Saltar ao contido

Ariel Ortega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAriel Ortega

(2013) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Arnaldo Ariel Ortega Editar o valor en Wikidata
4 de marzo de 1974 Editar o valor en Wikidata (50 anos)
Libertador General San Martín, Arxentina (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outros nomesEl Burrito Editar o valor en Wikidata
Altura170 cm Editar o valor en Wikidata
Peso64 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade14 de decembro de 1991 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaArxentina Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista e dianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1991–1996   CA River Plate 134(30)
1997–1998   Valencia CF 29(9)
1998–1999 UC Sampdoria 27(8)
1999–2000 Parma Calcio 1913 18(3)
2000–2002   CA River Plate 56(23)
2002–2003 Fenerbahçe 14(5)
2004–2006   Newell's Old Boys 53(11)
2006–2012   CA River Plate 82(12)
2008–2009 cesión Club Sportivo Independiente Rivadavia 25(4)
2011–2011 cesión Club Atlético All Boys 12(0)
2011–2012 cesión Club Atlético Defensores de Belgrano 27(4)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1993–2010   Arxentina 87(16)
Participou en
2002Mundial de Fútbol Corea/Xapón 2002
1998Mundial de Fútbol Francia 1998
1996Xogos Olímpicos de 1996
1994Mundial de Fútbol Estados Unidos 1994 Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm4569283 FIFA: 78384 UEFA: 44722 Editar o valor en Wikidata

Ariel Arnaldo Ortega, máis coñecido como Burrito Ortega, nado o 4 de marzo de 1974 en Ledesma, Provincia de Jujuy (Arxentina) é un exfutbolista que xogaba nas demarcacións de centrocampista e dianteiro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formado nas categorías inferiores debutou co primeiro equipo de River Plate o 14 de decembro de 1991, facéndose rapidamente cun oco no primeiro equipo e chegando a formar unha das mellores dianteiras do momento xunto a Enzo Francescoli e Hernán Crespo.

En 1997 emigra a Europa fichado polo Valencia CF, porén as malas relacións co adestrador fan que so milite no equipo valenciano unha tempada, sendo traspasado ao UC Sampdoria onde tamén estivo só un ano, ao volver a River Plate no ano 2000.

Dous anos máis tarde foi traspasado ao Fenerbahçe SK, pero incumpriu o seu contrato e en 2003 volveu a Arxentina, polo que ante a denuncia do club turco foi inhabilitado para a competición oficial. Un ano despois o club arxentino CA Newell's Old Boys negociou co Fenerbahçe e conseguiu arranxar a situación e fichar ao xogador.

No ano 2006 volveu outra vez a River, alcanzando un gran nivel e sendo un dos mellores xogadores do país. O ano 2008 pasouno cedido no Independiente Rivadavia a causa de problemas persoais, ao cabo do mesmo volveu a Buenos Aires para volver saír cedido a All Boys en 2011. Unha vez finalizada a segunda cesión River Plate ofreceulle formar parte do equipo técnico pero declinou a oferta e xogou un último ano no Defensores de Belgrano da terceira división arxentina.

Foi convocado por primeira vez coa selección en 1993 nun encontro amigábel contra Alemaña. Nos seus 87 encontros coa selección disputou tres Mundiais: Estados Unidos 1994, Francia 1998 e Corea e o Xapón 2002.

Tras anos sen ser convocado, dende a suspensión da FIFA, en 2010 foi convocado polo por aquel entón adestrador do equipo Diego Armando Maradona, para xogar un último encontro coa selección.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Títulos nacionais

[editar | editar a fonte]
Título Club País Ano
Torneo Apertura River Plate Arxentina 1991
Torneo Apertura River Plate Arxentina 1993
Torneo Apertura River Plate Arxentina 1994
Torneo Apertura River Plate Arxentina 1996
Supercopa de Italia Parma FC Italia Italia 1999
Torneo Clausura River Plate Arxentina 2002
Torneo Apertura Newell's Old Boys Arxentina 2004
Torneo Clausura River Plate Arxentina 2008

Títulos internacionais

[editar | editar a fonte]
Título Club País Ano
Copa Libertadores River Plate Arxentina 1995

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]