadores atópanse o peruano Luís Horna ou o español Nicolás Almagro

  1. Our Brands - adidas group Arquivado 19 de xullo de 2011 en Wayback Machine. (en inglés)
  2. Reuters (1996-09-27). "Reebok propone a Nike una alianza para desterrar el trabajo infantil". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-02-12.